Teatro

Etiquetas:
12/01/2024

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a comedia titulada “O Covid do Mariñán” no salón de actos do Concello cervense este sábado, 13 de xaneiro, ás 20:30 horas.

A entrada para asistir a esta actividade cultural do Concello de Cervo é libre.

Etiquetas:
12/01/2024

A Sala Bahía, de Foz, acollerá este domingo, 14 de xaneiro, unha representación teatral para bebés -de 6 meses a 4 anos- en dous pases: ás 11:30 e ás 12:30 horas. Correrá a cargo da compañía Trémola Teatro, que ofrecerá o espectáculo titulado “Que animaliño é?”.

É unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons, …) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.

Os prezos das entradas son: xeral, 3 euros; e infantil, 2 euros.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz.

Etiquetas:
07/01/2024

Touriñán e Perdomo chegarán á Casa da Cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función: ás 20:00 horas e ás 20:30 horas. As entradas xa están á venda en corentena.gal 

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En Corentena os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se...

leer más
Etiquetas:
27/12/2023

O Concello de Burela anuncia que os veciños e veciñas de Burela poderán ver de balde este venres o musical La Sirenita.

A compañía organizadora informou recentemente ao Concello de que o ritmo de venda das entradas non era o esperado, e ambas partes chegaron a un acordo para que o musical siga adiante, gratuíto e baixo a organización do propio Concello.

A empresa poñerase en contacto para devolverlles os cartos ás persoas que compraron a entrada.

A Casa da Cultura de Burela acolle esta representación o venres, 29 de decembro, ás 18:30 horas. 

O espectáculo repasa as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.

 

Etiquetas:
23/12/2023

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá o espectáculo Astrolabios, a cargo da produtora teatral Tarabela Creativa, o venres 29 de decembro. Será ás 18 horas na Casa da Cultura con entrada gratuíta.

Está organizada polo Concello do Vicedo, que anuncia: “trátase dunha actividade moi divertida de ciencia para nenos e nenas”.

 

Etiquetas:
20/12/2023

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá unha gala de maxia o 28 de decembro, xoves, ás 20.30 horas. Actuarán os magos Rafa, Dani Polo, Nano Arranz e Josua Kenneth.

Mago Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender.

Dani Polo é o mago máis premiado de Galicia internacionalmente. Destaca pola maxia das grandes ilusións: caixas de aparición, desaparicións e levitacións de persoas.

Nano Arranz é un mago de Valladolid que combina o humor e a maxia. Apto para todos os públicos. Humor orixinal, sutil, e irónico, baseado na palabra e en efectos de son e xogos vistosos e asombrosos para todas as idades.

Josua Kenneth é un mago que creou un precioso número que non para de recibir premios alá...

leer más
Etiquetas:
16/12/2023

O mago Paco ofrecerá este domingo, 17 de decembro, un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cores e de moitas sorpresas: Hocus Pocus.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, tolos, emotivos e abrigo inesquecibles.

O espectáculo, para maiores de 3 anos de idade, dará comezo ás 12 do mediodía na Casa da Cultura.

Etiquetas:
15/12/2023

A Casa da Cultura de Burela acolle a representación de ‘La Sirenita, Tributo Musical’ a cargo de La Barbarie Teatro Musical e La Máscara Producciones. 

A representación terá lugar a partir das 18:00. Poderanse adquirir as entradas, dispoñibles a partir de 15€, na web giglon.com ou en El Corte Inglés. 

A ligazón completa para adquirir as entradas en liña para o evento é a seguinte: https://www.giglon.com/evento/la-sirenita-tributo-musical-burela 

O evento repasará as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para desfrutar con toda a familia na época do Nadal. 

Ademais, a programación musical no...

leer más
13/12/2023

En Barreiros continúa o ciclo de teatro afeccionado coa representación de “Aire fresco” a cargo do grupo cervense Ardora Teatro.

Trátase dunha comedia apta para todos os públicos na que o seu autor, Francisco Piñeiro, trata de poñer o foco sobre os problemas comúns, que todos e todas temos na cotiandade, pero tenden a ser invisibilizados tras a crise provocada pola covid.

A representación terá lugar este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros con entrada de balde ata completar aforo.

O ciclo de teatro está enmarcado no circuíto de teatro afeccionado, que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.

Etiquetas:
11/12/2023

Pakolas presenta en Burela o seu concerto “Rockeando coa Ramona Pequena”.

O Concello de Burela acollerá este espectáculo de rock en galego para todas as idades na praza da Mariña. Será ás 18:00 deste sábado, 16 de decembro.