Cursos

20/02/2025

O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para dous cursos presenciais gratuítos destinados a mellorar as competencias dixitais da cidadanía, que se desenvolverán desde o 17 ata o 21 de marzo

Estes cursos, que contan con certificación, están deseñados para axudar ás persoas a familiarizarse co uso de internet e as novas tecnoloxías de forma segura e eficiente. A formación terá lugar na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e estará dividida en dúas modalidades segundo a franxa de idade dos participantes.

O primeiro curso, denominado Trámites Electrónicos, está dirixido a persoas de entre 18 e 60 anos e desenvolverase do 17 ao 21 de marzo en horario de 16:00 a 18:00 horas. Os asistentes poderán adquirir coñecementos sobre administración electrónica, banca dixital, videoconferencias e redes...

leer más
Etiquetas:
10/02/2025

O Centro Cívico de Xove acolle desde hoxe e ata o vindeiro 12 febreiro as Xornadas Formativas de Turismo Ornitolóxico, un encontro de carácter gratuíto que ten como obxectivo mellorar as capacitacións para impulsar A Mariña como destino turístico para o estudo e avistamento de aves.

O acto de inauguración contou coa presenza da presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Rocío López; o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.

Tal como explicou a presidenta da Mancomunidade “esta iniciativa busca ampliar e asentar coñecementos e habilidades arredor do turismo ornitolóxico, un dos grandes activos deste territorio, e a formación é fundamental para contar con persoal con capacidade de atender a demanda tanto do público xeral coma do...

leer más
Etiquetas:
06/02/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece clases de baile para todas as idades. Serán os mércores de 16:30 a 18:00 horas.

“Abrimos listas de persoas interesadas en facer grupo de baile. Podedes apuntarvos no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.89 ou 982.82.83.91. Aberto a toda a poboación”, anuncian.

05/02/2025

Ribadeo acollerá este domingo, día 9 de febreiro, no Pavillón Municipal da rúa Alfredo Deaño unha clase de iniciación á danza organizada pola asociación ribadense As Vacas Fracas  e que correrá a cargo de Ana Uría e Xacobe Paz.

Esta actividade desenvolverase de 17:30 a 21:00 horas e para participar hai que inscribirse previamente.

 

04/02/2025

As actividades de dinamización organizadas polo Concello de Barreiros que estaba previsto que se desenvolveran desde este pasado día 3 tiveron que ser adiadas e darán comezo o luns 10 de febreiro en Reinante de 10:00 a 11:00 horas.

O Concello de Barreiros anuncia: “aproveita esta oportunidade para aprender a manexar mellor o teu móbil. Aquí resolveremos dúbidas sobre Whatsapp, a aplicación do Sergas, Catastro, e outras ferramentas que che facilitarán o día a día. Tamén aprenderás a recibir no móbil noticias do Concello e doutros lugares de interese. Aínda podes inscribirte a través da asociación de veciños de Reinante ou no propio Concello”.

Unha vez finalizada en Reinante, a actividade chegará a Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande.

03/02/2025

O Concello do Vicedo organiza un obradoiro de solo pélvico que se desenvolverá o día 21 de febreiro, venres, de 17 a 20 horas.

O alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, fixo público un bando no que anuncia que “o vindeiro 21/02/2025 celebrarase un obradoiro de solo pélvico, en colaboración co Servizo galego de Saúde. Como requisito sinalamos contar cun número mínimo de 10 inscricións, abertas a tódolos interesados, cun enfoque inclusivo e accesible para todas as idades e niveis. O prazo de inscrición estará aberto con data límite do 07/02/2025, chamando ao departamento do Servizos Sociais do Concello a través do número 982.59.00.01. O lugar de celebración dependerá das inscricións formalizadas (locais sociais das parroquias ou Casa da Cultura de O Vicedo)”.

02/02/2025

O Concello do Valadouro ofrece actividades para adultos sobre novas tecnoloxías desde o día 4 de febreiro, martes. Serán na Sala de Informática da Casa da Cultura.

“Comezamos o 4 de febreiro de 2025 ás 11:00 horas na Casa da Cultura. O horario de 4 de febreiro a 15 de abril é os martes laborables de 11:00 a 12:30 horas; e desde o martes 22 de abril ó 27 de maio, de 10:30 a 12:30 horas. Podes consultar a listaxe de admitidos na sede electrónica do concello do Valadouro:...

leer más
Etiquetas:
31/01/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza talleres de memoria, que comezarán o día 11 de febreiro. Están destinados a maiores de 60 anos de idade e desenvolveranse os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.

A inscrición é gratuíta ata cubrir as prazas. E as persoas interesadas poden apuntarse no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89.

Etiquetas:
30/01/2025

A Asociación de Veciños San Julián de Sante (Trabada) organiza un curso de poda para este sábado, día 1 de febreiro, que se desenvolverá no Teleclub de Sante en horario de 9:00 a 19:00 horas. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita.

A programación inclúe tres cursos sobre: poda, para aprender a preparar as árbores dende o inicio; enxerto, para mellorar o desenvolvemento das árbores unha vez xerminen; e apicultura, fundamental para a polinización das árbores e a sustentabilidade do proceso.

Está previsto que este círculo frutícola se peche en xuño cun curso de elaboración de marmeladas, permitindo aproveitar ao máximo os froitos cultivados.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de apoiar este tipo de...

leer más
30/01/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece un curso de iniciación sobre informática e redes sociais a partir do día 10 de febreiro, luns.

Está destinado a persoas maiores de 60 anos de idade e desenvolverase os luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas.

A inscrición é gratuíta ata cubrir prazas e as persoas interesadas poden apuntarse no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89.