Eventos

Etiquetas:
19/06/2016
Todo está listo en Alfoz para a celebración do San Xoán 2016. Haberá música, cea popular e Concurso de Caleiras.
 
A Granda de San Pedro acollerá o San Xoán 2016 en Alfoz, que organiza a asociación cultural xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. 
 
Ás 21 horas dará comezo a cita festiva. Haberá cea popular con sardiñas, chourizos, panceta e pan, que será gratis para os socios e a prezos populares para os non socios. 
 
No San Xoán 2016 non faltará a música, a cargo do cuarteto Xaramolo e terá lugar tamén a cuarta edición do Concurso de Caleiras. 
 
17/06/2016
O Concello de Mondoñedo organiza as I Xornadas de Historia Local "Enrique Cal Pardo", que se desenvolverán do 5 ao 8 de xullo.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, deu a coñecer hoxe o programa que conforma as I Xornadas de Historia Local ‘Enrique Cal Pardo’ que organiza o Concello e que se desenvolverán os días 5, 6, 7 e 8 de xullo na cidade. 
 
As actividades, de carácter gratuíto, desenvolveranse na Casa da Xuventude e están pensadas para todos os públicos. Ademais de varios relatorios, haberá un obradoiro para nenos e nenas para que coñezan máis de preto a historia de Mondoñedo, así como unha visita guiada cultural e literaria pola cidade.
 
5 de xullo
O día 5 de xullo ás 20:30 horas Xulio Pardo de Neira ofrecerá un...
leer más
17/06/2016
O 25 de xuño celébrase no Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, o V Festival Histórico Augas Santas. Haberá ruta ecuestre, escenificación da entrega do documento do Rei Silo aos monxes, música e xantares.
 
A asociación cultural Irmandade Augas Santas organiza para o 25 de xuño o V Festival Histórico Augas Santas, que terá lugar en Santo Estevo do Ermo en Barreiros. 
 
A xornada festiva comezará ás 10:00 horas cunha ruta a pé desde a Casa do Concello e ás 10:30 horas terá lugar a saída da ruta ecuestre dende Santo Estevo. Ás 12:00 celebrarase a escenificación da entrega da documentación do Rei Silo aos monxes e ás 13:00 horas a misa na honra de Santo Estevo.
 
O programa continuará ás 13:30 horas coa actuación do grupo O Arco da Vella e ás 14:30 horas haberá un xantar campestre con porquiño e año asados ao espeto. A tarde estará amenizada por Sons do Ermo,...
leer más
Etiquetas:
16/06/2016
Acia Burela celebra dous días de compras máxicas castrexas o 17 e o 18 de xuño. Tamén se sorteará unha cea castrexa.
 
Aínda que para a celebración da Festa Castrexa en Burela aínda faltan 2 semanas, no comercio local xa se están levando a cabo diferentes accións vinculadas coa “Burela Castrexa”. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela celebra este venres 17 e sábado 18 dous días de “Compras Máxicas Castrexas”, un adianto  das rebaixas de verán nas que máis de vinte locais de Acia Burela ofrecerán descontos especiais e abrirán este venres en horario extendido.
 
Sorteo Cea Castrexa coas compras nas peluquerías
Outra das iniciativas que se está levando a cabo en Acia Burela nestas semanas previas á Festa Castrexa ten que ver coas compras en varias peluquerías asociadas, que, ademáis de ofrecer...
leer más
Etiquetas:
13/06/2016
Fin de semana intensa a carón da III Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Haberá moitas actividades os días 17 e 18 de xuño.
 
Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. Haberá tapas, menús e un mercado Vintage, descontos no comercio e tamén concentración de coches clásicos. 
 
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes. A terceira Festa Vintage será o 18 de xuño. Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses e visitantes a poñer os seus traxes e os seus vestidos para viaxar por un día á década dos anos 60”. Durante a xornada haberá pasarrúas, talleres infantís,...
leer más
12/06/2016
Os días 24 e 25 de xuño celébranse en Mondoñedo as IX Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. E esa fin de semana, o sábado, terá lugar a Feira Mostra Os Muíños.
 
