Cursos
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias situado en Vilaframil (Ribadeo) acollerá unha xornada sobre a produción e comercialización de fabas de calidade este venres, día 4 de abril.
Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), que anuncia: “o 4 de abril terá lugar unha xornada dedicada á produción e comercialización das fabas de calidade, de 09:30 a 14:30 horas. É a terceira destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural. É posible asistir de xeito online ou ben presencialmente nas instalacións do CFEA Pedro Murias, que está en Vilaframil (Ribadeo), pero en ambos os casos cómpre inscribirse previamente. Contaremos con relatorios de entidades produtoras e comercializadores de faba, así...
leer másA Área de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga en familia para este sábado, día 5 de abril, de 17:00 a 18:30 horas.
É unha actividade de balde, pero é imprescindible inscrición previa, contactando con Olalla no teléfono 691.235.185.
O Concello de Xove anuncia que é “unha oportunidade perfecta para compartir un momento de conexión e benestar cos teus seres queridos”.
La asociación de vecinos San Julián de Sante, parroquia del municipio de Trabada, organiza un curso de apicultura que se llevará a cabo los días 12 y 13 de abril, sábado y domingo. Se desarrollará de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 19:00 horas.
El precio es de 35 euros por persona y el aforo es limitado. Las inscripciones se hacen a través del teléfono 636.024.263.
En esta actividad colabora el Concello de Trabada, que anuncia: “descubre o fascinante mundo das abellas e aprende sobre a produción de mel nun curso único. Non perdas a túa praza!”.
O Concello de Alfoz organiza un curso de enxerto de árbores froiteiras que se levará a cabo este sábado, día 5 de abril, de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura.
“Unha oportunidade perfecta para aprender unha técnica moi práctica para o coidado das túas árbores”, explica o Concello de Alfoz.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de prevención de infeccións e uso dos antibióticos. Esta actividade vaise a realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 3 de abril, xoves, ás 17:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457 ou a través do seguinte enlace da Escola Galega de Saúde: https://extranet.sergas.es/.../ListadoActividadesCidadans...
A trixésimo cuarta edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa celebrarase en Xove do 12 ao 16 de abril. Está organizado pola asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
Este evento foi presentado por Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), María Dolores Meitín (concelleira de Cultura), Xan Carballal (presidente da asociación Prestoxove) e Xulia Nogueira (tesoureira do colectivo organizador).
Desenvolverase no salón de actos do Centro Cívico de Xove. O martes 15 de abril ás 18:00 horas haberá un concerto de cámara e o mércores 16 de abril ás 19:00 horas un concerto de clausura.
Dirixe o curso Xan Carballal e os profesores invitados son Nazaret Canosa, Mila García e Sofía Canoura.
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece tres cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas. Estas accións formativas desenvolveranse desde abril ata xullo e inclúen prácticas en empresas, con posibilidade de axudas económicas para a súa realización. Ademais permiten obter o certificado de profesionalidade.
Os cursos son de: Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
As probas de selección realizaranse o día 3 de abril, xoves, ás 16:30 horas no CIFP Porta da Auga.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre estes cursos acudindo ao Porta da Auga ou chamando ao...
leer másEsta Semana Santa queremos tamén colaborar coas familias para favorecer a conciliación nestas datas de lecer. Así este martes, día 25 de marzo, abre o prazo para participar nunha nova edición de Cervo Concilia en Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación durante as vacacións escolares. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 8 de abril.
Cervo Concilia é un programa de actividades de Semana Santa dedicado a nenos/as de entre 3 e 12 anos que permite que os pais e as nais poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas. (Os/as nenos/a de 3 anos son aqueles/as que estudan cuarto de infantil no curso 2024/2025 e os de 12 anos son os que cursan sexto de primaria neste período). O curso levarase a cabo o 14, 15, 16 e o 21 de Abril, en horario de 8:30h a...
leer másO Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza un obradoiro sobre o solo pélvico para este xoves, día 27 de marzo, ás 17:00 horas.
Será impartido por Cristina Ouro Núñez (matrona do complexo hospitalario de Lugo), que abordará estes temas: anatomía do solo pélvico, funcións, técnicas de tratamento. Ademais haberá unha sesión práctica.
A inscrición é gratuíta e pode facerse no propio Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, que está na Praza do Concello e ten o teléfono 982.82.83.91.
A Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.
O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...
leer más