Cursos
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza talleres de memoria, que comezarán o día 11 de febreiro. Están destinados a maiores de 60 anos de idade e desenvolveranse os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.
A inscrición é gratuíta ata cubrir as prazas. E as persoas interesadas poden apuntarse no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89.
A Asociación de Veciños San Julián de Sante (Trabada) organiza un curso de poda para este sábado, día 1 de febreiro, que se desenvolverá no Teleclub de Sante en horario de 9:00 a 19:00 horas. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita.
A programación inclúe tres cursos sobre: poda, para aprender a preparar as árbores dende o inicio; enxerto, para mellorar o desenvolvemento das árbores unha vez xerminen; e apicultura, fundamental para a polinización das árbores e a sustentabilidade do proceso.
Está previsto que este círculo frutícola se peche en xuño cun curso de elaboración de marmeladas, permitindo aproveitar ao máximo os froitos cultivados.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de apoiar este tipo de...
leer másO Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece un curso de iniciación sobre informática e redes sociais a partir do día 10 de febreiro, luns.
Está destinado a persoas maiores de 60 anos de idade e desenvolverase os luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas.
A inscrición é gratuíta ata cubrir prazas e as persoas interesadas poden apuntarse no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89.
O Concello de Burela organiza cursos de bolillos (martes pola mañá e pola tarde), bailes de salón (martes e xoves pola tarde) e bordado (mércores pola mañá e pola tarde e xoves pola mañá).
Os cursos son para persoas empadroadas en Burela e para participar hai que inscribirse na Casa do Concello do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro.
A asociación Eco das Minas, da Pontenova, organiza clases de iniciación á acuarela na aula da Casa das Asociacións un sábado cada mes de 16:30 a 18:45 horas. É para persoas de 12 anos en diante e o prezo son 20 euros.
Eco das Minas anuncia: “sumérxete no cautivador e relaxante mundo da acuarela da man de Rocío Fernández Paz, creadora visual, deseñadora e ilustradora. Unha fermosa actividade para pasar as tardes de inverno entre risas e cores”.
Para máis información as persoas interesadas poden chamar ou enviar WhatsApp ós seguintes números de teléfono: 659.354.645 ou 653.434.712.
Para organizar esta actividade a Asociación Musical Eco das Minas conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.
O día 3 de febreiro, luns, comezarán en Reinante as actividades de dinamización deste ano 2025 organizadas polo Concello de Barreiros. Estarán dedicadas a aprender a usar o teléfono móbil dun xeito sinxelo e útil e á recollida de fotografías antigas para facer recompilacións por parroquias. A actividade será os luns de 10 a 11 horas na Escola de Reinante. A inscrición para participar pode facerse contactando coa asociación de veciños de Reinante ou no Concello.
Ademais o Concello de Barreiros anuncia que “unha vez finalizadas en Reinante, programaranse durante este ano 2025 en Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande. Informaremos das datas nas que estas actividades chegarán a outros sitios de Barreiros aínda que calquera persoa pode asistir ao lugar que máis se lle axeite. Estade atentos/as! Non perdades esta oportunidade de...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia a súa variada programación de cursos para o mes de febreiro, con actividades orientadas a promover a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e profesional. A oferta inclúe seis propostas formativas que buscan responder ás necesidades da comunidade e fomentar a participación activa na educación continua.
A coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca: “o noso obxectivo é achegar propostas formativas de calidade que aborden tanto o desenvolvemento académico como o persoal. Cada unha destas actividades foi deseñada pensando na súa aplicabilidade e no impacto positivo que poden xerar na vida dos participantes”.
Pola súa banda, Elena Martínez, concelleira de Educación e responsable da Aula Universitaria, subliña a importancia destas iniciativas: “nun entorno en constante cambio...
leer másA asociación Saiñas, de Xove, organiza un taller de bordado ao aire en Xove para os sábados 22 de febreiro e 8 de marzo. Será en instalacións do Concello de Xove de 16:00 a 20:00 horas.
“Estamos encantad@s de compartir unha nova proposta con vós: un obradoiro de bordado ao aire. Cremos que será unha experiencia única para desfrutar e aprender nun ambiente relaxado e creativo”, explica a asociación Saiñas.
O Concello de Ourol está a organizar un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, co obxectivo de “promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal”. O prazo para anotarse remata o día 31 de xaneiro.
Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesións de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos: sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade; cociña básica e saudable e conservación de alimentos; organización e planificación de tarefas domésticas; iniciación á costura e reparación básica de prendas; limpeza e organización do fogar, lavado, dobrado e planchado de roupa; autocoidado persoal e hábitos saudables.
... leer másO Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa educativo Escola de Familias, unha iniciativa que busca proporcionar ferramentas e recursos ás familias para afrontar o reto da educación das crianzas. Este ano o programa desenvolverase en colaboración co colectivo Educando en Familia e contará cun total de seis obradoiros gratuítos que terán lugar nos colexios do municipio.
Os obradoiros son os seguintes: A corresponsabilidade na familia, o 25 de xaneiro de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Cosme; Construíndo unha autoestima sa en nós e nas nosas crianzas, o 15 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Miguel; Relacionámonos con afecto, o 15 de marzo de 11:00 a 12:30 horas no CEIP de San Cosme; As habilidades sociais e a comunicación: como ter asertividade?, o 26 de abril de...
leer más