Mondoñedo acollerá as IX Xornadas do peregrino Abrindo Camiño os días 24 e 25 de xuño, que abordarán o Camiño do Norte e Mondoñedo, patrimonio da humanidade. 
 
Haberá unha Fam Treep con editores de guías do Camiño de Santiago, unha táboa redonda titulada “Literatura, música e artesanía do Camiño Norte e un encontro asemblea aberta da agrupación Camiño Norte de asociación de País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. 
A música protagonizará esta cita co concerto da Coral Mestre Pacheco, de Mondoñedo, e da Banda de Música de Meira. 
 
O mesmo 25 de xuño celebrarase a Feira Mostra Os Muíños de artesanía e...
leer más
Etiquetas:
12/06/2016
A primeira Romaxe Vinquinga do Vicedo celebrase o 30 de xullo. Trátase do único lugar de España que conta con restos dun asentamento viquingo, segundo a Xunta.
 
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, subliñou o “incalculable” valor turístico que terá a primeira Romaxe Viquinga do Vicedo no conxunto da Mariña lucense xa que constitúe unha oferta diferencial para este destino. Nava Castro fixo estas declaracións durante a presentación do evento, xunto co alcalde do municipio, Jesús Novo, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, entre outras autoridades.
 
A directora de Turismo de Galicia lembrou que O Vicedo é o único lugar de España que conta con restos dun asentamento viquingo, o que supón un reclamo turístico diferencial que se debe promover e conservar.
 
Ademais, afirmou que as pegadas da...
leer más
Etiquetas:
11/06/2016
A décimo cuarta edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, terá lugar en Burela do 5 ao 7 de agosto. A Fundación Expomar traballa na súa organización.
 
De novo a Fundación Expomar de Burela que preside Alfredo Llano García está a traballar na vindeira Produart 2016, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos que chega á súa XIV edición.
 
O primeiro fin de semana, nas datas do 5, 6 e 7 de agosto terá lugar en Burela a XIV edición de Produart, que abrirá a súas portas a partires das 17.30 horas do venres 5 de Agosto, con carácter  totalmente  gratuíto para @s visitantes. Coma sempre Produart 16, coincidirá coa celebración da Festa Degustación do Bonito, organizada pola A.C. Ledicia, coa que todos estes anos estamos a colaborar e que terá lugar o día 6 na explanada portuaria da nosa localidade.
 
Produart...
leer más
Etiquetas:
11/06/2016
O 13 de xuño celébrase a VIII Romaría de San Antonio da Rigueira, en Xove. O Concello agarda unha grande afluencia de público.
 
O luns, 13 de xuño, celébrase a VIII edición da Romaría de San Antonio da Rigueira no concello de Xove.
 
Tod@s aqueles que queiran gañar a Ventura do San Antonio da Rigueira poderán completar calquera das oito rutas dos muíños habilitadas para o efecto ao longo de todo o concello de Xove. Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar a recepción dos romeiros/as na carpa do Concello e a entrega da Ventura 2016 e da flor de San Antonio, un lirio branco.
 
Despois de oito anos de ter iniciada a recuperación desta Romaría de San Antonio da Rigueira desde o Concello de Xove espérase unha grande afluencia de público este ano con arredor...
leer más
Etiquetas:
07/06/2016
Burela acollerá o 11 de xuño unha xornada solidaria a favor de Siria. Denomínase "Por un mundo sen muros" e haberá moitas actividades todo o día.
 
O vindeiro sábado, 11 de xuño, terá lugar na praza da Mariña unha xornada solidaria Por un mundo sen muros “para axudar na situación que está a vivir Siria nestes momentos”, segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez. 
 
Ao longo do día haberá diversas actividades como manualidades infantís e confección dun mural a partir das 10:30 horas; xogos infantís, pintacaras… amenizados por Medio Quinhón ás 16:00 horas. A sesión vermú, prevista para as 12:30 horas, estará amenizada por Batuko Tabanka e Rabentola. Por esta xornada tamén pasará o Mago Senín a partir das sete da tarde. Xa ás 20 horas terá lugar unha charla coloquio Refuxiados Sirios, ofrecida polo voluntario Óscar Palleiro e a continuación música...
leer más