Cursos
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove anuncia: “Queres que os teus peques se divirtan e relaxen ao mesmo tempo? Apúntaos ao obradoiro gratuíto de ioga o sábado 26 de abril de 2025 ás 17:00 horas na Casa do Director, de Xove. Unha actividade saudable, divertida e pensada especialmente para nenos e nenas”.
É imprescindible inscrición previa, para a que hai que contactar con Olalla no teléfono 691.235.185.
O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, organizará en maio cursos gratuítos para que nenos e nenas sen coñecementos previos poidan achegarse ao mundo da música.
No Curso de Iniciación ao Instrumento nenos de entre 8 e 14 anos poderán familiarizarse co clarinete, a frauta traveseira, a gaita, a guitarra, a percusión, o piano, o saxofón, o trombón, a trompeta, o violín e o violonchelo. O prazo de matrícula permanecerá aberto o 5 e 6 de maio e as prazas son limitadas.
En canto ao Curso de Iniciación Musical, está dirixido a nenos e nenas que naceron en 2018. Terá un enfoque lúdico. O prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 23 e o 25 de abril e as prazas tamén son limitadas.
Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello de Barreiros, a través da biblioteca municipal, organiza un obradoiro de papiroflexia dirixido á cativada. A actividade terá lugar o martes 22 de abril de 16:00 a 17:30 horas.
Durante o obradoiro as nenas e menos participantes elaborarán flores e marcapáxinas coa técnica de papiroflexia, unha proposta lúdica que fomenta a expresión artística.
O obradoiro é gratuíto para todos os asistentes, pero é preciso inscribirse previamente na propia biblioteca ou a través do teléfono 982.124.106.
A Xunta formará a 23 socorristas en Ribadeo de abril a xuño. Este é o único Concello da provincia que acollerá este curso.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, explicou que “a Xunta de Galicia formará a 23 socorristas en Ribadeo. O curso consta de 120 horas, das que 60 son de teoría e 60 de práctica. A formación será impartida as fines de semana de abril, maio e o primeiro de xuño”.
A edil ribadense subliñou que “o obxectivo é proporcionar a formación mínima que deben reunir os socorristas acuáticos para o seu exercicio profesional na comunidade. Ademais dunha proba específica de natación o programa inclúe contidos sobre prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais, intervención e rescate, primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias”....
leer másA asociación cultural e xuvenil Ó Compás do Río Ouro organiza a primeira edición do Taller de Música na Semana Santa. Será na Escola de Música O Valadouro os días 14, 15 e 16 de abril. É para nenos e nenas con idades entre os 5 e os 10 anos.
É un taller de introdución á música a través de xogos, contos, manualidades, bailes e intrepretación de pezas musicais con instrumentos. Será impartido por Juana García Parga, mestra especialista en Educación Musical. O prezo é de 30 euros por persoa.
“Xa nos acercamos á Semana Santa e os máis peques da casa estarán de vacacións. Dende a nosa asociación organizamos para os días 14, 15 e 16 de abril (de 10:00 a 13:00 horas) o primeiro taller de iniciación á música para que poidan disfrutar da música a través de xogos, contos, manualidades, bailes,... Unha forma máis de aprender...
leer másApaga organiza en Ribadeo un curso de electricidade do automóbil os días 12 e 13 de abril para o que so quedan tres prazas libres.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explica que “é un curso aberto ao público, a toda a xente que estea interesada no tema do automóbil. Estou a falar de afeccionados ao motor, profesores, técnicos, alumnos de formación profesional, alumnos de universidade… é un curso eminentemente práctico, con 16 horas de duración, que se vai desenvolver o 12 e o 13 de abril, sábado e domingo, en horario de 10 a 20 horas”.
Abordará cuestións coma nocións básicas de electricidade, manexo de polímetro e de osciloscopio ou trucos caseiros para localizar avarías eléctricas: “o curso está ideado para aqueles profesores que están preparando a oposición,...
leer másEste mércores, día 2 de abril, haberá un obradoiro de monicreques de papel e arte natural na biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz. É unha actividade para rapazada entre 7 e 10 anos e desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas.
O aforo é limitado e para participar hai que anotarse na propia biblioteca, a través do teléfono 982.140.675 ou do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias situado en Vilaframil (Ribadeo) acollerá unha xornada sobre a produción e comercialización de fabas de calidade este venres, día 4 de abril.
Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), que anuncia: “o 4 de abril terá lugar unha xornada dedicada á produción e comercialización das fabas de calidade, de 09:30 a 14:30 horas. É a terceira destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural. É posible asistir de xeito online ou ben presencialmente nas instalacións do CFEA Pedro Murias, que está en Vilaframil (Ribadeo), pero en ambos os casos cómpre inscribirse previamente. Contaremos con relatorios de entidades produtoras e comercializadores de faba, así...
leer másA Área de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga en familia para este sábado, día 5 de abril, de 17:00 a 18:30 horas.
É unha actividade de balde, pero é imprescindible inscrición previa, contactando con Olalla no teléfono 691.235.185.
O Concello de Xove anuncia que é “unha oportunidade perfecta para compartir un momento de conexión e benestar cos teus seres queridos”.
La asociación de vecinos San Julián de Sante, parroquia del municipio de Trabada, organiza un curso de apicultura que se llevará a cabo los días 12 y 13 de abril, sábado y domingo. Se desarrollará de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 19:00 horas.
El precio es de 35 euros por persona y el aforo es limitado. Las inscripciones se hacen a través del teléfono 636.024.263.
En esta actividad colabora el Concello de Trabada, que anuncia: “descubre o fascinante mundo das abellas e aprende sobre a produción de mel nun curso único. Non perdas a túa praza!”.












