Eventos

Etiquetas:
23/10/2018

A asociación Amigos da Troula, en colaboración co Concello de Cervo, organiza a Festa de Samaín que se celebrará o día 2 de novembro en San Ciprián.

Os actos darán comezo coa cea que terá lugar no restaurante Buenavista, a partir das 22:30 horas. O menú estará composto por ameixas en salsa mariñeira, lombo en salsa de améndoas, ensalada, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo é de 20 euros e a venda de tíckets é na Casa da Cultura de San Ciprián, e nos números de teléfono 691 656 600 ou 617 383 418.

Ademais haberá unha festa de balde para todas e todos, a partir das 00:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, con dj e premios aos mellor caracterizados.

 

Etiquetas:
23/10/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa da Castaña que se celebrará en Folgoso do Courel o día 3 de novembro, sábado. Este evento, declarado de interese turístico de Galicia, chega á súa trixésimo primeira edición.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 35 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

Etiquetas:
22/10/2018

A Mancomunidade de Municipios da Mariña organiza a sétima edición do Mes da Maxia que se celebrará do 2 de novembro ao 1 de decembro. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, subliña que “o obxectivo é mover á xente nun mes que tradicionalmente non é moi turístico nesta zona”.

Llano anunciou que “imos facer unha presentación oficial, como máis tarde o día 30 de outubro, do Mes da Maxia. Imos tratar de que estean todos os magos aquí para facer este acto e xa diremos onde”.

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña salientou que “o obxectivo é motivar á xente a saír ese mes de novembro polos diferentes establecementos hostaleiros onde vai haber actuacións máxicas. Os magos van tratar de levar da mellor maneira posible unha cea extraordinaria cunha actuación artística que sempre tivo moi bo resultado...

leer más
Etiquetas:
21/10/2018

A parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 27 de outubro, aFesta da Esfollada do Maíz.

A cita, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.

A Festa, que terá lugar na AntigaEscola de Rúa, arrincaráás 16:00 horas coaesfollada do millo.

A partir das 20:00 horas está programada unhacea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, sobremesa e viñoouauga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.

Xa ás 22:00 horas dará comezo a Gran Verbena a cargo do Grupo Montreal e do Dúo Zafiro.

O Concello...

leer más
Etiquetas:
20/10/2018

A Concellaría de Igualdade pon en marcha o vindeiro 28 de outubro un novo Domingo a Pé. O percorrido a realizar nesta ocasión será o comprendido entre Rinlo e Ribadeo.

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM explican que “os Domingos a pé son unha actividade anual dirixida ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou tripla xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercicio físico”.

E engaden que “desta volta desprazarémonos desde Rinlo a Ribadeo. Consiste en ir no tren a Rinlo e volver pola senda costeira camiñando a Ribadeo 13 quilómetros. Sairase ás 11:30 horas  da estación de tren de...

leer más
Etiquetas:
17/10/2018

O Concello de Alfoz organiza as Rutas de Outono  que se celebrarán nos meses de outubro, novembro e decembro.

Darán comezo o domingo, 21 de outubro, coa Ruta dos Castelos, que sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.

O 1 de novembro terá lugar a Ruta da Fervenza do Escouridal, que sairá ás 9:30 horas da Casa da Cultura de Alfoz. O nivel de dificultade é medio-baixo cunha distancia de 5´2 quilómetros e unha duración de dos horas e media.

No mes de novembro, o día 18 farase a Ruta do Río Ouro, que sairá ás 9:30 horas da área recreativa da Pontenova. A dificultade é baixa (ideal para nen@s), ten unha distancia de 3´6 quilómetros e unha duración aproximada dunha...

leer más
Etiquetas:
16/10/2018

O Concello de Lourenzá conmemorará o Día Contra o Cancro de Mama este venres, día 19, cunha charla, andaina e  merenda solidaria.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o salón do Centro Social Torreón dos Frades, de Lourenzá, acollerá este venres, 19 de outubro, ás 16:30 horas unha charla titulada Impacto psicolóxico do Cancro de Mama, que será impartida pola psicooncóloga Carmen Rubiños López. A continuación terá lugar unha andaina solidaria polas principais rúas de Vilanova e colocaranse tres lazos rosas en tres lugares emblemáticos do pobo. E, xa para rematar, polas 18:30 horas os asistentes volverán ó centro social Torreón dos Frades para merendar chocolate e mantecadas”.
 
As actividades son organizadas pola Concellería de Servizos Sociais. Rocío López e a concelleira Mercedes Dengra invitan “a todos os veciñ@s a...

leer más
Etiquetas:
16/10/2018

As Feiras e Festas máis antigas de Galicia foron presentadas hoxe en Santiago, na aula Gastrocultural da Praza de Abastos, rematando así coa súa difusión nas cidades que formaban o Antigo Reino de Galicia. No acto participaron o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, a rexedora, ElenaCandia, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. As San Lucas arrancan mañá cun amplo programa de cinco días no que se mestura tradición e modernidade.

Tanto a rexedora como o presidente da Asociación animaron a todos os asistentes a achegarse a Mondoñedo para desfrutar das San Lucas, “unha cita xa consolidada que cada ano congrega a un maior número de asistentes”.

Programa
O programa, que pretende chegar a todos os públicos combinando tradición e modernidade, desenvolverase entre o mércores día 17 de outubro e o...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.

Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.

O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.

As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ás feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo. Será este xoves, día 18 de outubro, que é o día grande dos festexos.

A actividade inclúe a viaxe en autocar por 6 euros, 3 pola ida e outros tantos pola volta. A saída esta programada para as 10:00 horas desde a estación de autobuses de Ribadeo e fará paradas para recoller participantes en Vilaframil, A Devesa, Santiago de Reinante, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Cosme de Barreiros, Celeiro de Mariñaos, Vilamar e Lourenzá. A volta desde Mondoñedo está prevista para as 18:00 horas.  

Para máis información os interesados deben dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-...

leer más