Eventos
Mariña Patrimonio organiza un roteiro polo patrimonio civil e relixioso de Viveiro. Será o vindeiro sábado, 13 de outubro.
Nesta visita contarase coa colaboración de Carlos Nuevo e percorreranse os edificios relixiosos das igrexas de Santa María e San Francisco, o casco histórico da vila e a contorna de Chavín. O horario será de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas.
As persoas interesadas deben comunicalo con anterioridade (data límite este luns 8 de outubro). O mércores 10 informaráselles do importe da actividade, en función das opcións elixidas.
O prezo para os socios é 3 euros e para os non socios 13€. En ambos casos serían 15€ co xantar.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, e o presidente da asociación cultural “As San Lucas”, Miguel Souto, presentaron na Praza do Concello o Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada que se situará no mesmo lugar da presentación durante os días que dure a feira máis antiga da Comunidade.
Deste xeito, na localidade mariñana daranse cita produtores desta especialidade, que ofrecerán aos visitantes 25 produtos, incluídos nesta denominación, e que se poderán visitar e mercar en seis casetas de madeira diferentes. O presidente do Consello Regulador agradeceu á comisión organizadora e ao Concello a posibilidade de participar na cita festiva, ao tempo que puxo en valor a importancia e a incidencia que ten estetipo agricultura no rural...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de abrir o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do Entroido 2019.
Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos e teñen que entregar a documentación nas dependencias da Concellería de Cultura de Foz, que están na Casa do Concello. O prazo de presentación rematará o 6 de novembro de 2018 e poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982.140.027.
A documentación a presentar son os datos persoais das/os que se presenten á elección, dúas ou máis fotografías recentes e unha breve exposición breve dos motivos polos que lles gustaría ser Raíña ou Rei do Entroido de Foz.
A cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2019 será o sábado 16 de febreiro.
Do 2 de novembro ao 1 de decembro terá lugar a sétima edición do Mes da Maxia na Mariña Lucense, que organiza a Mancomunidade en colaboración coa Xunta de Galicia. A cita chegará a 19 locais hostaleiros de toda a comarca.
Desde a Mancomunidade manifestan que “como cada ano, desde hai xa 7 edicións, celebramos o Mes da Maxia. Durante as fins de semana de novembro e a primeira de decembro estarán repartidos por diversos establecementos varios magos profesionais que farán que as ceas nestes locais sexan inesquecibles. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite”. Nesta edición participarán os Magos Jorge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi.
Os locais que acollerán as actuacións do sétimo Mes da Maxia son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis...
leer másA Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celébrase este fin de semana, concretamente o venres 5 e o sábado 6 de outubro. Está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro por décimo segundo ano consecutivo tras ser recuperada despois de doce anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no campo da festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai un tres anos na honra de Onofre Louzao, máximo promotor desta festa que faleceu hai 5 anos. Este recinto está situado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo, explica a organización.
Os organizadores engaden: “aínda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. E...
leer másAs festas da Pontenova, na honra de San Lucas, celébranse do 12 ao 15 de outubro e contarán con sete actuacións musicais, a Queima dos Fornos e un espectáculo acrobático con vehículos.
O venres 12 haberá sesión vermú e verbena, que estará amenizada polas orquestras Los Españoles e Olympus. Ademais as sete da tarde terá lugar un espectáculo acrobático cun coche Ferrari e motos a cargo de Paulo Martinho.
Para o sábado 13 está programada sesión vermú e verbena, na que actuarán o grupo Lume e a orquestra Capitol. E de madrugada, ás 00:45 horas, celebrarase o tradicional espectáculo pirotécnico Queima dos Fornos, que chega á súa vixésimo primeira edición.
O domingo 14 haberá sesión vermú e verbena, amenizada polas orquestras Compostela e París de Noia.
E rematarán as...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo ultima xa a celebración da Festa dos Maiores que se vai levar a cabo na localidade o vindeiro mércores 17 de outubro, coincidindo coas San Lucas.
Ás 14:00 horas dará comezo a comida-baile no pavillón municipal de deportes. Está previsto que sexa unha xornada de confraternización na que non van faltar a gastronomía típica, o baile, a festa e os agasallos para todos os participantes. O xantar estará amenizado pola Orquestra Mindoniense Principal.
A rexedora, a popular Elena Candia, convida a participar nesta cita que supón, unha edición máis, “un día de festa e de ledicia paraos veciños e veciñas”.
Inscricións
As persoas empadroadas no Concello de Mondoñedo maiores de 65 anos e os pensionistas de calquera idade, xunto coas súas parellas, terán...
Mondoñedo celebra o Día de los Pueblos Máis Bonitos de España, que ten lugar mañá luns, día 1 de outubro, coa posta en marcha de audioguíasficcionadas. Así o adianta a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que a entidade local vén de adquirir 30 MP4 e 30 cascos illantes para garantir a calidade do sistema e así escoitar as historias e os sons con total nitidez e sentirse totalmente inmerso na experiencia. O importe destes equipos foi duns 1.700 euros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense encargou á Compañía Teatral Chévere o deseño e elaboración destes aparatos para as tres vilas porta de acceso á Mariña Lucense: Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.Trátase de dispositivos que desenvolven historias personalizadas e adaptadas a cada destino, realizadas tras un coidadoso proceso de documentación para identificar sucesos,...
leer másA cuarta edición da Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá terá lugar do 5 ao 7 de outubro, coincidindo coa celebración da Festa da Faba. Haberá rutas polo val e polos municipios de Xove, Trabada e Riotorto, ademais de xincana, trofeos, agasallos e os asistentes gozarán da gastronomía local. O evento foi presentado en Lourenzá cun acto no que participou a alcaldesa, Rocío López.
O portavoz da organización da IV Concentración VespaFaba e Clásicos Lourenzá, Fran Rivas, lembrou que “desde o ano 2015 empezamos a reunirnos coas vespas, as motos e os coches clásicos e este ano repetimos. A concentración é o sábado 6 e o domingo 7, pero imos empezar con actividades o venres porque hai xente que xa ven ese día, así que improvisamos unha ruta nocturna en scooters e coches clásicos. Imos ir ao concello de Xove, onde hai unha festa dos callos...
leer másSan Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais os días 26 e 27 na praza do Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima a asistir ás actividades programadas. Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Mañá, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis. O xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.
O concelleiro barreirense anunciou que “mañá e o xoves se vai celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser o 26 e 27”.
... leer más