Eventos
As nenas e os nenos poderán gozar dos inchables e da ludoteca en San Ciprián desde o martes ata o xoves en horario de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
As actividades enmárcanse na programación de Nadal organizada polo Concello de Cervo.
Ademais este martes, día 26, Tarabelos presentará o espectáculo de monicreques “O novo traxe do rei”. Será ás 19:30 horas na Praza do Souto en Cervo. Colabora con esta cita a asociación Airiños do Xunco.
O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade, unha festa denominada Feliz 2024. Será desde as doce e media da noite ata as cinco da madrugada do 1 de xaneiro na Praza da Mariña baixo carpa.
Haberá música en directo co dúo D´Vicio e un DJ e unha barra de bar xestionada por socios de ACIA Burela.
O carteiro real visitará Ribadeo o vindeiro 29 de decembro. Farao da man da Comisión da Cabalgata de Reis e de Acisa. O colectivo empresarial anima a veciñanza e visitantes a facer as súas compras de Nadal no comercio local.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “xa estamos de cheo no Nadal, e polo tanto é un bo momento para anunciar algunhas novidades que tiñamos gardadas para estas datas como é a visita do Carteiro Real a Ribadeo o vindeiro 29 de decembro e un concurso fotográfico nas redes sociais, que poñemos en marcha mañá mesmo, e aproveitamos para lembrar todo o que Ribadeo ofrece nestas datas, nas que animamos a facer as compras no comercio local e a gozar da hostalería da nosa vila”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “o Carteiro Real estará esperando aos pequenos e pequenas no...
leer másA Concellería de cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como ¨figurantes¨na Cabalgata de Reis 2024 , o xoves 5 de xaneiro.
Os criterios de participación regúlanse segundo o que dispoñen os seguintes puntos:
2. Figurantes que irán sentados nas carrozas. Pódense inscribir todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas
3. Inscrición. O período de inscrición será os días e 26, 27 e 28 de decembro de 9h a 14h.
A folla de inscrición facilitarase no TEATRO PASTOR DÍAZ, ou pódese solicitar tamén por correo electrónico no rbg.cultura@...
leer másLa Gran Aventura de los Reyes Magos é o primeiro musical que chega a Ribadeo. Toda a familia poderá gozar deste espectáculo este sábado, 23 de decembro. O alcalde, Daniel Vega, subliñou que Ribadeo é un referente tamén no Nadal.
O rexedor comentou que “entramos de cheo no Nadal e en Ribadeo seguimos coa ampla programación, que desde o Concello quixemos elaborar, programar e informar a todos para conseguir que o Nadal de Ribadeo se convertese nese elemento dinamizador da nosa economía.Quixemos ter actividades para todos os públicos. Recordade que seguen a pista de xeo e RibaXogo”. Fano co mesmo horario de tarde de 16:30 a 21 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro de 12 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 21: horas polas tardes. A pista de xeo estará pechada o 24 de decembro e o 1 de xaneiro.
Vega...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal cunha oferta de actividades variada, ampla e con opcións para todas as idades. Á longa lista de propostas súmase tamén o Belén ‘Viveiro ante o Berce’, considerado un dos máis importantes de Galicia, que se pode visitar dende o pasado día 5 de decembro.
“Con esta programación chea de actividades para todas as idades agardamos que Viveiro se encha unha vez máis de visitantes de toda a comarca e de toda Galicia, co impulso que isto supón para o noso comercio e a nosa hostalaría” afirma a alcaldesa María Loureiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, reafirmou o compromiso do Goberno local “coa cultura, especialmente a cultura en galego, para celebrar estas datas tan sinaladas cunha oferta diversa e para todos os...
leer másPapá Noel visitará Lourenzá este venres, 22 de decembro. Para as 16:00 horas está prevista a súa chegada ao Centro de Día e a continuará fará un percorrido polas rúas de Vilanova, no que estará acompañado por membros da asociación VespaFaba & Clásicos e a música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. E ás 18:00 horas recibirá aos nenos e nenas nos baixos da Casa do Concello.
É unha actividade organizada polo Concello de Lourenzá.
Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas.
“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.
A igrexa de Vila do Medio, en Burela, acolle un belén que pode visitarse este xoves 21 e o sábado 23
Na igrexa de Vila do Medio, en Burela, está instalado un belén tradicional elaborado pola veciñanza dese barrio. Poderá visitarse este xoves, 21 de decembro, de 17:30 a 19:30 horas e o sábado 23 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:00 horas.
O Concello de Burela agradece á veciñanza do barrio de Vila do Medio o seu traballo para crear ano tras a ano este tradicional belén.
O Motoclub Ruta N-634 organiza a sexta edición da súa Papanoelada Moteira en Mondoñedo este sábado, 23 de decembro. Será a partir das 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá sorteos, agasallos, inchables e chocolate.
Este evento contará coa presenza de Adrián Méndez, mindoniense campión nacional de enduro na categoría de 65 centímetros cúbicos que presentará a súa nova moto, de 85 cc.