San Ciprián
O Concello de Cervo anuncia que os días 6 e 7 de novembro, venres e sábado desta semana, haberá actividades para celebrar o Samaín en Cervo e San Ciprián.
“Este venres e sábado recuperamos as actividades do Samaín para desfrutar dunha fin de semana chea de diversión, fantasía e moito ambiente terrorífico”, comenta o Concello, que especifica: o venres 6 de novembro ás 17:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo haberá festa con obradoiro de Samaín e a actuación infantil Latexos, de K’Paparota. É unha actividade organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. E o sábado 7 ás 17:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián terá lugar un espectáculo infantil con baile, pintacaras e chocolate con churros.
O Concello de Cervo destaca que son “dúas citas para que os máis pequenos (e non tan pequenos...
leer másO Concello de Cervo anuncia que os días 30 e 31 de outubro, venres e sábado desta semana, haberá actividades para celebrar o Samaín en Cervo e San Ciprián.
“Cervo prepárase para vivir un Samaín de medo! Este venres e sábado temos unha fin de semana chea de diversión, sustos e moita maxia en Cervo!”, comenta o Concello, que especifica: o venres 30 de outubro ás 17:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo haberá festa con taller de Samaín e a actuación infantil Latexos, de K’Paparota. É unha actividade organizada por Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo. E o sábado 31 ás 17:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián terá lugar un espectáculo infantil con baile, pintacaras e chocolate con churros “para gozar dunha tarde terrorificamente divertida”.
“Animádevos a vir disfrazados coas vosas...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este xoves, día 15 de outubro, a hostalería de San Ciprián “volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa Sanci Tapeando, unha proposta que ofrece cada xoves unha oportunidade para gozar da gastronomía local a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade”.
A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne aos establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Bodega De Ana e Bar La Habana. Todos os xoves cada local ofrece unha tapa diferente e elaborada, ao prezo único de 3 euros. Ademais as persoas que participen na ruta gastronómica poderán optar ao sorteo mensual presencial, que irá rotando polos 7 locais participantes, explica o Concello de Cervo.
As persoas interesadas poden seguir semana a semana...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños, veciñas e visitantes a achegarse á caseta oficial da Maruxaina, instalada na Praza dos Campos (San Ciprián), onde xa están á venda os produtos oficiais desta nova edición da festa.
Entre os artigos que se poden adquirir figuran camisetas para home, muller e nenos e nenas, bolsas, panos, o libro da Maruxaina e dúas tazas conmemorativas desta edición. Por unha banda, a taza artística de cerámica deseñada por Ánxel Cao, inspirada na forma dun percebe; e, por outra, a taza de barro elaborada por Saúde Mental A Mariña, que reproduce o cartel oficial da Maruxaina 2026.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Mali Méndez, presentou a taza de barro xunto ás persoas usuarias e profesionais de Saúde Mental A Mariña, responsables da súa...
leer másO Concello de Cervo ultima os preparativos para celebrar a 41ª edición da Festa da Maruxaina, “unha das citas máis emblemáticas do verán galego e unha festa declarada de Interese Turístico Galego que volverá converter San Ciprián no epicentro da tradición mariñeira, da cultura popular e da convivencia. Durante varios días desenvolverase unha programación pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música de rúa, a gastronomía, os actos tradicionais e, como gran protagonista, a chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno”.
“Como complemento ás actividades desde o luns 3 ata o xoves día 6 haberá tamén viaxes en barco aos Farillóns con saída desde o porto de San Ciprián de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas (luns e xoves); e martes e mércores en horario de tarde, ofrecendo a oportunidade de coñecer desde o mar un dos...
leer másO municipio de Cervo acollerá a celebración do Día do Turista este sábado, día 1 de agosto, evento organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de San Ciprián coa colaboración da administración local. Na presentación da xornada participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez; e membros da directiva do CIT, entidade promotora desta cita estival.
O Concello de Cervo anuncia que o evento “ofrecerá un completo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, co obxectivo de dinamizar a vila, e favorecer a convivencia entre veciñanza e visitantes. A programación arrancará cunha actividade de castelos na area, na Praia do Torno, cuxa inscrición se pode facer alí mesmo entre as 11:00 e as 11:30 da mañá; seguida dunha comida degustación de salpicón de bonito na sede do CIT, ás 14:30 horas. Xa...
leer másO Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario este próximo sábado, día 25 de xullo, do VII Torneo Maruxaina de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración co Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.
A competición contará con medio cento de participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia, Asturias, Castela a Mancha ou Italia. Está previsto que comece ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do sábado. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.
A rexedora destacou que para o Concello de Cervo “é un orgullo volver colaborar cun evento que xa se...
leer másO Concello de Cervo anuncia que San Ciprián volverá render homenaxe á Virxe do Carme cun amplo programa de actividades que se desenvolverá entre os días 11 e 18 de xullo.
As celebracións arrancarán este sábado, día 11 de xullo, coa tradicional Gran Mexillonada Popular, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina, na Praza dos Campos, a partir das 20:00 horas.
O mércores 15, primeiro día grande das festas, haberá sesión vermú coa orquestra Supertop. Pola tarde celebrarase a misa solemne na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola Coral Terramar, á que seguirá a tradicional baixada da Virxe do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Ciprián, acompañada pola Banda San Inocencio de Burela e polo grupo de gaitas de A Rebolaxe. “Durante este emotivo acto renderase unha homenaxe a Luis Orive López...
leer másO Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar na tradicional Festa de San Xoán de San Ciprián, organizada polo grupo A Rebolaxe, que terá lugar o martes 23 de xuño no aparcadoiro do estanco da Praia do Torno.
“A programación dará comezo ás 19:45 horas coa actuación de Cuarteto Illa Pancha. Ademais, durante a tarde celebrarase o sorteo dunha paleta de porco. A partir das 20:00 horas haberá hamburguesas á grella e bocadillos de touciño e chourizo á venda para todas as persoas asistentes. Xa pola noite, ás 21:30 horas, será o concerto de Mi Rollo es el Rock, e á medianoite (00:00 horas) prenderase a tradicional fogueira de San Xoán, un dos momentos máis agardados da celebración”, anuncia o Concello de Cervo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou o evento acompañada do...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 16 de maio, ás 17:00 horas haberá un novo faladoiro de Arruguiñas Charlando. Será no local social da Asociación Terramar, na Casa do Mar.
Susana Vázquez Fernández (coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda) ofrecerá o faladoiro titulado Xestión do ánimo, “centrado en aprender a relaxarnos, pensar en positivo e coidar a mente para mellorar o noso benestar emocional. Un encontro aberto á veciñanza para compartir, aprender e coidarnos entre todos e todas”.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.












