Cursos

Etiquetas:
15/03/2025

O Concello de Foz organiza un obradoiro gratuíto titulado Coñece o teu solo pelviano. Será o día 17 de marzo, luns, de 18 a 20 horas no salón de conferencias do CENIΜΑ.

Esta actividade está dirixida a mulleres de todas as idades do concello de Foz e será impartido por María González Cociña, matrona e directora de Centro M Burela.

Etiquetas:
14/03/2025

Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación prepara a cuarta edición do programa de actividades formativas en granxas e producións agroalimentarias do rural Da escola á granxa, que contará cun orzamento de 200.000 euros.

O deputado Daniel García informou da aprobación esta mañá, na Xunta de
Goberno,  das bases do programa, que dobra o investimento con respecto a
pasada edición e que amplía un ano máis a súa oferta formativa, con 45
granxas involucradas, dez máis que na última edición, repartidas por toda
a provincia e dedicadas a actividades diversas, desde a produción de
froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún,
avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos e marmeladas.

Daniel García explicou que “seguimos reforzando este programa que ano a
ano conta cunha gran acollida por parte das Anpas e ...

leer más
09/03/2025

O martes 11 de marzo terá lugar o obradoiro titulado Coñece a túa peri/menopausia no salón de conferencias, da antiga biblioteca municipal de Burela, de 18:00 a 20:00 horas.

Está dirixido a mulleres de 40 a 70 anos e impartirao María González Cociña, matrona e directora do Centro M Burela, no marco da programación polo 8M organizada polo Concello de Burela.

A entrada é libre sen inscrición previa.

06/03/2025

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro teórico práctico de psicomotricidade e de recuperación da memoria para persoas maiores. Será o venres 4 de abril ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz. Para participar hai que inscribirse ata o 31 de marzo no Concello de Alfoz ou a través do teléfono 982.55.80.01.

“Un espazo para aprender, compartir e, sobre todo, coidarnos! Contaremos coa colaboración da Escola Galega de Saúde e a psicóloga Jenifer Souto Pérez, especialista no coidado da saúde física e mental. Anímate a participar! Será un encontro enriquecedor para estimular a memoria, mellorar o movemento e, sobre todo, pasar un bo momento en boa compañía”, explica o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
05/03/2025

A Asociación de Veciños San Julián de Sante continúa co seu ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita. Dentro deste programa, o vindeiro 8 de marzo celebrarase un curso de enxerto no Teleclub de Sante en horario de 10:00 a 19:30 horas.

Esta xornada está deseñada para ensinar técnicas de enxerto que permitan mellorar o desenvolvemento e a produtividade das árbores froiteiras. A formación será impartida por expertos na materia e combinará explicacións teóricas con demostracións prácticas para que os participantes poidan aprender de forma aplicada.

O curso enmárcase dentro do ciclo formativo que xa contou cun de poda e que continuará con formacións en apicultura e elaboración de marmeladas, completando así unha proposta integral para fomentar o coñecemento e aproveitamento dos recursos...

leer más
03/03/2025

O Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.

“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.

As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.

01/03/2025

O Sindicato Labrego Galego organiza en Lourenzá un curso dedicado ao uso de ferramentas dixitais. Desenvolverase os días 10, 12 e 14 de marzo no Multiusos Ponte de Cuñas de 16 a 20 horas.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 982.121.376 e do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

Etiquetas:
28/02/2025

A Aula Universitaria da UNED en Foz lanza a súa programación de actividades para o mes de marzo, cunha variada oferta formativa que abrangue desde a ilustración ata a sustentabilidade, pasando polo estudo da Constitución, o benestar persoal e a presentación dun caderno sobre a flora local.

A primeira actividade será o curso de iniciación á ilustración, que comezará o 6 de marzo e impartirase os xoves de 16:30 a 19:00 horas, mentres que o curso de introdución á sustentabilidade e á economía circular dará inicio o mesmo día e desenvolverase tamén os xoves, de 17:00 a 19:30 horas. “A oferta formativa da UNED de Foz abrangue un amplo abano de temáticas e públicos, desde persoas cunha especialización concreta ata aquelas que simplemente queren explorar novos coñecementos sen ningún límite de idade. Animamos á cidadanía a non poñer barreiras á...

leer más
28/02/2025

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de primeiros auxilios. Esta actividade vaise realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 6 de marzo, xoves, ás 17:00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.

Etiquetas:
27/02/2025

Preto de 1.100 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria para alumnado de Primaria promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e responsables de Roqsport, a empresa que organiza as actividades, presentaron hoxe a iniciativa, que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas nos pavillóns dos propios centros de ensino.

O calendario previsto comezará o xoves 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro, coa asistencia de 179 nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de Primaria. 

Os seguintes centros e datas previstas son os CEIP Península da Paz de Cervo (o venres 7 de marzo); Pedro Caselles Rollán de Xove (o luns 10); Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo (mércores 12); Vista Alegre...

leer más