Cursos

Etiquetas:
22/02/2024

A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dun curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais que se impartirá en Ribadeo. En toda Galicia haberá seis edicións repartidas por diferentes localidades.

No caso de Ribadeo, as datas aínda non están pechadas pero publicaranse proximamente na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). En todo caso, impartirase antes do mes de xullo. Hai 27 prazas dispoñibles e o número de horas lectivas será de 240.

A inscrición é gratuíta e poderá facerse desde mañá, 23 de febreiro, ata o 4 de marzo. Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp.

Poden participar as persoas maiores de idade que teñan o título de graduado en ESO e que non...

leer más
20/02/2024

Hoxe deron comezo as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo. Son 21 os profesionais inscritos tanto desta comarca como do resto de Galicia e de Asturias, que asisten a esta cita que se desenvolven no salón de conferencias de Burela. Trátase de perfís variados coma guías e informadores de turismo, guías de natureza, montaña e empresas de turismo activo, principalmente.

As xornadas están programadas para o 20, 21, 27 e 28 de febreiro en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 15 a 19 horas polas tardes. Deste xeito continúa o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade - co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

... leer más
Etiquetas:
19/02/2024

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un taller sobre sexto para este venres, 23 de febreiro. Será no salón de actos do Centro Cívico ás 20:00 horas.

Esta actividade, que impartirá a psicóloga e sexóloga Raquel Graña, titúlase “O que non che contaron sobre o sexo. Un taller no que te sentirás dende os 5 sentidos”.

 

Etiquetas:
17/02/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación de Lugo e enmarcado no Programa Xunt@s de participación cidadá e envellecemento activo, organiza unhas xornadas de uso e manexo dos móbiles intelixentes. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol os días 7 e 14 de marzo de 2024 (xoves) de 10:30 a 12:30 horas.

Para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.

Etiquetas:
16/02/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vai a levar a cabo un Taller de Musicoterapia co obxectivo de promover o benestar físico, mental e emocional a través da música. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o vindeiro 13 de marzo (mércores) ás 16:30 horas.

Todas aquelas persoas que desexen participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello nos teléfonos 982559109/677489457 ou directamente a través do seguinte enlace da páxina web da Escola Galega de Saude para Cidadáns https://extranet.sergas.es/.../ListadoActividadesCidadans...

Etiquetas:
16/02/2024

O Concello de Burela, a través do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo, oferta un curso de ximnasia de mantemento que dará comezo o martes 5 de marzo de 2024 en horario de 17:30 a 18:30 horas. 

Para inscribirse o prazo vai desde o luns 19 ata o xoves 29 de febreiro en horario de 9:00 a 15:00 horas na Casa do Concello de Burela. As prazas son limitadas.

 

15/02/2024

O Concello da Pontenova anuncia que está aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, e explica que os participantes aprenderán “a traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas”.

As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982.34.22.77.

 

10/02/2024

Terán lugar os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro. Deste xeito continuará o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade - co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

As xornadas desenvolveranse os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas. Esta formación ten como obxectivo formar a persoas que teñan a intención de traballar no territorio da Mariña como guías de actividades xeoturísticas. “Os contidos que se abordarán son de interese para comprender os procesos xeolóxicos e as principais manifestacións xeolóxicas que atopamos na Mariña, para así poder ser quen de interpretar esas manifestacións e dalas a coñecer aos...

leer más
Etiquetas:
09/02/2024

Ribadeo acollerá en abril un curso básico de Protección Civil. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de febreiro. 

A concelleira de Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo, contou que “a Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición para a realización do curso básico de Protección Civil. Na provincia de Lugo impartirase de forma presencial en dous lugares, e concretamente un dos elixidos foi Ribadeo”. 

A edil ribadense explicou que “as datas previstas son do 3 ao 7 de abril, sendo os días 3, 4 e 5 en horario aproximado de sete e media/oito da tarde a dez e media/once da noite, a razón de tres horas diarias. E a fin de semana en horario de mañá e tarde completando así as 32 horas de duración do curso, das que 22 son teóricas e 10 prácticas”.

Seijo anima a participar: “desde o...

leer más
Etiquetas:
08/02/2024

A aula Cemit do Vicedo organiza cursos gratuítos para adultos sobre iniciación a internet, o uso do móbil, mecanografía, procesador de texto e folla de cálculo. Hai varios horarios dispoñibles de luns a venres entre as  16:00 e as 20:00 horas.

As persoas interesadas poden obter máis información sobre esta actividade na aula Cemit ou chamando ao teléfono 982.59.01.95.