Eventos
Los actos de la Semana Santa de Mondoñedo, que está declarada de interés turístico gallego, comenzarán el 23 de marzo, sábado, con el pregón y concierto que se celebrará en la catedral mindoniense a las 20:00 horas.
El pregón correrá a cargo del periodista Ramón Loureiro y después cerrarán el acto el contrabajista Daniel Pérez Soto y el Coro Escola de Música.
A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.
Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha comida para o sábado 16 de marzo ás 14:00 horas.
O menú inclúe callos, codillo asado con patacas, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 20 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador e de 25 euros para as no que non o son.
A data límite para anotarse é o 11 de marzo.
O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha actuación do mago Rafa o sábado 16 de marzo.
O Concello de Alfoz explica que o mago Rafa é “un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender. Durante todo este tempo traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles,... Pero sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idade”.
O Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.
A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.
Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.
Desde o Concello do Valadouro informan que aínda quedan dispoñibles postos para o XVIII Mercado de Primavera.
A data máxima para a recepción de postos de mercado é o vindeiro xoves, 14 de marzo, ás 20:00horas e as persoas interesadas en contar cun posto poden conseguir a información a través do teléfono de contacto 982 57 15 16 de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas de luns a venres laborables.
Desde o Concello indican que “esta é unha data das máis importantes do ano no Valadouro e pretende recuperar un mercado que se realizaba na vila a mediados do século pasado e que cada ano conta con máis seguidores”.
Celébrase o sábado máis próximo ao 25 de marzo, que este ano coincide a 23.
As persoas interesadas poden obter máis información na páxina web e nas redes sociais...
leer másOito concellos galegos, entre eles Viveiro, impulsarán a implementación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, organizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. No caso de Viveiro o obradoiro será o 14 de marzo de 10:00 a 14:00 horas na sala multiusos do Concello. É necesario inscribirse previamente neste enlace: https://forms.gle/bjoAYewtNxgua8LNA
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, da que forma parte representando a Viveiro a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, celebrou a primeira xuntanza presencial do ano no Concello de Pantón, en sinal de agradecemento pola súa recente adhesión a esta rede de administracións locais e provinciais...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, unha iniciativa de voluntariado aberta a toda a poboación “co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna”, tal e como precisaron a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, durante a presentación do programa este mediodía na Casa do Concello.
O programa que se articula sobre tres eixos de actuación (praias e ríos; montes e camiños e reciclaxe de plástico, vidro e cartón) arrincará o próximo mércores 13 de marzo, na praia da Caosa ás 17:00 horas, e as persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de voluntariado na Casa da Cultura o no teléfono 982 59 51 57.
... leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo no Pazo de San Marcos un encontro coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, con motivo da Semana Santa da localidade, declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013. José Tomé destacou o compromiso da institución provincial co Concello na celebración desta cita relixiosa, á que achega 25.000 euros a través dun convenio de colaboración, pois “supón un revulsivo económico na provincia congregando a milleiros de visitantes nesta datas festivas”.
Grazas á colaboración da institución, a Xunta de Confrarías volverá a contar coa carpa Antesala dun Museo, onde se exporán algúns dos pasos e as pezas de ourivería que sairán nas procesións polas rúas da cidade do Landro. A carpa, que abrirá as súas portas a vindeira semana, estará instalada como en anos anteriores na Praza...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística na Mariña en 2024 abrindo un novo período de solicitudes de adhesión. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de marzo.
Tras contar na pasada anualidade con 29 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo e museos, a Mancomunidade amplía este ano o acceso a novos sectores, convidando a artesáns, taxis turísticos e empresas de alugueiro de vehículos da Mariña a formar parte deste sistema, que tamén continuará sumando a interesados das categorías xa presentes.
Trátase dun proxecto abordado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de...
leer más