Obradoiro
Con motivo das celebracións do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros acollerá o xoves 14 de maio, en horario de 18:00 a 19:30 horas, a actividade titulada Obradoiro de gravado con Begoña Caamaño, unha proposta organizada polo Concello de Barreiros e incluída no programa Ler conta moito.
O Concello de Barreiros explica que “a través da arte do estampado con linóleo, a cativada participante mergullarase na obra de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, dándolle cor e forma desde a súa propia creatividade. Cada neno e nena poderá facer a súa propia interpretación empregando esta técnica artística, explorando libremente a súa imaxinación nunha actividade creativa e participativa. O obradoiro está dirixido á cativada de 5 a 10 anos”.
As...
leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, será escenario este sábado, día 25 de abril, ás 19.30 horas da estrea da curtametraxe realizada polas persoas maiores que participaron no obradoiro de cinema impartido por Manolo Gómez. A iniciativa “permitiu achegar o audiovisual á veciñanza desde unha perspectiva participativa, creativa e interxeracional”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “a proxección servirá para dar a coñecer o resultado final dun traballo desenvolvido no marco do obradoiro, no que os participantes tiveron a oportunidade de achegarse ao proceso de creación cinematográfica, coñecer ferramentas do ámbito audiovisual e implicarse activamente na elaboración da peza”.
A entrada será gratuíta ata completar o aforo, pero os interesados deberán reservar a localidade ou ben no número de teléfono 982.560.162 ou ben no propio teatro. A...
leer másDende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, poñen en marcha un Obradoiro de Solo Pélvico, “dirixido a mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos da muller, así como a previr enfermidades propias do colectivo feminino”. Será no Edificio Multiusos do Concello de Ourol o xoves 23 de abril ás 16:30 horas.
Para participar hai que inscribirse, o que pode facerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, chamando aos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48. 94.57 ou a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns:...
leer másO Concello de Xove organiza un obradoiro gratuíto para nenos e nenas maiores de 6 anos. Será este sábado, día 11 de abril, ás 17 horas na Casa do Director.
As prazas son limitadas e para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do teléfono 691.235.185 (Olalla).
A organización desta actividade explica: “si tu peque tiene más de 6 años, este taller es para él/ella. A través del juego, el movimiento y la respiración, aprenderán a relajarse, concentrarse mejor, conectar con su cuerpo y expresar sus emociones. Un espacio divertido, tranquilo y lleno de buena energía”.
O día 7 de abril, martes, haberá un obradoiro de estimulación cognitiva para persoas maiores de 65 anos en Lourenzá. Será no Centro de Día ás 10:30 horas.
A organización desta actividade explica: “dirixido a persoas maiores de 65 anos, este obradoiro busca favorecer o mantemento da memoria, a atención e outras capacidades cognitivas”.
Será en grupos reducidos. As prazas son limitadas e para inscrición previa e máis información as persoas interesadas poden contactar a través dos teléfonos 982.10.64.66 ou 672.08.35.18.
A Casa do Director, en Xove, acollerá un obradoiro de ioga para adolescentes este sábado, día 28 de marzo, ás 17:30 horas. É gratuíto, pero as prazas son limitadas e hai que inscribirse previamente.
A organización desta actividade anuncia: “¿Tienes entre 12 y 17 años y quieres desconectar del estrés, conocerte mejor y sentirte más en calma? Te invitamos a un taller de yoga pensado especialmente para ti, donde combinaremos movimiento, respiración y relajación en un ambiente cercano y divertido. Beneficios: reduce el estrés y la ansiedad, mejora la concentración, aumenta la autoestima y conecta contigo mism@. No necesitas experiencia previa, solo ganas de probar algo nuevo. Reserva tu plaza por mensaje directo o a través del teléfono 691.235.185”.
A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, organiza un obradoiro de estimulación cognitiva dirixido a persoas maiores de 65 anos, co obxectivo de fomentar o benestar e manter activas as capacidades mentais. Celebrarase este xoves, día 12 de marzo, ás 10:30 horas no Centro de Día de Lourenzá (Carretera Recemil s/n).
A actividade contará con grupos reducidos e prazas limitadas. É necesaria inscrición previa chamando aos teléfonos 982.106.466 ou 672.083.518.
A Aula CeMIT de Viveiro, que está nos Claustros de San Francisco, acollerá un obradoiro sobre ciberseguridade o día 10 de febreiro, martes, de 10:00 a 12:00 horas.
O Concello de Viveiro convida a participar “neste obradoiro práctico no que aprenderás a protexer a túa empresa no mundo dixital: identificar riscos, recoñecer correos fraudulentos e manter seguras as túas credenciais e dispositivos. Dirixido a pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en mellorar a súa seguridade dixital”.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un obradoiro de felpudos de Nadal o día 27 de decembro, sábado. Será ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Trabada, para participar hai inscribirse e o prazo remata o 22 de decembro.
“¿Queres pintar o teu propio felpudo navideño e pasar un anaquiño agradable? Isto é o que buscas. O 27 de decembro esperámosvos na Casa da Cultura de Trabada ás 5 da tarde”, anuncia a asociación O Picato.
Alfoz acollerá un obradoiro de micoloxía este sábado, día 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas.
“Se che apaixona o mundo dos cogomelos, non perdas esta oportunidade!
No concello de Alfoz e con saída ao campo para aprender a identificar e estudar cogomelos no seu hábitat natural”, anuncia o Concello de Alfoz.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse a través do teléfono 982.57.12.70 de 15:00 a 20:30 horas.












