Eventos

03/06/2024

O club de fútbol Celeiro Club del Mar organiza a súa primeira laconada popular este sábado, 8 de xuño, en Pulpería Mario, en San Roque (Viveiro).

Haberá cea -con lacón, chourizo, cachelos, pan e viño, auga ou cervexa, por 10 euros- e festa amenizada pola disco móbil Conxuro. Ademais sortearán ceas para dúas persoas e bonos completos para o Resurrection Fest 2024.

Etiquetas:
03/06/2024

Acebro, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a San Antonio esta fin de semana, os días 7 e 8 de xuño.

As actividades empezarán o venres 7 ás 22:00 horas cunha churrascada popular, na que para participar hai que retirar os tickets no hotel San Briz ata este martes, 4 de xuño. Despois haberá verbena amenizada polo dúo Epo-k.

E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú amenizada polo dúo La Hora Bruja e o cantante Antonio Barros, que tamén actuarán na verbena.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
02/06/2024

A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as súas festas na honra ao Corazón de Xesús días 7 e 8 de xuño.

O venres 7 a partir das dez da noite haberá churrascada, torrezmada e chourizada; e despois será a verbena amenizada polos dúos La Hora Bruja e Belinda.

E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación procesión e sesión vermú co grupo Lume.

O campo estará cuberto con carpa.

30/05/2024

O Concello de Viveiro está a participar no salón turístico de Galicia, Turexpo, cun stand propio, co obxectivo de amosar o potencial turístico do municipio.

O evento estase a celebrar en Silleda, dende hoxe, mércores 30 de maio, e ata o domingo 2 de xuño, no marco da celebración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A sección FESTUR, na que se encadra o stand de Viveiro, está adicado ás festas declaradas de interese turístico. No caso de Viveiro estas son a Semana Santa, festa de interese turístico internacional, e tres celebracións declaradas de interese turístico de Galicia: a Romaría de Naseiro, a Rapa das Bestas e a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

A inauguración do stand contou coa presenza do segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, que sinalou que a feira "servirá para dinamizar...

leer más
Etiquetas:
30/05/2024

A historiadora da USC Pilar Cagiao será a pregoeira do IX Ribadeo Indiano. O evento, que foi presentado hoxe na vila ribadense, será promocionado mañá, 31 de maio, en Santiago e o 7 de xuño en Oviedo.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a novena edición do Ribadeo Indiano vai ser presentada este venres, 31 de maio, en Santiago de Compostela, coa asistencia do conselleiro de Cultura, José López Campos, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como unha delegación do equipo de goberno municipal e de Acisa. E o 7 de xuño daremos a coñecer este evento no Ayuntamiento de Oviedo”.

A edil sinalou que “as actividades previas ao Ribadeo Indiano arrincarán xa o vindeiro 15 de xuño. Están programadas diferentes visitas guiadas, obradoiros de repostería para o sector hostaleiro e...

leer más
Etiquetas:
30/05/2024

O parque de San Francisco acollerá este domingo, día 2 de xuño, pola tarde -de 16:00 a 21:00 horas- o Día da Xuventude, que organiza a Xunta de Galicia.

O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos. Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades.

O Día da Xuventude en Ribadeo concluirá coa actuación de Festra ás 20:30 horas.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anima a picar@s e moz@s “a achegarse ao parque de San Francisco...

leer más
29/05/2024

O Concello de Viveiro organiza, a través da Concellería de Educación, a celebración dos Maios para o alumnado dos centros de ensino de primaria e de infantil.

Este venres, día 31, está previsto que o CEIP Santa Rita de Galdo, o CEIP Lois Tobío, o Centro de Ensinanza CPR Landro, o CEIP de Covas e a Escola de Educación Infantil San Roque -uns 530 alumnos aproximadamente xunto cos seus profesores- participen nun encontro na Praza Maior para celebrar unha tradición de Viveiro como é a dos Maios. Haberá un desfile que sairá da praza, indo pola rúa Margarita Pardo de Cela, subindo pola avenida de Cervantes, seguindo pola rúa dos Irmáns Vilar Ponte e baixando por Teodoro de Quirós de novo cara a praza. Unha vez de novo na praza, cada grupo de cada colexio fará a súa homenaxe ao mes de maio, seguida dunha merenda para a rapazada. Ás 13:00 horas...

leer más
Etiquetas:
28/05/2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe a Covadonga (Asturias) do 20 ao 22 de setembro. A saída desde Foz será o día 20 ás 16:00 horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Esta actividade inclúe aloxamento en pensión completa e os prezos son: 230 euros para socios federados, 235 euros para socios non federados e 240 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 13 de xuño a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Os organizadores explican que “la ruta del mes de septiembre será por tierras asturianas, del 20 al 22 de septiembre, para hacer la ruta desde Los Lagos de Covadonga hasta Covadonga, usando parte de la ruta de la...

leer más
28/05/2024

Fontangordo, lugar da parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará a súa festa romaría na honra de San Bernabé este sábado, día 1 de xuño.

Os actos empezarán ás 13:30 horas co misa solemne. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Los Adrianos, que tamén amenizará o baile verbena, de 20:00 a 22:00 horas.

Etiquetas:
28/05/2024

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá un festival contra o cancro este venres, 31 de maio, ás 20:00 horas.

Está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer e participarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a asociación ribadense Amigos da Gaita e Maktub. Será presentado por Susana Álvarez (Susi).