Eventos
Viveiro acollerá este sábado, día 10 de maio, un Escape Room sobre os riscos dos xogos de azar.
“O vindeiro 10 de maio achégate á chaira fronte ao Pavillón Municipal de Viveiro e participa nunha experiencia única: un Escape Room pensado para sensibilizar sobre os riscos dos xogos de azar. Unha actividade diferente, divertida e con conciencia. Serás quen de saír a tempo?”, anuncia o Concello de Viveiro.
A duración é de 45 minutos, para grupos de ata 5 persoas cunha idade mínima de 14 anos. A entrada é gratuíta.
O programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Da Escola á Granxa incluirá na súa cuarta edición máis de 200 actividades formativas nas que participarán 7.500 alumnos e alumnas de infantil e primaria de toda a provincia.
O deputado Daniel García achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun encontro que mantivo con representantes das 45 granxas e proxectos de emprendemento no rural que particpan nesta edición do programa, o proxecto de maior investimento -200.000 euros - e proxeccion que está a desenvolver a área de Rural.
O acto, que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que veñen colaborando activamente co programa – Asoporcel, Boaga, Ovica, Puraga, Avimós e Agromuralla - e coa presidenta da Fapacel Isabel Calvete, serviu para coordinar as actividades a...
leer másO conselleiro de Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, inaugurou este mércores pola tarde unha nova edición da Feira monográfica náutico pesqueira Expomar, acompañado da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e de representantes de todas as entidades que forman o Padroado da Fundación Expomar.
Abriu o acto Pablo Rivera, responsable da área de promoción económica e social da Deputación de Lugo. A continuación, tomou a palabra o subdirector xeral de Caladoiro Nacional e Augas Comunitarias de Segepesca, Juan Manuel Elices, en representación da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, puxo en valor a importancia deste evento non só para Burela, senón para todo o sector do...
leer másDo 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade. Será na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas (martes e xoves) ou a través da sede electrónica do Concello.
O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explica que “as actividades que ofertamos son un campamento dixital gratuíto coa Fundación Cibervoluntarios, que se desenvolverá do 23 ao 27 de xuño para nenas e nenos de 9 a 13 anos; teremos tamén colonias urbanas do 30 de xuño ao 1 de agosto para nenas e nenos de 4 a 12 anos. Serán 100 prazas por semana e o importe semanal ascenderá a 40 euros. Esta actividade pretende facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, de aí que contará cun horario especial de oito da mañá a tres da tarde”.
... leer másA Xunta de Galicia colabora coa Asociación de Veciños San Xulián de Sante (Trabada), na organización do I Descenso de Carrilanas, que se celebrará nesa parroquia o sábado 24 de maio.
A proba foi presentada este mércores nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o presidente da entidade organizadora, Miguel Linares, entre outros.
A Xunta anuncia que “a xornada festiva inclúe tamén unha comida popular con paella no pavillón polideportivo, aberta a todas as persoas interesadas. O custo xeral é de 20 euros, de 18 para socios e participantes, e gratuíta para os menores de seis anos. As inscricións para as distintas actividades estará aberta ata o 21 de maio, e poden formalizarse no Teleclub de Sante ou ben por teléfono chamando ao 636.024.263. Os organizadores prevén reunir arredor...
leer másDesde o CCH de Viveiro explican que “continuamos ca colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do.Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios”.
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Doe Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local.
Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión 4 películas de animación e...
A asociación de pais, nais e titores de persoas con discapacidade organiza unha convivencia interexeracional este sábado, día 10 de maio, a partir das 11:00 horas no Monte Castelo, de Burela.
“Dende a Asociación Camiña organizamos unha actividade pensada para todas as idades e tamén para que as familias con nenos e nenas e persoas con algún tipo de diversidade poidan participar, compartir e desfrutar dun espazo seguro, tranquilo e inclusivo. De 11:00 a 13:00 horas haberá xogos tradicionais e inchable. De 13:00 a 14:00 horas, picoteo rico en boa compañía. Non haberá música, xa que respectamos as sensibilidades das persoas ao ruído. Inscrición previa obrigatoria, polas nosas redes sociais ou chamando ao teléfono 982.58.04.23 ou a través do 613.520.768 (whatsapp). Para os socias/-os é de balde e os non socios/-as debebn pagar 3 euros”,...
leer másPreto de 200 veciños e veciñas da provincia de Lugo participan esta semana no programa de viaxes gratuítas da Deputación, Coñece a túa provincia. Os viaxeiros pertencen a oito asociacións dos concellos de Begonte, Xermade, Lugo, Vilalba e Cospeito, e uns percorrerán a comarca da Mariña e os outros descubrirán a Ribeira Sacra.
A primeira ruta desta semana, que tivo lugar este mesmo martes, realizárona os membrosda Asociación Veciñal Os Milagres Saavedra, de Begonte, que iniciaron a viaxe na produtora do Servizo de Audiovisuais, para dirixirse á aldea de Pionerdo onde coñeceron a palloza-museo Casa Sesto, e posteriormente a vila de Navia de Suarna para ver o traballo dunha fábrica de embutidos. Ademais, a Asociación Amuraxe, de Xermade, visitará a fabrica de Sargadelos e, logo a vila de San Cibrao para achegarse ata o Museo do Mar e á...
leer másO pavillón de San Román, no concello de Cervo, acollerá o día 17 de maio, sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.
O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo). Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.
A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa no...
leer másA parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará a tradicional Feira das Maulas, con máis de tres séculos de historia, este domingo, día 11 de maio
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e feira de gando. Ás 11:00 horas empezarán as probas de andadura federada. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Dorados, que tamén amenizará o baile de tarde.
Haberá premios, de 80 euros cada un, para o maior número de cabezas de vacún e de equino.
A organización anuncia que está “permitido gando vacún, ovino e caprino con guía de ida e volta”.