Cervo

Etiquetas:
24/01/2024

O Concello de Cervo vén de subscribir un convenio de colaboración co Burela Fútbol Sala co obxectivo de promocionar as instalacións municipais e de fomentar a práctica deste deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade do municipio.

No sinatura participaron a rexedora, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, e o presidente do Burela FS, Manuel Blanco.

O documento contempla a visita dos membros do primeiro equipo do Burela FS masculino e feminino aos centros escolares do municipio, que participarán ao longo do curso, e sempre que os seus compromisos de competición llo permitan, en diferentes charlas e seminarios co fin de compartir cos nenos e nenas as súas experiencias como profesionais da elite neste deporte, e súa realidade diaria, fomentando tamén unha...

leer más
Etiquetas:
22/01/2024

A parroquia cervense de Rúa celebra as súas festas da Candelaria do 2 ao 4 de febreiro.

O venres 2 a partir das 12:30 horas haberá misa solemne acompañada polo Coro de Cervo e despois sesión vermú amenizada polo grupo La Bamba, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Marbella e o DJ Litainer .

O sábado empezarán as actividades ás 12:30 horas con misa solemne cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú co dúo La Hora Bruja e pola noite na verbena actuarán as orquestras Finisterre e Fania Blanco Show.

E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo Coro de Cervo e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix.

Estes festexos están organizados pola Comisión de Festas de Rúa coa colaboración da comunidade...

leer más
Etiquetas:
14/01/2024

A parroquia de Rúa, no municipio de Cervo, celebrará a súa primeira Festa dos Callos o venres 2 de febreiro a partir das 21:00 horas. Será nunha carpa climatizada.

Haberá callos, pan, bebida e café a un prezo de 15 euros por persoa. E verbena amenizada pola orquestra Marbella e o grupo La Bamba.

 

Etiquetas:
12/01/2024

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a comedia titulada “O Covid do Mariñán” no salón de actos do Concello cervense este sábado, 13 de xaneiro, ás 20:30 horas.

A entrada para asistir a esta actividade cultural do Concello de Cervo é libre.

04/01/2024

Os Reis Magos non faltarán á súa cita cos nenos e nenas do concello de Cervo a tarde do venres, 5 de xaneiro.

En San Ciprián a saída da Cabalgata está prevista para as 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga, con posterior recepción no auditorio da Casa da Cultura. Colaboran a ANPA do Ceip Península da Paz e a asociación Mulleres de San Ciprián. Tamén durante esa tarde de venres repartirase chocolate da man da Comisión de Festas de Lieiro, na carpa da Praza dos Campos.

En Cervo a saída da comitiva real está prevista para as 19:30 horas, desde as Escolas Vellas, e a recepción será na carpa instalada na Praza do Souto, onde tamén haberá un Belén Vivente, da man da asociación Airiños do Xunco.
 

Etiquetas:
30/12/2023

Cervo daralle a benvida ao 2024 cunha festa na Praza dos Campos, en San Ciprián. Na carpa alí instalada haberá animación musical a partir das 01:30 horas a cargo de Alma Latina e DJ Medusa.

Etiquetas:
25/12/2023

As nenas e os nenos poderán gozar dos inchables e da ludoteca en San Ciprián desde o  martes ata o xoves en horario de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. 

As actividades enmárcanse na programación de Nadal organizada polo Concello de Cervo. 
Ademais este martes, día 26, Tarabelos presentará o espectáculo de monicreques “O novo traxe do rei”. Será ás 19:30 horas na Praza do Souto en Cervo. Colabora con esta cita a asociación Airiños do Xunco. 

 

Etiquetas:
15/12/2023

O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda chea de eventos e actividades para todo tipo de públicos en colaboración con diferentes asociacións do municipio.

A programación de Nadal arrincará este mesmo sábado 16 de decembro co Mercado de Nadal que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, da man de A Morena e o Concello de Cervo, en horario de 11:00 a 20:00 horas e estará amenizado por Fol do Raxal e Zé Pequeño; no que haberá moitas sorpresas. Ademais, será o escenario no que se entregarán os premios do certame de postais celebrado polo Concello de Cervo, cun agasallo para cada un dos máis de trinta pequenos/as que participaron.

O 21 de decembro o mesmísimo Papá Noel estará de visita nos dous colexios e na Escola Infantil.

O venres, 22 de decembro, haberá un concerto...

leer más
Etiquetas:
14/12/2023

Cervo terá un Mercado de Nadal este sábado, 16 de decembro, de 11:00 a 20:00 horas.

Celebrarase na carpa instalada na Praza do Souto e estará amenizado pola música de Fol do Raxal e Zé Pequeno.

É a primeira cita deste Nadal no municipio de Cervo e está organizada polo Concello coa colaboración de Marmeladas A Morena.

Etiquetas:
08/12/2023

O Concello de Cervo convoca o certame de poesía infantil Nadal 2023. Cada autor cada autor/a pode presentar os traballos que desexe, que deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada un acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a. Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 16 anos. Poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o día 18 de decembro.

O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2024 e os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.