Cursos

14/12/2024

Coincidindo co Día Mundial das Persoas Migrantes -18 de decembro-, a
Rede Museística Provincial de Lugo organiza unha xornada con diversas
actividades orientadas á reflexión, o intercambio cultural e a creación
de espazos de encontro, que se desenvolverán no Museo Provincial de Lugo
e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e que dan continuidade ao
programa “Culturas en diálogo” no que os museos provinciais traballan
desde hai máis dunha década fortalecendo lazos coas comunidades
migrantes nas comarcas de Lugo e no resto do país.

Haberá actividades o 18 de decembro entre as 12 da mañá e as 18:30 horas.

Ademais de celebrar a diversidade cultural e sensibilizar arredor desta
temática, a xornada marcará o punto de inicio do proxecto de creación do
Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo, un espazo...

leer más
Etiquetas:
12/12/2024

O Concello de Burela convida á rapazada de 14 a 20 anos a esta actividade, que se desenvolverá os días 23 de decembro, 30 de decembro e o 3 de xaneiro.

Nesta ocasión terá lugar na Sala Multiusos da Casa da Cultura de 10:30 a 13:30, e non na biblioteca como noutras edicións.

As prazas son limitadas, polo que será necesario apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de luns a venres entre as 9:00 e a 13:00 e entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Etiquetas:
08/12/2024

A Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove pon en marcha para o vindeiro Nadal o programa de Conciliación da Vida Laboral e Familiar para nenas/os de 3 a 10 anos, durante os días laborais das vacacións escolares de Nadal, de 8:45 a 14:30 horas.

As inscricións realizaranse na OMIX ata o 16 de decembro.

 

01/12/2024

A asociación cultural O Picato, de Trabada, anuncia que “o próximo domingo, 8 de Decembro, impartirase o curso de primeiros auxilios, homologado pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias. Todos aqueles interesados en anotarse terán que facelo no teléfono 652.144.194 (Nuria)”. Será de 16:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura de Trabada.

As prazas son limitadas e o prezo para socios do colectivo organizador é de 5 euros mentres que as persoas que non pertencen á asociación terán que pagar 10 euros.

28/11/2024

O Concello de Mondoñedo anuncia que os días 13, 14 e 15 de decembro Mondoñedo ten a súa cita habitual coa arqueoloxía.

“Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica que se ven celebrando en decembro dende fai máis de vinte anos. Son as Xornadas Mindonienses de arqueoloxía que, neste 2024, chegan á súa edición número 24. A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 13, 14 e 15 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e será unha edición monográfica sobre a Cova do Rei Cintolo a raíz de todas as investigacións que se estiveron e está a realizar nela dende o ano 2018. Nesta edición, o Concello conta coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía para achegar esta temática. A edición deste ano, dirixida polo arqueólogo municipal Abel Vigo, conta coa...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

O Concello de Burela convida á veciñanza a participar neste obradoiro de decoración de Nadal en cunchas impartido por Teresa Esra. Trátase dunha actividade de balde, dirixida a persoas de todas as idades. Terá lugar o luns 2 de decembro de 17:30 a 20:00 horas.

As persoas participantes aprenderán a decorar unha cuncha e poderán levala para a casa ao finalizar a actividade.

Para inscricións e máis información as persoas interesadas deben ir á Casa do Concello de Burela.

Etiquetas:
26/11/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI) e no marco da programación da actividades polo 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), está a organizar un obradoiro no que se traballarán diferentes contidos relacionados co empoderamento feminino. Será este xoves, día 28 de novembro, no Edificio Multiusos do Concello de Ourol de 10:00 a 12:00 horas.

“O obxectivo desta actividade é o de contribuír a mellorar o autoconcepto, a autoestima e o sentimento de autoeficacia nas mulleres. Para poder levarse a cabo esta actividade é necesario contar cun grupo mínimo de 5 mulleres. Para anotarse poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.559.109 e 677.489.457) ou coa asociación Bumei (teléfono609.837.645)”,...

leer más
25/11/2024

O Vicedo acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade este xoves, día 28 de novembro. Será de 17:00 a 18:30 horas na Aula Cemit, que está na Casa da Cultura.

“Como podo protexer miñas contas?, Como debo configurar as miñas redes sociais?, Toda a información que consulto en internet é real?, Como podo detectar unha estafa recibida por correo? Na actualidade a ciberseguridade é máis relevante que nunca, con ameazas en constante evolución que poden afectar a calquera persoa que acceda a Internet ou utilice dispositivos intelixentes. Queres saber como protexerte? Descobre neste obradoiro as ameazas actuais, a pegada dixital en internet e as redes sociais e coñece o fenómeno da desinformación e as fake news. Toma o control da túa seguridade dixital!”, anuncia a Aula Cemit do Vicedo.

As persoas interesadas en inscribirse...

leer más
Etiquetas:
19/11/2024

O Vicedo acollerá este venres, día 22 de novembro, un curso de Intelixencia Artificial. Será de 16:30 a 18:00 horas na Aula CeMIT, que anuncia: “a través deste curso gratuíto farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos e algunhas aplicacións da IA no día a día”.

As inscricións están abertas e as prazas son limitadas.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo, a través dos correos electrónicos cemit.ovicedo@gmail.com ou  cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982.59.01.95.

 

Etiquetas:
18/11/2024

La Biblioteca Municipal de Ourol organiza un taller de arte y autonoconocimiento este viernes, día 22 de noviembre. Será de 16:30 a 18:30 horas en el Edificio Multiusos de Ourol.

Está destinado a personas adultas y las plazas son limitadas. Las inscripciones pueden hacerse a través de los teléfonos 982.55.90.19 o 608.69.40.51.

El Concello de Ourol explica que “este taller ofrece un espacio creativo donde las personas participantes pueden expresarse libremente a través del arte. No es necesario tener conocimientos ni habilidades para el dibujo. Mediante técnicas como el dibujo, la pintura, el barro o el collage las personas pueden expresar sus sentimientos y vivencias”.