Cursos
A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo anuncia que este domingo, día 29 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas realizarán un taller de serigrafía con Stencil. Será na Escola do Vilar, en San Román (O Vicedo).
“Nós poñeremos todo o material necesario. Mostraráseche a teoría proxectada por pantalla, realizarás o teu propio deseño e aprenderás a estampar sobre tea. Vente a sacar o teu talento para dar un toque único e persoal ás túas camisetas e bolsos. Sorprenderás aos teus colegas”, anuncian os organizadores.
O aforo e limitado e as inscricións deben facerse por WhatsApp no número 649.41.89.02.
O Concello de Barreiros volve a ofertar clases de baile a partir de outubro. Realizaranse os mércores de 17:30 a 18:30 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, etcétera.
As clases serán impartidas por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. Terán un prezo por persoa de 15 euros o mes e comezarán o día 2 de outubro. Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas.
A actividade de baile súmase ás de ximnasia de mantemento, ioga, pilates, zumba e espalda saudable, actividades ofertadas nas escolas deportivas de adultos que se...
leer másO Concello de Burela organiza nos meses de outubro e novembrodousobradoiros de escritura creativa coa autora burelá Antía Yáñez.
Os sábados 5, 19 e 26 de outubro será para adultos e os sábados 9, 16 e 23 de novembro para mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. As sesións serán na biblioteca municipal e con prazas limitadas (12 por curso).
“Un pracer para o Concello realizar iniciativas coma esta, especialmente cando contamos cunhaveciña e escritora da talla de Antía Yáñez, referente na literatura galega contemporánea”, asegura a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Estas actividades non só fomentan a creación literaria, senón que taméncontribúen a enriquecer a vida cultural do pobo e estimular a creatividade da nosacomunidade”, engade Gómez, que agradece “a Antía a súa disposición para...
leer másO Proxecto Ríos, iniciativa da organización ecoloxista ADEGA, convoca un curso formativo orientado a profesorado con ganas de facer actividades de educación ambiental sobre os ríos canda ao seu alumnado. Será o día 2 de outubro, mércores, no IES Plurilingüe San Rosendo, de Mondoñedo, de 16:30 a 20:00 horas.
O obxectivo desta formación é facilitar ferramentas ao profesorado para que poida desenvolver actividades de coñecemento dos ecosistemas fluviais, así como da fauna e flora dos ríos, desde un enfoque práctico. O curso contará cunha charla para coñecer o proxecto, unha saída a carón do rego de Valiñadares para a recollida de mostras de macroinvertebrados e a súa posterior identificación para determinar a calidade ecolóxica do río.
A inscrición é gratuíta para esta actividade que financia Augas de Galicia.
O Concello de Cervo anuncia que esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro, celebrarase un curso nacional de kung fu-tai chi no pavillón do CEIP Península da Paz.
Será impartido por Gran Maestro Yang Jun o sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30 horas e o domingo de 10:00 a 13:00 horas.
Está organizado polo Departamento Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Karate y Disciplinas Asociadas.
O Concello de Xove ofrece obradoiros para persoas maiores no programa de outono inverno, que organizan as delegacións de Xuventude e Deporte, Servizos Sociais e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Dende o día 1 de outubro ata maio de 2025 desenvolverase obradoiros de bordado, bolillos e ioga. Tamén haberá cursos de informática para maiores do 4 de novembro ao 9 de decembro e outras actividades como ximnasia na auga, ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e escola de maiores.
O prazo de inscrición ábrese este mércores 18 e remata o día 26 na OMIX.
O Concello de Trabada ofertará a partir do día 3 de outubro dúas novas actividades: zumba e pilates. Serán os xoves de outubro a xuño, con pilates de 18:00 a 19:00 e zumba de 19:00 a 20:00 horas.
Trátase de actividades para todos os públicos a partir dos 11 anos de idade. A inscrición nun dos programas terá un prezo de 30 euros por persoa, e en ambos, de 50 euros. Poderá realizarse nas oficinas municipais ou no teléfono 982.13.50.11. O mínimo de participantes será 8 e a actividade adaptarase ás idades das persoas inscritas.
"Dende o Concello ampliamos o abano de actividades deportivas para todas as idades con estas dúas novas iniciativas", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García.
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering, que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.
A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.
Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.
Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia.
O Concello de Trabada anuncia que na última semana deste mes de setembro dará comezo unha nova edición do programa municipal de terapia ocupacional. O martes 24 empezarán os grupos no centro cívico de Vidal, ás 16:00 horas, e no teleclube de Sante, ás 17:45 horas; o mércores no centro cívico de Valboa, ás 16:00 horas, e na Casa da Cultura de Trabada, ás 17:45 horas; e o xoves 26 de setembro ás 16:00 horas no centro cívico de Vilapena e ás 17:45 horas na escola de Abres.
O alcalde de Trabada, Rubén García, explica: “as persoas maiores son un prioridade para o noso concello e con este programa fomentamos o envellecemento activo, con sesións que producen importantes melloras a nivel funcional e na calidade de vida das persoas participantes. Nos próximos días anunciaremos máis actividades municipais dirixidas a outras idades”.
A Área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa Casa do Mel de Goente, impulsa un curso de Formas de manexo da colmea para a loita contra a velutina en Cervo. Esta actividade é gratuíta e xa completou as prazas ofertadas.
A formación teórica terá lugar no Museo do Mar e a parte práctica levarase a cabo en colmeas do concello mariñán.
O curso celébrase esta fin de semana e permite formar a apicultoras e apicultores na loita contra a vespa asiática. Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicará ás persoas asistentes métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.
O curso forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar...
leer más