Burela

Etiquetas:
13/08/2026

Burela celebrará o sábado 22 de agosto o I Concurso de Pesca Xuvenil, unha nova iniciativa da Asociación de Pesca Recreativa de Burela que conta coa colaboración do Concello de Burela e da Fundación Expomar. A actividade desenvolverase entre as 16:00 e as 18:00 horas no espigón da lonxa e está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, “co obxectivo de incorporar ós máis novos a unha actividade estreitamente vinculada coa tradición e coa cultura marítima de Burela”.

O Concello de Burela explica que o gañador ou gañadora será o participante que consiga o maior número de capturas, sen que o tamaño determine a clasificación, e no caso de empate, decidirase segundo o peso das capturas. As pezas que non dean a talla deberán ser devoltas ao mar, de acordo co establecido nas bases da convocatoria. Os tres primeiros clasificados recibirán un...

leer más
Etiquetas:
09/08/2026

O Concello de Burela presentou na Praza da Mariña o libro titulado Os Bolechas. A Festa da Multicultura de Burela, unha nova publicación protagonizada polos populares personaxes infantís e dedicada nesta ocasión á diversidade cultural que caracteriza á vila. No acto participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López; a concelleira de Cultura, Lina Gómez; e a cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, que “foi a encargada de afondar na realidade multicultural do municipio e na importancia que esta tivo e continúa tendo na configuración da sociedade burelá”.

O libro leva aos Bolechas por diferentes espazos recoñecibles da vila, como a Praza da Mariña, o porto, as praias da Marosa e do Cabaliño ou o Parque Rosalía de Castro. “Ao longo da historia aparecen personaxes con raíces en diferentes países que comparten as súas roupas,...

leer más
08/08/2026

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O venres 14 de agosto ás 20.30 horas o Auditorio da Casa da Cultura acollerá un concerto da man do tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena.

O programa estará dividido en dúas partes: a primeira reunirá unha selección de pezas de Mozart, Donizetti, Verdi e Puccini, coas obras Idomeneo, Le nozze di Figaro, Don Giovanni, L'elisir d'amore, La forza del destino e La bohème.

Na segunda parte interpretaranse pezas de Amadeo Vives, Pablo Sorozábal, Manuel Fernández Caballero, Javier Carmena e Federico Moreno Torroba, con fragmentos de Doña Francisquita, La del manojo de rosas, El dúo de la Africana, El orgullo de quererte e Luisa...

leer más
Etiquetas:
07/08/2026

A praia urbana de Burela acollerá este sábado, 8 de agosto, a segunda festa acuática do programa municipal Verán Acuático, entre as 16:30 e as 19:30 horas, unha proposta de lecer dirixida a público familiar.

O Concello de Burela anuncia que “durante a xornada instalaranse catro inchables acuáticos, un balancín e un inchable deportivo terrestre. Tamén se poderá practicar kaiak e paddlesurf, completando unha tarde de actividades vinculadas á auga e ao lecer ao aire libre”.

Esta será a segunda cita das festas acuáticas incluídas na programación de Verán Acuático, despois da celebrada o pasado mes de xullo. Os días 16 e 23 de agosto poderanse alugar kaiaks e táboas de paddelsurf e o programa rematará cun parque acuático do 27 ao 30 de agosto na praza do Concello e na da Mariña.

Dende o...

leer más
Etiquetas:
04/08/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras organiza a ruta nocturna Burela-Nois (Foz) para este sábado, día 8 de agosto. É unha ruta de dificultade baixa con 7,5 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar chaleco reflector e lanterna.

A saída será ás 21:30 horas desde a estación do tren de Burela. Ao rematar o percorrido desde Nois haberá chocolate con churros para os participantes na Praza da Mariña.

O prezo é de 8 euros para os socios do colectivo organizador e de 10 euros para os que non o son. Inclúe o desprazamento en tren, seguro e chocolate con churros.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 6 de agosto.

Etiquetas:
31/07/2026

Este venres, 31 de xullo, tivo lugar a presentación oficial da XII edición do festival Osa do Mar, a cita musical que se celebrará en Burela do 3 ao 6 de setembro. O cartel combina artistas consolidados e novas promesas da escena estatal e galega, con nomes como Depedro, Anxo Ferreira, Éxtasis, Fillas de Casandra, Grande Osso, The Rapants, ou Ortiga, entre outros.

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “o Osa do Mar é xa unha cita consolidada no noso calendario” e aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo da Asociación Cultural Fanto Fantini, organizadora do festival, “polo esforzo e a dedicación que cada ano fan posible un evento coma este que contribúe a dinamizar Burela, atraer visitantes e impulsar a música en directo”.

A deputada provincial de...

leer más
30/07/2026

Burela inicia o mes de agosto coa vista posta na eclipse solar total que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, xa que, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o municipio será un dos mellores lugares de España para observar este fenómeno, cunha duración da totalidade de preto de 1 minuto e 49 segundos.

Ante esta oportunidade, a Deputación de Lugo e o Concello de Burela desenvolverán unha programación especial para que veciños, veciñas e visitantes poidan vivir este acontecemento astronómico nas mellores condicións. A Deputación patrocina as actividades que se desenvolverán no marco de Produart e da Feira do Bonito, así como o reparto gratuíto de lentes homologadas para a observación segura da eclipse.

As lentes entregaranse durante as actividades específicas organizadas arredor da eclipse e tamén...

leer más
27/07/2026

El torneo de baloncesto 3x3 Burela Feira do Bonito se disputará desde este miércoles, día 29 de julio, hasta el 1 de agosto, sábado, en la Praza da Mariña.

Este evento deportivo está organizado por el Club Baloncesto Burela, que anuncia: “vuelve el 3x3 Burela. Prepárate para disfrutar de cuatro días de baloncesto, competición y espectáculo en pleno corazón de Burela. Categorías masculinas y femeninas: Sénior, U18, U16, U14, U12 y U10. 2.880 € en premios. Además, concursos de triples y habilidades. Inscripciones abiertas. Escanea el código QR del cartel o visita...

leer más
22/07/2026

O salón de plenos do Concello de Burela acolleu a presentación da XL Feira do Bonito e da XXIV Feira de Produtos do Mar e da Terra, Artesanais e Ecolóxicos Produart, “dous dos eventos máis destacados do verán burelés”, que se celebrarán do 31 de xullo ao 2 de agosto no porto da vila. No acto participaron a presidenta da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia e organizadora da Feira do Bonito, Rocío Rivera Seara; o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González López; o deputado de Medio Rural, do Mar e Mocidade, Daniel García Fernández; a conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña; e a presidenta da Deputación de Lugo, alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López.

Carmela López, subliñou que a Feira do Bonito e Produart  “converten Burela nun escaparate de primeiro nivel para a nosa gastronomía, o noso produto e...

leer más
Etiquetas:
21/07/2026

O Concello explica que “a diversidade de Burela tamén está presente na música que se escoita. Por iso dende o Recuncho Multicultural do Concello de Burela encargáronse de crear unha playlist que recolle parte das músicas que forman parte da realidade social e cultural do municipio. O listado, que estará dispoñible na páxina web municipal nun apartado específico do Recuncho Multicultural, nace da colaboración das asociacións e colectivos da vila. A selección combina música galega con artistas e ritmos doutros países presentes na vida cotiá da vila. Entre as propostas atopamos temas de artistas galegos como Ortiga, Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, Baiuca, Xabier Díaz ou Leilía, xunto con músicas de Cabo Verde, Senegal, Perú, Marrocos e doutros lugares do mundo, reflectindo a diversidade cultural que caracteriza ao municipio”.

Na...

leer más