Eventos

Etiquetas:
04/01/2024

Desde o Concello de Xove explican que “a Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha festa infantil no pavillón cunha discoteca móbil. e despois,….. a esperar os Reis”.

... leer más
Etiquetas:
03/01/2024

Aínda sen finalizar unha programación de Nadal chea de eventos en Foz (este venres chega a gran cabalgata dos Reis Magos e o domingo Os Bolechas), o Concello de Foz prepárase para un Entroido que celebrará o seu primeiro ano como festa de interese turístico. A comisión de festas O Noso Foz e o Concello de Foz preparan os próximos eventos do mes de xaneiro e febreiro. A primeira data do calendario é o 27 de xaneiro, no que se coroará a raíña elixida no mes de outubro, Carlota Fernández del Riego.

O Entroido de Foz virá con novidades: a primeira delas a nova situación da carpa para a celebración das actividades, que será colocada na rúa Atalaia (As Torres) grazas á colaboración de varios veciños de Foz. O alcalde, Fran Cajoto, agradece “o xesto de colaboración desinteresada dos veciños, que non puxeron inconveniente ningún para que o...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

A programación especial comeza a partir das 19:00 horas coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Ledicia. A continuación, a partir das 20:00 horas chega a cita máis doce do Nadal, a Rosconada e Chocolatada que terán agachados 70 premios que son: 5 patinetes, 10 balóns de fútbol, 12 balóns de fútbol sala, 10 balóns de baloncesto, 1 tablet, 2 kits gaming, 1 silla gamer, 10 botellas de aceite, 2 bufandas, 1 Nintendo Switch, 6 mini batidoras e 10 cascos. Ademais, haberá roscón sen gluten e chocolate sen lactosa para que ninguén se perda esta cita. Os tíckets para degustar esta Rosconada e Chocolatada estarán á venda a partir das 18:00h, o prezo será de 2 euros por ración. 

Dende Acia Burela queren amosar o seu profundo agradecemento a Distribuciones Carreira pola doazón do chocolate, e facer unha especial mención á...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

O Concello de Xove vai celebrar mañá, 4 de xaneiro, o día da infancia con inchables durante todo o día na piscina municipal e no pavillón de deportes.
 
INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. Haberá un número máximo de 30 persoas por quenda, e poderase entrar ata 20 minutos despois de comezado o turno,  sempre que haxa sitio.

MAÑÁN: (Nen@s e rapaces-zas).
De 10:30 h: de 5 a 8 anos.
De 11:30 h: de 9 a 11 anos.
De 12:30 h: de 12 a 15 anos
TARDE: (Nen@s e rapaces-zas).
De 16:30h. a 17:30h: de 12 a 15 anos.
De 17:30h. a 18:30h: de 9 a 11 anos.
De 18:30h. a 19:30h: de 5 a 8 anos
 
INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. Aquí non hai límites de persoas.
As actividades van comezar ás 15:30 horas.  De 15:30 a 16:00 h. van poder entrar nenos e nenas con necesidades especiais....

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

A cabalgata dos Reis Magos en Lourenzá, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, sairá ás 16:30 horas desde o recinto feiral de Vilanova para percorrer todas as parroquias do municipio. E ás 19:00 horas os Magos de Oriente recibirán aos nen@s nos baixos da Casa do Concello.

Está organizada polo Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
03/01/2024

O Concello de Ourol organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será os días 8 e 10 de xaneiro, luns e mércores, de 16 a 20 horas no Edificio Multiusos.

A organización explica que é unha actividade “enmarcada no acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Galega de Municipios e Provincias. Trátase dun curso dirixido a mulleres cunha condición física normal e consistirá nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación de cara a diversas situacións de violencia de xénero. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.

Para anotarse as interesadas poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e...

leer más
03/01/2024

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros desde as 10 da mañá acompañados de panxoliñas a cargo do alumnado de Sinfónico no Rural e repartirán agasallos.

Melchor, Gaspar e Baltasar viaxarán miles de quilómetros para achegarse a distintos lugares de Barreiros (Reinante, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira, Cabarcos, Vilamar e San Xusto) antes de facer o seu percorrido en coche de época polos barrios de San Cosme, previo á recepción, que terá lugar ás 20:00 horas no centro sociocultural.

03/01/2024

A cabalgata dos Reis Magos en Mondoñedo, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, organizada polo Concello, inclúe un percorrido polas rúas da cidade e visitas ás parroquias e ao Hospital San Pablo e San Rafael.

Ás 10:00 horas as súas Maxestades de Oriente empezarán o percorrido polas parroquias mindonienses que realizarán ao longo da mañá. Ás 18:00 horas sairán da Alameda dos Remedios e ás 19:00 horas recibirán aos nenos e nenas no auditorio. Pola tarde tamén visitarán o Hospital San Pablo e San Rafael.

Etiquetas:
02/01/2024

Os Reis Magos visitarán A Pontenova este venres, 5 de xaneiro, e lanzaranse na Tirolina das Minas ás 17:30 horas. Para as 18:00 horas está prevista a súa chegada á Praza dos Fornos.

A Cabalgata de Reis na Pontenova está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello.

 

Etiquetas:
02/01/2024

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza cabalgata dos Reis Magos en Alfoz na que haberá inchables, chocolate e biscoitos este venres, 5 de xaneiro.

Os Reis Magos farán un percorrido que empezará na Casa da Cultura ás 16:00 horas e inclúe paradas nas Oiras, no Pereiro, na Pinguela, en Reirado, en Bacoi, en Carballido, en Adelán e en Castro, “atendendo as peticións dos máis pequenos e pequenas da casa. Logo visitarán o pavillón municipal de Alfoz, onde estará o buzón real, no que os nenos e nenas poderán depositar as súas cartas”, explica a organización, que tamén anuncia que “haberá chocolate e biscoito para os asistentes, así como inchables para pasar unha tarde ben divertida”.