Cervo

23/09/2025

O Concello de Cervo anuncia que o peche do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco chega este venres, día 26 de setembro, ás 22:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

“Durante todos os venres de setembro gozamos dun festival itinerante que levou contos e historias a diferentes parroquias e locais sociais de Cervo, grazas á colaboración das asociacións veciñais e á proposta orixinal de Tarabela Creativa. Agora chega o momento da gran gala final con Carmen Conde (Embaixadora do Río Cobo), Caxoto (Embaixador do Río Xunco) e as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, regueifando cada unha en representación dun río. O público decidirá co seu aplauso que río gañará esta viaxe de narracións e tradición oral. O noso agradecemento a todas as persoas e colectivos que fixeron posible este mes cheo de cultura, memoria e...

leer más
21/09/2025

A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, celebrará o seu 50 aniversario cunha cea baile que será o 25 de outubro, sábado, desde as 22:30 horas.

“Se pasaches por Airiños do Xunco, se segues sendo membro a día de hoxe ou se simplemente desfrutaches da vida cultural do pobo agora si que si: a gran celebración do 50 aniversario! Cunha cea baile no Almacén amenizada por DJ Conxuro poñeremos o broche de ouro todos xuntos a este ano tan especial”, anuncia o colectivo cultural cervense.

Os tickets están á venda na Pousada O Almacén ata o día 19 de outubro.

17/09/2025

O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noite deste venres, día 19 de setembro, coa sesión para público adulto a cargo de Soledad Felloza. Será na sala de exposicións das Carboeiras, en Sargadelos (Cervo) ás 22:00 horas.

“Unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”, anuncia o Concello de Cervo, que para esta actividade conta aoa colaboración de Tarabela Creativa e da Asociación de Veciños de San Román de Vilaestrofe.

Etiquetas:
17/09/2025

Este venres, día 19 de setembro, segue o Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco no municipio de Cervo. Haberá sesión regato (para público infantil) contada por Marta Ortiz no Local Social da Senra ás 17:00 horas.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a asociación Cultural e Recreativa O Raxal.

Etiquetas:
14/09/2025

Trasbar, no municipio de Cervo, estará de festa os días 16, 19, 20 e 21 de setembro.

O martes 16 ás 12:00 horas celebrarase misa solemne na honra a Santa Eufemia.

O venres 19 desde as 22:30 horas actuará a discoteca móbil Conxuro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión na honra a Santa Eufemia. Despois haberá sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena xunto á discoteca móbil Conxuro.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión na honra á Virxe do Carme e San Antonio. Despois haberá sesión vermú co dúo Son de festa. E ás 20:00 horas terá lugar unha misa solemne na Capela de Arriba.

Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, coa...

leer más
10/09/2025

O Concello de Cervo anuncia que este xoves 11 de setembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar a primeira das charlas de formación en corresponsabilidade, titulada Corresponsabilidade na comunicación afectiva funcional. As seguintes charlas deste ciclo serán os días 18, 23 e 25 de setembro.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Corresponsables 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove os plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados, con especial incidencia na participación de homes e familias.

“Un espazo de encontro e aprendizaxe para avanzar cara unha sociedade máis igualitaria e corresponsable”, destaca o Concello de Cervo.

10/09/2025

O Concello de Cervo vén de presentar unha nova edición do programa de ocio e tempo libre Brincos de Lecer coa Ra Ramira, dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do municipio. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo do curso 2025-2026 na Casa da Cultura de San Ciprián, inclúe “unha ampla oferta de obradoiros lúdicos e educativos, pensados para estimular a creatividade, a aprendizaxe e a convivencia dos máis novos. A gran novidade deste curso será o obradoiro Playing in English, unha actividade destinada a mellorar o idioma inglés a través do xogo, en colaboración coa English School de San Ciprián. Está dirixido a alumnado de Infantil, Primaria e 1º e 2º de ESO, con grupos e horarios adaptados a cada nivel”.

Ademais o Concello de Cervo anuncia que se manterán as actividades que “xa tiveron moi...

leer más
10/09/2025

O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noitiña do venres, día 12 de setembro, cunha sesión para público adulto. Será no Local Social de Lieiro ás 20:00 horas da man de Paula Carballeira.

O Concello de Cervo anuncia que será “unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro.

Etiquetas:
09/09/2025

O Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan o VI Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga entre o 23 e o 28 de setembro, ambos incluídos.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e por Fran García e Susana Moreno, en representación do Club Deportivo.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de setembro a través da plataforma  www.mistorneosonline.es ou do teléfono 639054015.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 20 euros nunha categoría e de 28 euros en...

leer más
Etiquetas:
09/09/2025

Este próximo venres, día 12 de setembro, segue o Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, no concello de Cervo. Haberá unha sesión regato, para público infantil, nas Escolas Vellas de Rúa ás 17:00 horas a cargo de Brais das Hortas.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.