Cursos
O Concello de Trabada, en colaboración con ARA Formación, pon en marcha un curso de manipulador de produtos fitosanitarios de 25 horas e nivel básico, que se desenvolverá entre o 15 e o 20 de setembro de 16:00 a 21:00 horas. A formación será de carácter presencial e ten un custo de 90 euros por persoa.
As persoas interesadas dispoñen de prazo para inscribirse ata o 5 de setembro, podendo facelo a través dos teléfonos 886.203.763 / 698.190.633 ou ben mediante correo electrónico en vera@araformacion.es ou conchi@araformacion.es.
O Concello de Trabada explica que “este curso está especialmente dirixido a todas aquelas persoas que precisen obter a certificación oficial para o uso seguro de produtos fitosanitarios, un requisito cada...
leer másMondoñedo acollerá os días 22 e 23 de setembro un curso do programa de formación en apicultura que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén desenvolvendo nos dous últimos anos da man da Casa do Mel.
Trátase de cursos de 10 horas con contidos téoricos e prácticos enfocados na ampliación e actualización de coñecementos das apicultoras e apicultores como a diversificación das producións, a nutrición e alimentación das abellas ou a elección das ubicacións axeitadas para a instalacións de apiarios son as cuestións nas que se centrarán os cursos.
O deputado provincial de Rural, Daniel García, explicou que se trata “dunha formación gratuíta coa que damos continuidade ao programa que puxemos en marcha o ano pasado, para apoiar con coñecemento actualizado e prácticas adaptadas ás dificultades que...
leer másO Concello de Burela, a través do seu Centro de Formación Ocupacional, ofrece dous novos cursos de formación que comezarán no mes de outubro de 2025, dirixidos a persoas desempregadas dentro do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. “Estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade, que acredita as competencias profesionais necesarias para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral”, explica o Concello de Burela.
O primeiro dos cursos está dedicado á atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208), cunha duración de 528 horas. Como requisito de acceso, é necesario ter o título de ESO. ou equivalente.
O segundo céntrase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508), cunha duración de 518 horas, e non...
leer másDo 25 ao 30 de agosto A Mariña acolle o programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer para desfrutar do verán coñecendo o territorio a través da súa artesanía local deseñada para promover a riqueza artesá da comarca. O programa inclúe nove actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol.
Nesta iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/amarina-obradoiros-con-corazon
As prazas son limitadas, xa que cada actividade acollerá un grupo reducido de persoas co obxectivo de garantir unha...
leer másA Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, pon en marcha un curso de escritura creativa que dará comezo no mes de setembro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos que desexen explorar a súa imaxinación, mellorar as súas habilidades narrativas e gozar do pracer de escribir en compañía.
O curso conta cun máximo de 12 prazas, polo que é preciso inscribirse con antelación.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a inscrición a través da aplicación Whatsapp no número 604 084 201 ou no correo electrónico biblioteca@ribadeo.gal.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “con esta iniciativa, a Biblioteca Municipal continúa ampliando a súa programación de actividades culturais e...
leer másO Concello de Trabada anuncia que está aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades de pilates e baile de salón, que se impartirán todos os xoves a partir de setembro na sala multiusos da Casa da Cultura.
De 18:00 a 19:00 horas será pilates, cun prezo de 30 euros por persoa ao mes. Pola súa banda, o baile de salón terá lugar de 19:00 a 20:00 horas, cun custo mensual de 30 euros por persoa ou 50 euros no caso de inscricións en parella. Non é obrigatorio anotarse por parellas para participar.
As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o 29 de agosto nas oficinas municipais do Concello ou chamando ao teléfono 982.135.011.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou: “continuamos ofertando diferentes actividades deportivas e culturais para todos os públicos...
leer másO Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT e, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, acolle o programa Tech Kids: Argallando entre xeracións, un obradoiro creativo de 3 días de duración para espertar o talento dixital e a capacidade de innovación entre a mocidade. A formación terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto, en horario de 9:30 a 12:00 horas na aula CeMIT de Barreiros.
“Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas preferentemente entre os 12 e os 18 anos, ten dous obxectivos claros: por unha banda, familiarizar á rapazada coas tecnoloxías disruptivas que definen o presente e o futuro; e por outra, desenvolver competencias transversais como a resolución de problemas, o pensamento crítico e o traballo en equipo nunha contorna colaborativa. Durante o...
leer másO Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, anuncia que do 4 ao 8 de agosto terá lugar unha nova edición do Campamento Dixital na Aula Cemit, situada no Centro de Formación Ocupacional. A actividade desenvolverase en horario de mañá e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.
Este campamento enmárcase no Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.
A participación é 100% gratuíta e inclúe, ao remate, a entrega do certificado oficial DigComp, que acredita as competencias dixitais adquiridas.
Durante cinco días a rapazada poderá experimentar a tecnoloxía de forma lúdica, segura e responsable, mediante xogos, retos,...
leer másO Concello de Trabada anuncia que este martes, día 22 de xullo, abre o prazo de inscrición para os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar 2025-2026, “co obxectivo de facilitar a organización da vida familiar e laboral das familias do municipio”. As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude ata o día 20 de agosto.
O programa Madrugadores funcionará entre as 8:00 e as 9:30 horas, permitindo que os nenos e nenas poidan chegar ao colexio con antelación ao inicio das clases. Pola súa banda o programa Ludiseráns desenvolverase en horario de 15:30 a 19:00 horas, unha vez finalizada a xornada lectiva.
Ambas iniciativas estarán dispoñibles desde o primeiro ata o último día lectivo do curso escolar e están dirixidas ao alumnado do colexio de...
leer másBarreiros acollerá un curso de apicultura orientado a mellorar a xenética dos apiarios, impulsado pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Esta actividade, impartida por persoal da Casa do Mel de Goente, desenvolverase os días 7, 8, 9, 11, 12 e 13 e contará cunha parte teórica -na Escola de San Cosme de Barreiros o día 7 e na Escola de Celeiro de Mariñaos o resto dos días- e outra práctica, nas que se ofrecerán coñecementos sobre selección de abellas e técnicas de reprodución.
O deputado provincial de Rural, Daniel García, explicou: “seguimos apostando pola formación para impulsar unha actividade que ten unha marxe de mellora e de desenvolvemento importante e que incide na diversificación produtiva e no mantemento do territorio”.
Como complemento á formación práctica, as apicultores e...