Gastronomía
28/07/2016
O salón de plenos acolleu a presentación da XXXII Feira do Bonito, que terá lugar o 6 de agosto, e da XIV edición de Produart, que tamén se celebrará esa fin de semana en Burela. Mañá, venres, a promoción farase en Lugo na Deputación e despois a mediodía haberá unha degustación no restaurante España.
O alcalde, Alfredo Llano, comentou que “a Feira do Bonito se vai realizar como sempre se fai o primeiro sábado do mes de agosto, será o día 6, e tamén teremos esa fin de semana a feira Produart, que son paralelas. Son dúas citas moi importantes para Burela porque son unha atracción total tanto no aspecto gastronómico como no medio ambiental, ou na oferta de produtos ecolóxicos e despois é unha promoción moi satisfactoria para o...
leer más 19/07/2016
O sábado, 23 de xullo, Nordés (coa colaboración do Colectivo Pensamento e Sementeira) contará coa empresa Mar de Ardora para falarnos sobre un mundo descoñecido aínda para moitos, as algas. Agardámosvos para escoitalos dende as 11 da mañá no “Restaurante de Areagrande” (San Román). Logo, camiñaremos polo areal ata achegarnos á zona onde proliferan as algas e poderemos ver, tocar e poñer en práctica o dito durante a charla.
Máis tarde realizaremos a degustación dun menú con algas no Chiringuito “Abrela” por 20€/persoa: pizza de cogumelos con algas, risotto de azafrán e gambas con alga nori e salpicón de merluza con vinagreta de espaguete de mar, máis o postre, as bebidas e o café.
20/06/2016
Esta semana, a Asociación de Comerciantes, Industriais y Autónomos do Municipio de Xove, plantexa un Venres de Tapeo Temático.
Nos oito bares e restaurantes colaboradores nos “Venres de Tapeo de Xove”, para conmemorar o fin de mes de xuño e o comenzo do verán, coa paralización durante estas datas do tapeo, vai a organizar un tapeo temático, neste caso dedicado as tapas do mundo.
Esta vez, os bares e restaurantes ofrecen as suas tapas a 2€ “coa particularidade de que imos facer unha homenaxe a sete países: Italia, Inglaterra, Arxentina, Francia, Brasil, España, México e Portugal”.
20/06/2016
O grupo de moz@s Ourelo organiza o obradoiro Da Horta á Alacena. A actividade está composta por tres talleres e o primeiro leva por título Mellorando o de sempre. Nel se abordarán os diferentes tipos de horto, ecolóxico e tradicional, e os participantes aprenderán novos xeitos de cultivo a través do cambio a produtos naturais á vez que se incentiva o emprego de semente ecolóxica. Ademais se falará dos elementos que axudan a acelerar o proceso tradicional.
Este obradoiro é totalmente gratuíto e está aberto a todo o público que desexe asistir. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño no teléfono 982 55 90 19. Terá lugar o 4 de xullo no edificio multiusos de Ourol.
... leer más 02/06/2016
Este viernes, 3 de junio, abrió sus puertas un verano más A Taberna do Náutico. Hubo churrascada gratis para los asistentes y una selección musical a cargo de Lelé.
A Taberna do Náutico renueva en este 2016 sus instalaciones para ofrecer más comodidad y el mejor servicio a sus clientes, que podrán degustar pulpo y otros sabores gallegos a lo largo de los próximos meses.
20/05/2016
Mañá, sábado, arrinca unha nova edición do Ribadeo de Tapeo que este ano presenta como novidades a Tapa do Mercado ou os Cantos de Taberna. En total son 50 bares, mesóns e restaurantes os que ofrecerán as súas creacións ao longo dos nove vindeiros días.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliña que “xa con esta son once as edicións nas que podemos gozar deste gastrofestival ribadense onde se mesturan a gastronomía, o lecer e a amizade. Onde arredor dunha barra fúndense conversas, fúndense cantos, xúntase a xente, xente que é de aquí e tamén de acolá, que fan desta cita un espazo de convivencia, de diversión no soamente d@s ribadenses, senón tamén de...
leer más 17/05/2016
O mercado de Ribadeo apúntase á campaña internacional "Quere o teu mercado", na que participaran outros mercados de Galicia.
A campaña desenvolverase entre o 18 e o 28 de maio en Ribadeo “e ten como obxecto promover o consumo en clave local, visibilizar a profesionalidade dos praceir@s e da calidade dos seus produtos”, explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Durante estes días, os praceir@s agasallarán aos seus clientes con bolsas, mandís e globos promocionais da campaña.
Dentro desta campaña "Quere o teu mercado" e coincidindo co "Ribadeo de...
leer más 11/05/2016
Del 13 de mayo al 26 de junio se celebran en el hotel Vila do Val las séptimas jornadas de bacalao. Serán, como es habitual, los viernes, los sábados y los domingos.
La directora del Vila do Val, María Hermida, señala que “ya están aquí nuestras jornadas del bacalao, uno de nuestros clásicos, debido a la acogida que tienen siempre entre nuestra clientela. Todos los años incluimos alguna preparación nueva para intentar sorprenderles”.
En este 2016 los que se acerquen a gozar de las jornadas del bacalao del hotel Vila do Val por 19 euros degustarán de primero bocaditos de grelos y de segundo un plato de bacalao a elegir entre las siguientes...
leer más 06/05/2016
Desde hoxe e ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición no concurso de Cantos de Taberna, que se desenvolverá durante o Ribadeo de tapeo 2016.
Nas bases, que se atopan publicadas na páxina web do Concello, recóllese que “os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de xeito visible. A participación no concurso estará limitado a 10 grupos e/ou un máximo de 100 persoas en total”.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio sinalan que “cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería...
leer más 05/05/2016
A asociacion de hostaleiros 'Beiras de Viveiro' (Covas-Viveiro, Lugo) ten preparado para a vindeira semana un xeito moi peculiar de celebrar o Día das Letras Galegas: entre o venres 13 e o martes 17 de maio catorce locais de Covas ofrecerán “Bocadillos de Autor”, que serán creacións especiais ao prezo de 2 euros.
Os locais que participan nestas xornadas gastronómicas son: Punto Galego, Os Píos, Aquitania, Temple, Sixties, O Mesón, Galipizza, As Tixolas, Dékada, A Gruta, Fórum, Low Cost, Parrillada Tomás e Zona Vip.