Música

Etiquetas:
29/12/2017

Dobre cita musical en Burela. Esta noite ás 21 horas na Casa da Cultura haberá concerto de Zoelas. O evento está organizado polo Concello. A entrada é de balde. 

Zoelas é un grupo musical de recente creación que nace na Comarca da Ulloa. O xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribo prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao grupo de inspiración para moitas das súas composicións. 

Partindo do seu contacto coa música tradicional, Bea García, Érica García, Carmela Mariño, Pilar Navego, María Bouzas e Patricia Coucheiro deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a Zoelas, proxecto no que mesturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras...

leer más
Etiquetas:
20/12/2017

O espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense. 

Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.

En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda). 

 

Etiquetas:
20/12/2017

O Concello de Lourenzá organiza a visita de Papá Noel e un concerto de Nadal para este fin de semana.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o venres 22 ás 18:00 horas chegará Papá Noel á carpa instalada polo Concello na praza Conde Santo, de Lourenzá. Previamente visitará o Punto de Atención á Infancia (PAI) e o centro de día para maiores. A parte musical correrá a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez”.

Arango engadiu que “o sábado 23 a partir das 20:00 horas terá lugar na igrexa de Vilanova o Concerto de Nadal a cargo da agrupación Amor Fino. Este grupo é unha confraternidade de músicos profesionais formados academicamente nos mellores conservatorios de Rusia, unidos polo amor á música e á xente. No seu repertorio aparecen obras de clásicos como Häendel, Chopin ou Schubert e pezas...

leer más
Etiquetas:
20/12/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo anunciou hoxe que “coas datas do Nadal chega o típico concerto Aquí como en Viena, da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano terá lugar o sábado 30 de decembro, ás nove da noite no Teatro”.
David Ballester comenta que “é un concerto especial tanto polas datas nas que nos atopamos, xa que imos poder aproveitar todos estes músicos que temos traballando ou estudando fóra de Ribadeo co cal a plantilla...

leer más
Etiquetas:
18/12/2017

O vindeiro sábado, 23 de decembro, terá lugar en Burela a Gala Solidaria Eu Son Burela, en beneficio da Fundación Eu Son. No auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:30 horas actuará a Eu Son Band acompañada por diversos artistas de Burela como Arume, Banda de Gaitas Dambara, Batuko Tabanka, Mario Arranz, Antón Crego, Álvaro Crego, Isma da Silva, Alberto Eiroá, Hugo Eiroá, Big Boyce e Xaco Salgado.

O prezo da entrada é de 2 euros. Desde a Concellería de Cultura, José Díaz, explica que “apoyamos desde el Concello esta Gala Solidaria, porque nos parece una muy buena iniciativa. Nosotros nos encargamos de la parte técnica y del espacio físico para que el evento se lleve a cabo”.

O edil burelés convida “a asistir a esta cita el próximo sábado, 23 de diciembre, en el auditorio de la Casa de la Cultura a partir de...

leer más
Etiquetas:
13/12/2017

O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro. 

O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.

 

10/12/2017

Los días 15 y 16 de diciembre tendrá lugar en A Pontenova el XI Festival As Minas. El evento fue presentado por el presidente de la ACD As Minas, Luis Miguel Rivas, y por el alcalde de A Pontenova y presidente de la Diputación de Lugo, Darío Campos. 

El viernes habrá Ruta Barítima por los bares del pueblo donde se ruega acudir caracterizado de minero. Esta ruta estará amenizada por Cantos de Taberna con la participación de 3 grupos: Eco das Minas (A Pontenova), A Foliada de Bosende (Lugo) y Os Atrevidos (Vegadeo).

Al final de la noche se sorteará en el Bar Roni una cesta de Navidad con productos típicos de la zona y merchandasing de la A.C.D. As Minas entre todos aquellos participantes que completen parte de la ruta.

Ya el sábado por la noche a partir de las 21:30 horas gran churrascada...

leer más
06/12/2017

Desde la organización del Resurrection Fest informan que las entradas para el día de Scorpions (viernes 13 de julio) y el día de KISS (sábado 14 de julio) en el Resurrection Fest Estrella Galicia ya están a la venta. Dos conciertos muy especiales para todos los fans que hace años que deseaban verlos por aquí. 

Sólo habrá 3000 entradas en total y sólo se pueden comprar en la página web www.resurrectionfest.es. Además de ellos, tocarán otras 30 bandas y hay disponibles abonos para los 3 días por si preferís disfrutar de la experiencia Resurrection Fest al completo. "Os esperamos en Viveiro, Lugo, Galicia", añaden. 

Etiquetas:
01/12/2017

Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa VII edición o VENRES, 22 DE DECEMBRO.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o na Web do Concello. Tamén  podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente...

leer más
Etiquetas:
24/11/2017

O 9 de decembro celebrarase en Ribadeo o Magosto Foliadeiro a partir das 18:00 horas.

Os actos, que terán lugar no Parque de San Francisco, consistirán nun magosto, e ás 20:00 horas dará comezo unha foliada aberta na que actuarán O Son do Sor de O Barqueiro, Airiños do Xunco de Cervo, Catro Canos de Ribadeo e Amigos da Gaita tamén de Ribadeo.

A festa está organizada por Amigos da Gaita Galega coa colaboración do Concello de Ribadeo.