Cursos

29/01/2026

A Aula CeMIT de Viveiro, que está nos Claustros de San Francisco, acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 10 de febreiro, martes, de 10:00 a 12:00 horas.

O Concello de Viveiro convida a participar “neste obradoiro práctico no que aprenderás a protexer a túa empresa no mundo dixital: identificar riscos, recoñecer correos fraudulentos e manter seguras as túas credenciais e dispositivos. Dirixido a pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en mellorar a súa seguridade dixital”.

27/01/2026

A Aula Universitaria da UNED de Foz presenta a súa programación formativa para o mes de febreiro, cunha oferta de cursos dirixidos a opositores, estudantes e público en xeral, que combina formación xurídica, lingüística, ambiental e de benestar persoal.

“Entre as actividades programadas destaca o Curso para opositores: Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que será impartido pola docente Inés García Balseiro, avogada e formadora. O curso desenvolverase do 9 ao 12 de febreiro, cunha duración total de 30 horas. Tamén dará comezo o Curso de Inglés A2, impartido pola profesora e habitual colaboradora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Leticia Veiga Lestegás, cunha duración de 30 horas online, desde o 9 de...

leer más
19/01/2026

A aula CeMIT de Barreiros será unha das sedes nas que se celebrará o exame para a obtención da certificación galega en competencias dixitais ComDix, no seu nivel iniciación. A convocatoria oficial das probas foi publicada este pasado venres, 16 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 19 ata o mércores 28 de xaneiro. No caso de Barreiros o exame terá lugar o mércores 25 de febreiro ás 10:00 horas na aula CeMIT, situada no Teleclub de San Cosme.

A certificación ComDix é a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e baseada no Marco Europeo de Competencias Dixitais (DigComp) que acredita as habilidades dunha persoa no uso das tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como profesional. Toda a información relativa á convocatoria, requisitos...

leer más
19/01/2026

O Concello de Viveiro, a través da plataforma YOCONECTO.org e a Fundación Cibervoluntarios, ofrece en febreiro novos cursos presenciais e gratuítos na Aula CeMIT para axudarche a sacarlle o máximo partido á tecnoloxía. Todos os...

leer más
Etiquetas:
15/01/2026

A parroquia de Arante súmase ás actividades do programa Preto de Ti organizadas polo Concello de Ribadeo.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, comentou: “estamos muy contentas por seguir sumando parroquias de nuestro municipio a las actividades de Preto de Ti, que retomamos tras las Navidades. Este programa llega también a Arante. Ahora mismo son 207 las personas que disfrutan de gimnasia, charlas sociosanitarias, manualidades, cursos o talleres de memoria en las parroquias ribadenses”.

A edil engadiu: “seguimos trabajando para que las vecinas y los vecinos de nuestras parroquias sigan aprendiendo, disfrutando y pasando un buen rato entre amigos y vecinos”.

14/01/2026

O venres 23 de xaneiro ás 7 da tarde a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, de Ribadeo, (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento titulado Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración.

Está organizada polo colectivo amarinha.gal, que explica: “unha actividade pensada para tomar o control do noso móbil e ordenador a través de ferramentas libres, instalada e comprendidas, así como dos máis indispensables programas/apps para relacionarnos  coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de asistir senón tamén de facer propostas para instalar ferramentas ou apps concretas, para o que se propón a quen teña pensado asistir que transmita as súas necesidades e atendelas no posible, da instalación do programa de...

leer más
14/01/2026

Alfoz acollerá clases de baile de verbena os xoves desde febreiro ata xuño de 18:30 a 19:30 horas.

O Concello de Alfoz colabora nesta actividade “pensada para aprender, moverse e gozar ao ritmo de rumbas, pasodobres, bachatas, tangos e moito máis. Unha proposta aberta para pasalo ben, aprender pasos novos e compartir baile en boa compañía”.

O prezo é de 35 euros por persoa ao mes e os interesados en participar deben anotarse previamente a través do teléfono 982.55.80.01.

05/01/2026

O Concello de Trabada continúa a apostar pola capacitación dixital da veciñanza coa celebración dunha nova acción formativa enmarcada no programa E para dixitalizarse, Lugo, “tras o éxito das formacións desenvolvidas a finais do pasado ano no municipio”. Nesta ocasión a actividade levarase a cabo baixo o título Ciberseguridade: acoso, grooming e estafas, unha formación orientada a dotar á cidadanía de ferramentas básicas para identificar riscos en internet e facer un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais. Terá lugar na Casa da Cultura de Trabada (Rúa do Concello, 40), os días 2, 3, 4, 9, 10, 11 e 16 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O curso conta cun total de 12 prazas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de xaneiro.

Este obradoiro forma parte do programa de formacións dixitais que...

leer más
Etiquetas:
05/01/2026

Este sábado, día 10 de enero, habrá en Xove un taller de yoga en familia. Será de 17:00 a 18:30 horas. Es gratis y para participar es imprescindible inscripción previa.

Está actividad está organizada por el departamento de Servizos Sociais del Concello de Xove.

21/12/2025

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un obradoiro de felpudos de Nadal o día 27 de decembro, sábado. Será ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Trabada, para participar hai inscribirse e o prazo remata o 22 de decembro.

“¿Queres pintar o teu propio felpudo navideño e pasar un anaquiño agradable? Isto é o que buscas. O 27 de decembro esperámosvos na Casa da Cultura de Trabada ás 5 da tarde”, anuncia a asociación O Picato.