Burela
Este sábado, 18 de maio, a partir das 17 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, de Burela, haberá un obradoiro de baile tradicional e foliada aberta.
Iria Fernández Moscoso, integrante da asociación Fervenza, é a encargada de impartir o obradoiro, que servirá como primeiro achegamento para quen entra no baile por vez primeira e quere perderlle o medo ás foliadas.
A organización anuncia tamén que “despois da clase práctica celebrarase unha foliada aberta no local, no que estarán presentes algunhas das agrupacións musicais da bisbarra”.
Desde o centro social Xebra “convidan a todas as persoas que gosten da música de raíz a se achegar para desfrutar dunha velada chea de música, baile e petiscos”.
O auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra 'Ándale, Bon appétit!', a cargo de Teatro dos Ghazafelhos. O espectáculo terá lugar este sábado, día 18 de maio, ás 18:00 horas e a entrada terá un prezo de 3 euros. Poderanse comprar a partir das 17:30 horas do día da representación na propia Casa da Cultura.
O Concello de Burela explica que “a compañía escolleu México como escenario desta nova produción escrita por Pepablo Patiño, unha reposición da aclamada 'Bon appétit!', representada máis de 110 veces en toda Galicia. Nela tres divertidos chefs prepararán novos e deliciosos pratos que enderezarán con humor e acompañarán de personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Trátase dun espectáculo para público infantil e familiar, a partir de 6 anos, e é a produción número 29 da compañía naronesa desde o seu nacemento...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia convoca o concurso de carteis co gallo da celebración da XXXVIII Feira do Bonito, que se celebrará os días 3 e 4 de agosto de 2024 na zona portuaria de Burela.
Convócase o certame en dúas categorías: A, para concursantes ate 14 anos; e B, para maiores de 14 anos. Poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior, indicando no exterior a categoría na que concursan. O tema debe ter necesariamente relación co bonito e/ou co enxalzamento da feira. O encabezamento do traballo será XXXVIII FEIRA DO BONITO e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración: Burela 3 e 4 de agosto de 2024. A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático deben acompañarse dun exemplar...
leer másBurela acolle este martes, 14 de maio, unha xornada sobre deterioro cognitivo e perda da memoria. A sesión será a ás 19.00 no salón de conferencias (antiga biblioteca)
A charla estará a cargo do doutor José Ramón Martínez Calvo, especialista en xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
É unha actividade incluída no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia, promovido pola Deputación de Lugo.
O próximo sábado, 18 de maio, Burela acolle un rastrillo de segunda man de 10.00 a 18.00 horas na praza da Mariña.
Aquelas persoas que desexen participar, poden reservar un espazo no rastrillo ata o día 16 de maio no e-mail cultura@burela.org ou de xeito presencial no mostrador de información do Concello.
O rastrillo está organizado polo Concello e Burela.
A Coral Polifónica de Burela organiza o seu XXXII Festival das Letras Galegas, onde actuarán tamén a Coral Polifónica de Cariño e o Coro Parroquial de Landrove (Viveiro). Será este domingo, 12 de maio, ás 20:00 horas no auditorio municipal de Burela.
A organización anuncia que será “unha xornada de luxo no que a protagonista é a nosa fermosa lingua. Qué mellor maneira de agasallala que a traveso da música!”.
O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar as Letras Galegas 2024, cunha proposta de actividades que se estenderá durante unha semana.
“Entre as actividades, destaca o buzón de intercambios de lectura, que instalaremos no parque Rosalía de Castro, unha iniciativa que anima a compartir os nosos libros cos veciños e veciñas”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
Na tarde de onte, venres 10, celebrouse o primeiro evento do programa, cun concerto da Escola de Música no Hospital. Hoxe, sábado 11, actuarán as voces e arpas ‘Luvavai’ ás 20.00.
O domingo 12, o Auditorio Municipal de Burela recibe ás 20.00 o 32º Festival das Letras Galegas, coa actuación da Coral Parroquial de Landrove (Viveiro), a Coral Polifónica de Cariño e a Coral Polifónica de Burela.
... leer másO salón de conferencias do Concello de Burela acollerá o luns 13 de maio ás 18:00 horas unha actividade organizada por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol: a charla titulada 'Falemos de diabetes e hipertensión'.
Na conferencia, a cargo da enfermeira Paloma Rodríguez Oviedo, falarase de prevención e manexo destas enfermidades.
Nesta actividade colabora o Concello de Burela.
Burela acollerá entre os días 27 e 30 de xuño o segundo Campamento Musical ASUEMBU. Está orientado ás especialidades de corda fretada, piano e vento.
A asociación de usuarios da Escola de Música local (ASUEMBU) organiza por segunda vez esta iniciativa, que culminará nun gran concerto final na Casa da Cultura, coa colaboración do Concello. Está dirixida a maiores de 8 anos.
"Dende a área de Educación do Concello de Burela estamos encantados de colaborar con iniciativas deste tipo, sobre todo despois do éxito do pasado ano, que fai que se espere unha gran participación para este ano", sinala o concelleiro Mario Pillado.
"Os rapaces e rapazas, pequenos grandes músicos, desfrutarán das ensinanzas dos docentes, así como tamén dos concertos e das actividades organizadas dentro do propio...
leer másBurela acollerá unha actuación do grupo Lulavai este sábado, 11 de maio, na Casa da Cultura ás 20:00 horas. O concerto está enmarcado na conmemoración do Día das Letras Galegas no municipio.
A agrupación, formada por catro mulleres, amosará nesta actuación a súa combinación de voces e arpas célticas. O despacho de entradas abrirá ás 20:00 horas do propio día 11 e o prezo das mesmas será de 4 euros.
Ademais de temas dos seus anteriores traballos discográficos, Lulavai presentará novas cancións sobre as que están a traballar de cara ao lanzamento do seu próximo disco. Durante algo máis dunha hora de música, o público desfrutará tanto de temas baseados no repertorio tradicional galego como de composicións propias.
Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz coñecéronse en 2005...
leer más