Curso
O Concello de Cervo anuncia que “continúa apostando pola conservación e transmisión dos oficios tradicionais colaborando nun novo curso de iniciación á forxa tradicional, impartido polo artesán Telmo Cao no seu obradoiro situado no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, na antiga nave de fundición, un edificio histórico do século XVII restaurado e cedido polo Concello no ano 2020”. A formación desenvolverase en dúas fases: un curso de iniciación, do 3 ao 7 de agosto e un nivel 2, do 10 ao 14 de agosto, dirixidos a persoas interesadas en iniciarse ou ampliar coñecementos neste oficio tradicional a través dunha metodoloxía eminentemente práctica.
O Concello de Cervo explica tamén que colabora novamente nesta iniciativa “cun prezo reducido para o alumnado, co obxectivo de facilitar o acceso á formación e seguir contribuíndo á...
leer másEsta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28, celebrarase en Ribadeo a décimo cuarta edición do Curso de Jazz e Música Moderna. Nesta ocasión está dedicado ao centenario do nacemento do destacado músico estadounidense Miles Davis e aínda quedan algunhas prazas libres para participar. O prazo de inscrición está aberto ata este mércores, día 24 de xuño.
Esta actividade está organizada pola asociación cultural ribadense Bruar e o presidente do colectivo, Rubén Solloso, explica que vai desenvolverse en horario de mañá e de tarde e será impartido por cinco profesores de distintas especialidades: “vamos seguir coa estrutura de anos anteriores. Contamos con cinco profesores de cinco especialidades distintas, como son voz, guitarra, vento e temos tamén un baterista e un profesor de piano. Varios deles xa estiveron en edicións anteriores...
leer másEstá aberto ata o vindeiro 5 de xullo o prazo de inscrición para participar no curso de verán que organizan a Mancomunidade de Concellos da Mariña e a Universidade da Coruña. O título é Emprender no sector turístico na Mariña Lucense e terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e...
leer másDesde o venres 26 de xuño ata o domingo 28 celebrarase en Ribadeo a décimo cuarta edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna. Nesta ocasión está dedicado ao centenario do nacemento do destacado músico estadounidense Miles Davis
Está organizado pola asociación cultural ribadense Bruar e o presidente do colectivo, Rubén Solloso, anuncia que o curso vai desenvolverse en horario de mañá e de tarde e será impartido por cinco profesores de distintas especialidades: “vamos seguir coa estrutura de anos anteriores. Contamos con cinco profesores de cinco especialidades distintas, como son voz, guitarra, vento e temos tamén un baterista e un profesor de piano. Varios deles xa estiveron en edicións anteriores deste curso e outros participan por primeira vez. Repiten o profesor de piano, que vai a ser Javier Constenla, unha persoa cunha...
leer másA Escola de Música e Danza (EMMeD) celebrará o vindeiro luns, 22 de xuño, unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer as súas instalacións e a súa oferta educativa. O evento terá lugar entre as 16:00 e 18:00 horas.
Durante esta xornada, o profesorado do centro explicará polo miúdo as distintas disciplinas que se imparten na escola. Ademais, as persoas interesadas poderán participar nunha pequena clase práctica de balde, o que supón unha oportunidade única para probar as diferentes materias antes de formalizar a matrícula no centro.
Actividades por idades
Para facilitar a organización e adaptarse ao nivel pedagóxico, as actividades estarán divididas segundo as seguintes franxas de idade:
-Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2022.
-Práctica instrumental:...
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC) organizan para o vindeiro mes de xullo un curso de verán baixo o título Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento...
leer másLourenzá e Muimenta acollerán do 8 ao 10 de maio a sétima edición do Curso de Formación sobre Patrimonio Lúdico, organizado polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, Nova Escola Galega, Xotramu, O Recuncho das Argalladas de Lourenzá e Iberia Ludens. Anunciouno a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que explica: “relatorios, mesas redondas, práctica de xogos tradicionais e visitas a museos da contorna conforman o programa destas xornadas, convocadas baixo o lema Xogo, sustentabilidade e inclusión, que incide na necesidade de dar un paso máis na posta en valor dos xogos de sempre ofrecendo respostas ás necesidades da sociedade actual”.
O curso, que se presentou este xoves, 16 de abril, no Pazo de San Marcos coa presenza de membros dos colectivos organizadores, da deputada de Cultura, Iria Castro; da concelleira de Cultura de...
leer másO Concello de A Pontenova organiza para os días 19 e 26 de marzo de 19:00 a 21:00 horas un curso online gratuíto sobre Intelixencia Artificial (IA) destinado a traballadores do sector do turismo ou do comercio.
“Impulsa o teu negocio coa Intelixencia Artificial! Traballas no sector do turismo ou o comercio? A IA xa non é o futuro, é a ferramenta clave para o presente. Únete a este curso online gratuíto e aprende a sacarlle partido de xeito práctico”, anuncia o Concello de A Pontenova.
Desde o día 13 ata o 17 de abril de 11:30 a 13:00 horas desenvolverase un curso gratuíto de destrezas dixitais para maiores de 65 anos no Centro de Día A Concordia de Ribadeo.
Esta actividade foi anunciada polo Concello de Ribadeo, que explica: “é unha oportunidade para aprender a usar mellor o móbil, facer trámites online ou manexar a banca e outros servizos dixitais con máis facilidade. Se tes máis de 65 anos, anímate e inscríbete antes de que se completen as prazas. Un curso pensado para gañar autonomía no mundo dixital e aprender dun xeito sinxelo e práctico”.
O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de tai chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello ribadense.
Liming Yue comezou a estudar artes marciais en China aos 11 anos. Despois de aprender dos mestres de tai chi máis hábiles e experimentados de China e estudar extensamente Qigong Interno con mestres do mosteiro da montaña Nanyue e do parque forestal de Zhangjiajie, o gran mestre Yue trasladouse da China continental ao Reino Unido, onde fundou o Centro de Tai Chi Estilo Chen en 1995. Agora dedica o seu tempo a impartir seminarios e a formar instrutores por toda Europa, ademais de producir libros, dvds e vídeos instrutivos. Tamén ensina técnicas de tai chi na Facultade de Medicina da Universidade de Leeds e é profesor a tempo parcial na Universidade de...
leer más












