Teatro
O colexio Juan Rey de Lourenzá, a terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, acolleu hoxe a presentación da nova edición de Primavera das Letras, o espazo virtual que a Real Academia Galega dedica ao público infantil. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica responsable do proxecto, Fina Casalderrey, visitaron o centro acompañados de Eva Mejuto e Lucía Cobo. A escritora e ilustradora asinan As cousas de don Paco, unha obra teatral infantil, para ler e para que representen os nenos e nenas, na que o lapis Donlapis, o reloxo Baldomero, a cámara de fotos Leica, a máquina de escribir Oliva e a lupa Guadalupa de Francisco Fernández del Riego son os encargados de achegar os nenos e nenas á figura do protagonista do vindeiro 17 de maio.
Alén da obra teatral, a páxina...
leer másCulturactiva e “As alumnas” chegan o 11 de marzo ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Será ás 20:30 horas.
As Alumnas é un espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, e con Anabell Gago e Mónica Camaño no elenco. Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito...
leer másO espectáculo Tabú, da compañía lucense Tarabela Creativa, protagonizado por Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher, chega este domingo 5 de marzo a Ourol para conmemorar o Día da Muller. Será no Edificio Multiusos do concello a partir das 17.00 horas. A entrada será de balde.
"Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Un tendal para poñer ao clareo todas...
El alumnado de 4º de la ESO del Colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo, organiza una obra de teatro el 10 de marzo con el fin de recaudar fondos para la excursión de fin de curso.
Los protagonistas de la representación, que dará comienzo a las 20:30 horas, son los propios alumnos y alumnas. Comentan que la obra “removerá conciencias y despertará los sentidos más profundos”. Recrearán la verdadera historia que hay detrás del 8-M.
Las entradas al precio de 5 euros pueden adquirirse en PC Coste, Multitienda Teresa, Kids&Us, Librería Bahía, La Moda, Rasca y Pica, Hola Ola y en la secretaría del Colegio Sagrado Corazón, de Ribadeo.
Habrá un sorteo de un alojamiento en el hotel Mediante + un desayuno en El Portolés; y una cena en el Voar + cuatro entradas para la discoteca Rosalar.
... leer másA representación, destinada ao público familiar, dará comezo ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz.
A proposta musical “A música das buguinas” é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, iremos descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante. Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!
Ás 20:30 horas deste sábado, 25 de febreiro, dará comezo a representación de “Búho”, a cargo de Titzina. Será no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos sofre un ictus que lle provoca unha amnesia severa. Asistimos a unha procura interior pola súa memoria para recuperar os seus recordos, en definitiva, a súa identidade.
Co pregón que pronunciará o coñecido actor Carlos Blanco arrincará este venres, día 17, o Entroido 2023 en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Para acceder ao Teatro será preciso retirar entrada de balde desde unha hora antes do seu inicio.
O pregón desenvolverase no Teatro a partires das 19:30 horas. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, subliñou que “será preciso retirar entrada, 1 por persoa, para asistir a este acto. Será de balde, pero queremos controlar así o aforo do Teatro. Imos abrir as portas para a retirada das entradas e para acceder ao seu interior ás 18:30 horas. E pecharemos as portas ás 19:25 horas. A asistencia estará limitada á capacidade do Teatro”.
A edil ribadense dixo que “queremos deste xeito que o acceso ao pregón resulte o mais ordenado posible. A capacidade das butacas é a que é...
leer másO 10 Marzo ás 21:00 horas será representado na Casa da Cultura de Burela "Tabú", o novo espectáculo de Tarabela Creativa protagonizado por Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher.
Unha peza que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos nas comarcas do Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.
Trátase dunha actividade con entrada gratuíta organizada pola Delegación de Muller e...
leer másOs Pícaros de Lagoa representarán o 17 de febreiro na Casa da Cultura de Alfoz "Menciñeiro á forza".
O vIndeiro 17 de febreiro ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a interpretación da obra "Menciñeiro á forza" a cargo da Asociación grupo de teatro Os Pícaros de Lagoa.
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière "O enfermo imaxinario".
Fiesta Mágica, o musical dos grandes musicais, será representado na Casa da Cultura, de Burela, o 1 de Maio ás 18:00 horas.
Trátase dun divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas.
Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizá a súa amizade estea en perigo pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demáis lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led...
leer más