Cervo
O Concello de Cervo organiza unha charla sobre a xestión emocional da enfermidade o día 11 de febreiro, martes. Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián.
O Concello de Cervo anuncia: “o próximo martes, día 11 de febreiro, temos programado un novo faladoiro de Charlando, dentro do programa Arruguiñas, aberto á poboación en xeral, no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión emocional da enfermidade. Será impartido pola coach de Saúde Emocional e Facilitadora en procesos de duelo e perda, Susana Vázquez Fernández.
Este xoves, día 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando, ruta de tapas que promove a hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais. Así na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e Bar Maruxaina.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa, que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros. Os clientes dos xoves terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
O Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 8 de febreiro, hai novo Guateque de Arruguiñas. Será no Local Social da Senra ás 20:00 horas e actuará a cantante Verónica Cambón.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar na proposta culinaria da hostalería de Cervo e Sargadelos que volve esta semana baixo o título Ruta Venres de Petiscos, coa participación do Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultura A Sacabeira.
A nova edición foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a concelleira, Mali Méndez, e polos representantes dos establecementos participantes.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes:
* Caseto de Copa, Spaguitti “frutti di mare”
* Pousada O Almacén, Hutspot
* A Taberna de...
O martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e o Concello de Cervo, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convida a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título A alimentación como factor protector fronte ao cancro, que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.
Será ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar, en San Ciprián. A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
Esta actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira, Mali Méndez; e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, no local da asociación.
Este sábado, día 25 de xaneiro, o Concello de Cervo celebrará un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 21:00 horas no local social de Lieiro, coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro, e contará coa actuación do dúo Dilema.
O Concello de Cervo anuncia que esta actividade é gratuíta está aberta a todo o público.
O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller. As interesadas en participar poden anotarse desde este mércores e ata o día 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar e a entrega de premios será na cea con motivo do Día da Muller.
A parroquia de Rúa, no concello de Cervo, celebrará as festas da Candelaria a fin de semana do venres 31 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polos membros da Comisión de Festas, Kevin e Roberto Balseiro, e por Míriam Villarquide, en representación da SD Candelaria, que celebrará o venres 31 a II Festa dos Callos, que precederá ás actuacións da París de Noia, a Orquestra La Tremenda e a Discomóbil Conxuro. Os tíckets, por un prezo de 12 euros por persoa, xa se poden adquirir en diferentes establecementos hostaleiros de toda A Mariña. O evento gastronómico está previsto para as 21:00 horas, e celebrarase nunha carpa pechada e climatizada, adaptada a posibles contratempos meteorolóxicos.
A festa continuará o sábado, 1 de febreiro, cunha misa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, día 18 de xaneiro, celebrarase o primeiro Guateque de Arruguiñas do ano 2025. Será na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 20:00 horas e estará amenizado polo dúo Caramelo.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Concello de Cervo organiza unha viaxe para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago o día 17 de xaneiro, venres. Esta actividade forma parte da iniciativa Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.
O autobús sairá da Casa do Mar de San Ciprián ás 14:00 horas, a función será ás 18:00 e a hora prevista para a saída desde Santiago é ás 20:00. O prezo da entrada é de 5 euros.
O Concello de Cervo anuncia: “lembrade que tedes que anotarvos para ir e podedes facelo chamando á Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”.