Cursos
O Concello de Alfoz organiza un curso de enxerto de árbores froiteiras que se levará a cabo este sábado, día 5 de abril, de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura.
“Unha oportunidade perfecta para aprender unha técnica moi práctica para o coidado das túas árbores”, explica o Concello de Alfoz.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de prevención de infeccións e uso dos antibióticos. Esta actividade vaise a realizar no Edificio Multiusos do Concello o día 3 de abril, xoves, ás 17:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol , chamando ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457 ou a través do seguinte enlace da Escola Galega de Saúde: https://extranet.sergas.es/.../ListadoActividadesCidadans...
A trixésimo cuarta edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa celebrarase en Xove do 12 ao 16 de abril. Está organizado pola asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
Este evento foi presentado por Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), María Dolores Meitín (concelleira de Cultura), Xan Carballal (presidente da asociación Prestoxove) e Xulia Nogueira (tesoureira do colectivo organizador).
Desenvolverase no salón de actos do Centro Cívico de Xove. O martes 15 de abril ás 18:00 horas haberá un concerto de cámara e o mércores 16 de abril ás 19:00 horas un concerto de clausura.
Dirixe o curso Xan Carballal e os profesores invitados son Nazaret Canosa, Mila García e Sofía Canoura.
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece tres cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas. Estas accións formativas desenvolveranse desde abril ata xullo e inclúen prácticas en empresas, con posibilidade de axudas económicas para a súa realización. Ademais permiten obter o certificado de profesionalidade.
Os cursos son de: Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
As probas de selección realizaranse o día 3 de abril, xoves, ás 16:30 horas no CIFP Porta da Auga.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre estes cursos acudindo ao Porta da Auga ou chamando ao...
leer másEsta Semana Santa queremos tamén colaborar coas familias para favorecer a conciliación nestas datas de lecer. Así este martes, día 25 de marzo, abre o prazo para participar nunha nova edición de Cervo Concilia en Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación durante as vacacións escolares. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 8 de abril.
Cervo Concilia é un programa de actividades de Semana Santa dedicado a nenos/as de entre 3 e 12 anos que permite que os pais e as nais poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas. (Os/as nenos/a de 3 anos son aqueles/as que estudan cuarto de infantil no curso 2024/2025 e os de 12 anos son os que cursan sexto de primaria neste período). O curso levarase a cabo o 14, 15, 16 e o 21 de Abril, en horario de 8:30h a...
leer másO Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza un obradoiro sobre o solo pélvico para este xoves, día 27 de marzo, ás 17:00 horas.
Será impartido por Cristina Ouro Núñez (matrona do complexo hospitalario de Lugo), que abordará estes temas: anatomía do solo pélvico, funcións, técnicas de tratamento. Ademais haberá unha sesión práctica.
A inscrición é gratuíta e pode facerse no propio Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, que está na Praza do Concello e ten o teléfono 982.82.83.91.
A Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.
O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...
leer másO Concello de Xove organiza un curso de iniciación ao mundo dixital para persoas maiores de 60 anos. Desenvolverase desde o luns 7 ata o venres 11 de abril de 16:30 a 18:30 horas na sala de informática da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Este curso está adaptado a todos os niveis que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, utilizar as redes sociais e a banca dixital, etcétera.
O prazo de inscrición está aberto ata o venres 21 de marzo na OMIX ou chamando ao teléfono 982.57.18.16.
O Concello de Alfoz anuncia a organización de formacións esta primavera para todas as persoas interesadas no coidado e mellora das árbores froiteiras. A primeira delas é un curso de poda de árbores froiteiras que terá lugar o sábado 29 de marzo de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.
“Aprende as técnicas adecuadas para a poda de árbores froiteiras e mellora a súa produción e saúde”, indica o Concello de Alfoz, que ofrece máis información sobre esta actividade no teléfono 982.55.80.01.
O Concello de Alfoz pon en marcha un Campamento Dixital dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2016, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar. Esta actividade desenvolverase durante a Semana Santa, os días 14, 15 e 16 de abril, de 10:00 a 14:00 horas na aula OMIX da Casa da Cultura de Alfoz.
Os participantes deberán levar o seu propio dispositivo electrónico, xa sexa ordenador ou tableta, para poder realizar as actividades programadas. A iniciativa está organizada polo Concello de Alfoz en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), impulsado polo Ministerio de Xuventude e Infancia e financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.
As inscricións permanecerán abertas desde este mércores, 19 de marzo, ata o 26 de...
leer más












