Eventos
A parroquia de Vilaboa, no concello da Pontenova, celebrará a festa comida para celebrar o Corpus este sábado, día 10 de maio.
As actividades comezarán con misa ás 13:00 horas. A partir das 15:30 horas terá lugar a comida, para a cal hai que recoller os tickets previamente e o prazo remata este mércores, 7 de maio.
A música correrá a cargo da cantante Verónica Cambón na sesión vermú e pola tarde.
Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Alfoz organiza un certame de narración e debuxo e un evento que se celebrará o día 17 de maio.
O Concello de Alfoz anuncia: “está aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025. Se es nena ou neno empadroado en Alfoz ou estudas no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro, esta é a túa oportunidade. Entrega de traballos, ata o 12 de maio, no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz”. As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 982.571. 270. O tema é Ler con coñecemento e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos”.
E o día 17 de maio, sábado, ás 19:00 horas celebrarán o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Alfoz cunha homenaxe á tradición oral,...
leer másO equipo de goberno do Concello de Mondoñedo anuncia que está ultimando os preparativos para a celebración do Correlingua 2025, que terá lugar o martes 20 de maio, “convertendo a cidade nun espazo de encontro e diversión para os máis novos, coa lingua galega como gran protagonista da xornada”.
Tamén explica que “a xornada será presentada por Frank Rey e incluirá diversas actividades adaptadas a todas as idades. Para os máis pequenos haberá unha sesión especial con Paco Nogueiras e a música da Mecánica Rolling Band, ambas na praza da Catedral”.
O Concello de Trabada organiza unha nova edición da tradicional celebración de San Fernando, que terá lugar o venres 30 de maio na capela de San Fernando (Valboa). A xornada incluirá misa, encontro campestre e actividades para todos os públicos, “mantendo viva unha das citas máis emblemáticas da zona”.
“O evento dará comezo ás 12:00 horas coa misa na capela, seguida dunha comida campestre no recinto cuberto cunha carpa. O menú incluirá empanada, croquetas, xamón cocido, paella, sobremesa con tarta de Santiago, bebida e café. O prezo será de 22 euros para adultos e 12 euros para nenos/as. Tamén se habilitará estacionamento para cabalos, mantendo así o costume de acudir a cabalo, como se facía antigamente. As entradas estarán dispoñibles ata o luns 26 de maio nos seguintes establecementos colaboradores: Mesón Camiño Norte, Taberna da...
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza para o día 17 de maio, sábado, actividades con motivo do Día das Letras Galegas. Trátase dun espectáculo de contacontos, a cargo de Ángeles Goas e titulado Contos de igualdade para non perder, e dun obradoiro de imáns. Será desde as 17:30 horas na Casa da Cultura de Trabada. Nese acto tamén se entregarán os agasallos a todas as persoas que participen no XX Certame das Letras Galegas que organiza este colectivo cultural.
“Este certame será de carácter participativo e non competitivo e todas aquelas persoas que participen levarán un agasallo. Dirixido a persoas dende os 0-99 anos. Os traballos realizados terán como temática As Nosas Letras, en forma de debuxo, narración, poema ou fotografía. Só se poderá presentar un traballo por persoa, o cal irá asinado con nome,...
leer másMondoñedo acollerá, dentro do Día das Letras Galegas, un acto sobre Álvaro Cunqueiro da man de Ediciones 98 (www.ediciones98.com), que achegará a súa serie de libros en castelán, cos títulos Merlín y familia, Gente de aquí y acullá, Las crónicas del sochantre, Escuela de curanderos y fábula de varia gente, Los otros feriantes e o inédito, que veu a luz no pasado ano, La taberna de Galiana.
O acto, de entrada libre, terá lugar na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro e nel acompañarán a Jesús Blázquez, director da editorial que levará o peso da intervención, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e Aurora Moirón, curmán de Cunqueiro que “conviviu con el nuns momentos tan senlleiros como foron os anos en que escribe o Merlín e Familia, no mesmo lugar que hoxe ocupa...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará unha ruta na Pontenova este sábado, día 10 de maio, e outra en Pico Pienzu (Asturias) o domingo 18 deste mes.
Para a ruta da Pontenova a saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro. Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 25 euros para socios federados, 30 euros para socios non federados e 35 euros para socios temporais. O prazo para anotarse remata este martes, 6 de maio.
Para a ruta de Asturias a saída desde Foz será ás 06:00 horas e ás 06:15 horas desde Ferreira do Valadouro. Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais. O prazo para anotarse remata o 12 de maio.
A inscrición nestas dúas...
leer másAcisa patrocina a I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, que terá lugar o vindeiro 17 de maio. Esta actividade lúdico deportiva, que está organizada pola AECC, foi presentada hoxe na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco.
No acto interviñeron o presidente da asociación provincial, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Cruzado Iglesias agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta causa, estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación”. E animou ás veciñas e aos veciños de Ribadeo “a facer un oco nas súas axendas o vindeiro 17 de maio para participar nesta andaina, que partirá do Parque de San Francisco ás 11:00 da mañá”. A presidenta de Acisa fixo unha...
leer másEste sábado, día 10 de maio, celébrase na Pontenova a XVI Concentración de Sendeirismo. Está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas e o percorrido será desde Coto de Frades ata a Praza dos Fornos, que son 15,5 quilómetros con dificultade media baixa e “é recomendable utilizar calzado cómodo e que teña un bo agarre, así como bastóns de trekking”.
O programa é o seguinte: ás 09:00 horas, concentración dos participantes na Praza dos Fornos: ás 09:30 horas, saída dos sendeiristas cara ó comezo da ruta; ás 15:00 horas, remate da andaina e xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebidas; ás 16:00 horas sorteo entre os participantes de varios agasallos, que son prendas de trekking, ceas para 2 persoas, estancias de 1 noite para 2 persoas, vale regalo para visitar Mina Consuelo e lanzarte pola...
leer másAs Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Expomar, que este ano cumpren as súas 32ª e 26ª edicións, respectivamente, volverán reunir esta semana aos profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo, co futuro do sector pesqueiro a debate, abordando os principais retos e dificultades do momento na pesca.
O xoves 8 pola mañá celébrase nas instalacións de Armadores de Burela o 26 Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, unha reunión sectorial na que as entidades máis representativas da frota galega e outras asociacións nacionais reflexionan sobre os principais retos sectoriais en curso, como a xestión e normativas pesqueiras, temas sociais e laborais como a substitución xeracional, e outros asuntos que condicionan a competitividade do sector. Froito deste encontro faranse públicas as...
leer más