Cervo

03/02/2026

O Concello de Cervo pon en valor a iniciativa Corremos xuntos, chegamos xuntos, unha xornada deportiva e de convivencia organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz, e que conta coa colaboración do Concello, coa que se pretende promover valores como a inclusión, a solidariedade e o respecto a través do deporte. A actividade, inicialmente prevista para o pasado 30 de xaneiro, cando se conmemora o día propiamente dito, tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas adversas e celebrarase finalmente este mércores, 4 de febreiro, nas pistas de atletismo municipais.

A iniciativa foi presentada nun acto no que participou a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e representantes do CEIP Península da Paz, centro organizador do evento, así como representantes dos...

leer más
Etiquetas:
29/01/2026

O concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía o sábado 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

O evento foi presentado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por unha representación das palilleiras de San Ciprián, na Casa do Mar, no local que empregan habitualmente para desenvolver a súa actividade.

O Concello de Cervo explica que “con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada as persoas asistentes poderán...

leer más
27/01/2026

A parroquia de Rúa acollerá desde este venres, 30 de xaneiro, ao luns 2 de febreiro unha nova edición das tradicionais festas da Candelaria, a primeira celebración patronal do ano no municipio, anuncia o Concello de Cervo.

A programación foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro Adrián Arias; xunto con membros da Comisión de Festas e da SD Candelaria, entidade encargada da organización da Festa dos Callos.

Os festexos arrincarán o venres 30 de xaneiro coa celebración da III Festa dos Callos, que dará comezo ás 21:00 horas. A partir das 22:30 horas terá lugar unha gran verbena coa actuación de Los Satélites, seguida da Disco Móbil Conxuro, que se encargará de prolongar a festa. O prezo é de 12 euros, e os tickets están dispoñibles en diferentes establecementos hostaleiros da...

leer más
Etiquetas:
25/01/2026

O Concello de Cervo programa un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

O prazo para anotarse estará aberto os días 26 e 27 de xaneiro, luns e martes, e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”, anuncia o Concello de Cervo.

As competicións comezarán o mércores 28 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar ás 12:00 horas, cando está prevista a reunión, e prolongaranse ata principios do mes de marzo. Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse no xantar do Día da Muller, o 8 de marzo.

23/01/2026

A piscina municipal de Cervo será o escenario esta fin de semana, días 24 e 25 de xaneiro, da Copa Galega absoluta de Wáter-polo masculina e feminina, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva, organizada pola Federación Galega de Natación (FEGAN) coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cervo.

O evento foi presentado oficialmente nun acto no que participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, que puxeron en valor “a relevancia dunha competición deste nivel para o municipio e para o conxunto do deporte galego”.

Durante a presentación, a alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “para Cervo é unha satisfacción poder acoller un evento deportivo autonómico desta categoría, que amosa a capacidade das...

leer más
Etiquetas:
23/01/2026

O Concello de Cervo anuncia que “quenta motores para celebrar o Entroido cun programa diverso, participativo e pensado para todos os públicos, que terá como grandes protagonistas os tres desfiles que se celebrarán en Cervo, San Ciprián e San Román de Vilaestrofe. Tres escenarios, e un mesmo espírito festivo para converter o Entroido nun dos momentos máis agardados do calendario local”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación que “o Entroido é unha das festas máis queridas pola veciñanza, unha cita que mestura tradición, creatividade e convivencia, e que cada ano demostra a enorme implicación do tecido asociativo do noso concello”.

A rexedora agradeceu especialmente “o traballo imprescindible das asociacións culturais e veciñais, en concreto de Airiños do Xunco e As...

leer más
20/01/2026

O municipio de Cervo acollerá este domingo 25 de xaneiro o Campionato de Aninovo de Nihon Tai-jitsu.

 

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo concelleiro Adrián Arias; e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

O Concello de Cervo anuncia: “estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual e expresión técnica por parellas”.

Desde o Concello de Cervo convidan aos veciños e visitantes “a desfrutar desta actividade que abre o calendario de competicións das artes marciais este 2026 e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva”.

06/01/2026

O Concello de Cervo anuncia que a actividade prevista para pechar a programación deste Nadal terá lugar na Praza dos Campos, de San Ciprián, este mércores, 7 de xaneiro: “alfombras de baile, para pasar un anaco ben divertido!”.

Será de 11:00 a 14:00 e de 16: 00 a 19:00 horas.

04/01/2026

O luns 5 de xaneiro haberá cabalgatas dos Reis Magos en San Ciprián e Cervo.

O Concello de Cervo anuncia que ás 18:00 horas comezará o percorrido por San Ciprián e haberá recepción na carpa da Praza dos Campos, coa actuación do Grupo Folclórico Mistura de Lieiro. Ademais repartiranse chocolate con biscoito e bocadillos de salchicha na Praza dos Campos da man da comisión de Festas da Santa Isabel de Lieiro. Esta cabalgata de Reis conta coa colaboración da Asociación Mulleres de San Ciprián e a ANPA Península da Paz.

E ás 19:30 horas comezarán o percorrido por Cervo e haberá recepción na Praza do Souto. Os Reis Magos e tamén as crianzas lerán as cartas cos seus desexos e actuará o grupo Milicrocas, as pequeñas cantareiras de Airiños Xunco, asociación que organiza esta cabalgata.

03/01/2026

O grupo musical Los Alcántara actuará este domingo, día 4 de xaneiro, en Cervo. Será ás 20:30 horas na Praza do Souto.

“Los Alcántara chegan a Cervo cun concerto para todos os públicos, cheo de ritmo e bo ambiente. Unha cita perfecta para gozar en familia e con amizades”, anuncia o Concello de Cervo.

É unha actividade incluída no programa de Nadal do Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Cultural Airiños do Xunco.