Cervo

13/03/2026

O Concello de Cervo anuncia que San Ciprián acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, “unha edición moi especial ao tratarse dun número redondo que celebra xa unha década deste encontro de música e cultura tradicional, que encherá de ambiente festivo a vila cun programa completo pensado para todos os públicos. A cita desenvolverase ao longo de toda a xornada e arrincará ás 12:00 horas cos Cantos de Taberna polos diferentes locais hostaleiros da vila. Ao mesmo tempo, entre as 12:00 e as 14:00 horas, haberá un obradoiro de cerámica. Ás 15:00 horas celebrarase o tradicional xantar popular, un dos momentos máis agardados da xornada para compartir mesa e festa. Pola tarde continuará a programación con máis actividades: de 16:30 a 18:30 horas, novo obradoiro de cerámica; ás 18:00 horas, obradoiro de iniciación ao baile tradicional a cargo de Iago de Vicente....

leer más
11/03/2026

O club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza a IV Gran Festa das Xeracións, “unha iniciativa pensada para reunir persoas de distintas idades nunha xornada de convivencia e celebración interxeracional”. O evento celebrarase o sábado 4 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián. A programación comezará cunha sesión vermú ás 14:00 horas e continuará co xantar ás 15:00 horas.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, xunto con varios membros do club organizador, que destacaron “o carácter aberto e participativo desta proposta, pensada para fomentar os reencontros e fortalecer os lazos entre xeracións”.

O Concello de Cervo explica que “a festa manterá o formato que caracterizou as anteriores edicións, cun xantar no que os...

leer más
Etiquetas:
09/03/2026

O municipio de Cervo será sede do I Campus de Semana Santa de Natación Artística, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Natación, en colaboración coa administración local, dirixida a nenos e nenas nados entre 2011 e 2015 que estean federados nesta disciplina.

O Concello de Cervo explica que “o campus desenvolverase do 28 de marzo ao 1 de abril na Piscina Municipal de Lieiro e contará coa dirección técnica de Sandra Montes, ademais da participación de adestradores de alto nivel”.

Na presentación do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, David Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e persoal municipal da instalación.

A alcaldesa destacou: “para nós é unha satisfacción que Cervo sexa...

leer más
Etiquetas:
03/03/2026

A hostalaría de Cervo, en colaboración co Concello, pon en marcha unha nova edición dos Petiscos, unha iniciativa gastronómica que regresa este venres, día 6 de marzo, coa participación do Caseto de Copa e da Pousada O Almacén, co obxectivo de dinamizar a hostalaría local e fomentar o consumo nos establecementos do municipio.

A nova edición foi presentada na Casa do Concello coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramén, e de Elsa Fernández e Tomás Mariño, en representación dos locais participantes.

O Concello de Cervo anuncia que “como principal novidade desta tempada, ademais da tapa habitual, cada venres ofrecerase tamén unha pulga, ampliando así a proposta gastronómica. A iniciativa desenvolverase ao longo da tempada e, como incentivo á participación, ao remate da ruta sortearase un lote de viño e un xamón...

leer más
02/03/2026

O III Festival do Guioncho celebrarase o mércores 1 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, “consolidándose como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local”, anuncia o Concello de Cervo.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, pola concelleira Mali Méndez e por membros da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, organización encargada do evento, que “contará cun cartel de primeiro nivel encabezado por El Combo Dominicano, a xira WAYKAS Survivor Tour da Orquestra Waykas, e DJ Pablo Conxuro, que será o encargado de pechar a noite. A entrada anticipada terá un prezo de 10 euros, mentres que en taquilla será de 12 euros. As entradas poderán adquirirse nos locais comerciais habituais ou o propio día do evento.
A apertura de portas está prevista para as 22:30 horas. O festival...

leer más
26/02/2026

A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.

Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

 

26/02/2026

A XXXIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 7 de marzo, en San Ciprián.

O Concello de Cervo anuncia que “para ese día están programadas diferentes actividades nas que o equinoderno será o eixo central, como homenaxe á tradición gastronómica local e á estreita relación da vila co mar. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o concelleiro Adrián Arias, a edil Mali Méndez, e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego. O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking que poderá ser seguido en directo polo público asistente, que a continuación degustará as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa...

leer más
Etiquetas:
25/02/2026

O Concello de Cervo anuncia que o dúo Eclipse porá a música para unha tarde noite “chea de ritmo, baile e bo ambiente” no novo Guateque de Arruguiñas. Será este sábado, día 28 de febreiro, desde as 19:30 horas na Casa do Mar, de San Ciprián.

Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración tamén da Asociación de Xubilados Terramar.

25/02/2026

O Concello de Cervo achegará a música ás crianzas desde as idades máis temperás dentro da nova actividade Brincos Musicais, dentro do programa infantil Brincos de Lecer. O inicio do programa está previsto para o mércores 4 de marzo. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou esta actividade, que “aposta pola estimulación e a formación musical desde as primeiras idades”, nun acto no que tamén participou a musicoterapeuta María Fuente García, encargada de impartir as sesións.

A iniciativa desenvolverase os mércores na Casa do Mar e está estruturada en dous grupos diferenciados por idades. De 16.00 a 17.00 horas terá lugar o obradoiro de Iniciación Musical, dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que de 17....

leer más
23/02/2026

O Concello de Cervo convoca o concurso titulado Versos de Rosalía, certame para que o prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 3 de marzo.

“O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro convidándovos a participar no noso concurso creativo.  Envíanos dous versos de Rosalía de Castro que che gusten especialmente. Valorarase que a proposta se presente dunha forma orixinal e creativa. Podes participar a través de: fotografía, texto, debuxo, vídeo ou audio”, anuncia o Concello de Cervo, que tamén explica que a data límite para presentar os traballos é o día 3 de marzo ás 12:00 horas. Poden enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou do WhatsApp 683.31.59.39.

Hai dúas categorías: xuvenil (16 anos...

leer más