Eventos

Etiquetas:
13/05/2025

Canedo, no concello de Lourenzá, celebrará a Festa da Nosa Señora da O esta fin de semana, desde o venres 16 ata o domingo 18 de maio

As actividades comezarán o venres con pulpada e churrascada a partir das 21:00 horas. E despois haberá verbena coas orquestras Los Satélites e Marbella.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén actuará na verbena, a partir das 23:00 horas, xunto á orquestra Acordes.

E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Acordes.

A organización das festas destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.

12/05/2025

A parroquia de Lago, no concello de Xove, celebrará a 27ª edición da súa feira de gando cabalar este domingo, día 18 de maio.

Na presentación do evento participaron Leandro Quelle e Rubén Rubiños como membros da Asociación Equina A Medela (organizadora da feira), acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Dolores Meitín.

O Concello de Xove invita “a toda a veciñanza e tamén aos afeccionados/as ao mundo do gando a que se acerquen para disfrutar dunha xornada familiar na parroquia de Lago”.

Etiquetas:
12/05/2025

Saldoira, no concello da Pontenova, celebrará a súa primeira festa do ovo frito con chourizo este sábado, día 17 de maio, a partir das 22:00 horas.

Para participar na cea hai que reservar antes deste xoves, 15 de maio, a través dos teléfonos 619.67.96.67, 636.25.81.06 ou 610.75.99.19

Este evento está organizado pola comisión de festas San Pedro da Ribeira 2025, que tamén anuncia que haberá baile “ata que o corpo aguante!”.

12/05/2025

Xove celebrará a Festa das Flores Fillas de María este sábado, día 17 de maio.

As actividades comezarán ás 10:30 horas coa apertura do mercado tradicional. Ás 11:30 horas haberá pasacalles coa AC Saíñas e a charanga NBA e demostración oficios tradicionais. Ás 13:00h celebrarase misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú co grupo Fénix. A partir das 17:00 horas haberá inchables; de 17:00 a 18:30 horas, obradoiro de cerámica; de 18:00 a 19:00, espectáculo do mago Karrolo. Ademais actuará o grupo Xoaniñas, de Saíñas, e a partir das 22:00 horas, verbena co grupo Fénix e Discomóbil Conxuro. Tamén haberá queimada popular e obradoiros de mañá e tarde para nenos sobre as flores.

Esta festa está organizada polo Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle.

11/05/2025

O Concello do Valadouro organiza un acto dedicado ás cantareiras e á tradición oral para celebrar as Letras Galegas. Será o venres 16 de maio no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

“Será moderado por Lionel Rexes, que facilitará o paso entre as actuacións realizando breves reseñas sobre a xornada e a tradición oral e as cantigas. Trémola Teatro ofrecerá os seus contos da avoa, que cando era nova xuntábase coas amigas para contar e cantar contos e cantigas. Historia popular feita música. E a asociación cultural Amado Lar estará representado polas cantareiras que ofrecerán varias pezas froito das recolleitas populares polas vilas e aldeas de Galicia”, anuncia o Concello do Valadouro, que engade: “nesta edición o Día das Letras Galegas 2025 está dedicado ás cantareiras, mulleres galegas fundamentais na preservación e transmisión...

leer más
Etiquetas:
09/05/2025

O X Ribadeo Indiano, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo, estará dedicado á figura do filántropo Ramón González e actuará a famosa orquestra cubana Los Van Van. Concello e Acisa presentaron o cartel desta nova edición do evento.

O alcalde, Dani Vega, declarou: “os días 11, 12 e 13 de xullo vamos celebrar o Ribadeo Indiano. Dez anos de historia, de poñer en valor toda unha cultura arquitectónica, social, unha reivindicación de cómo somos. Eses dez anos de historia queremos dedicarllos á filantropía, queremos dedicarllos a un dos indianos máis coñecidos e recoñecidos en Ribadeo, que é Ramón González. Naceu en Ribadeo, estudou Náutica e Comercio e despois marchou para a Arxentina, onde traballou como empregado e tamén foi quen de participar en moitas sociedades e crea a súa propia empresa. Con todo o esforzo fai unha grande fortuna. Despois...

leer más
09/05/2025

A Rede Museística Provincial desenvolverá ao do 12 ao 18 de maio unha ampla axenda de actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museo, que se celebra Internacionalmente baixo o lema O futuro dos museos en comunidades en constante cambio. Os catro museos da rede (Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla) acollerán mais dunha ducia iniciativas que, partindo das coleccións  e dos valores patrimoniais dos diferentes museos, poñen en valor a diversidade, a creatividade e o diálogo intercultural.

A programación pon o foco na mocidade, público obxectivo da maioría das protagonista e protagonista tanto no deseño e coordinación de propostas como as I Xornadas de rol e xogos de mesa -o 10 e 11 de maio na Fortaleza de San Paio de Narla- , o obradoiro Robótica e arte moza, con Enrique Peñalver...

leer más
09/05/2025

O Concello de Viveiro vén de presentar o programa de actividades das Letras Galegas. Baixo o lema As cantareiras e a poesía popular, inclúen iniciativas de teatro, música e lectura. Serán os días 10, 16, 17 e 23 deste mes.

A primeira delas, a representación da obra Fala fala falangueira, terá lugar este sábado, ás seis da tarde, no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde ata completar o aforo. Fala fala falangueira será representada por Matrioska Teatro. Será dirixida por Gena Baamonde e contará coa interpretación de Chelo do Rejo e Anabell Gago, dúas das fundadoras da compañía.

O venres 16 terá lugar Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras. Ler conta moito na Biblioteca Municipal. Será ás seis da tarde, dirixida a público familiar, e a entrada será de balde ata completar o...

leer más
08/05/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas en Sobrefoz, no municipio de Ponga (Asturias) do 16 ao 18 de maio.

O colectivo explica: “voltamos a Sobrefoz, un pequeno pobo asturiano que nos ten conquistado polo seu encanto e o acolledoras que son as súas xentes. No prezo entra desprazamento ida e volta a Lourenzá; cea do venres; pernoita de venres e sábado; almorzo e cea do sábado; pernoita de sábado e domingo ; almorzo e xantar de mediodía do domingo. O xantar de mediodía do sábado será en ruta, cada un levará o seu (non hai opción de mercar alí, polo que hai que levalo o venres)”.

A saída será o venres 16 ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O...

leer más
08/05/2025

As XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño desenvolveranse os días 12 e 13 de maio, luns e martes, nos concellos de Mondoñedo e Abadín. Este evento celébrase “en conmemoración do décimo aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade dos Camiños de Santiago do Norte e de arroupa ao proxecto Da Catedral de Mondoñedo a Catedral de Santiago de Compostela”, explica a organización.

As actividades comezarán o luns 12 maio no salón de actos do IES San Rosendo. Ás 16:30 horas terá lugar un saúda inaugural, no que participarán o director IES San Rosendo, os alcaldes de Mondoñedo e Abadín e o presidente da asociación Abrindo Camiño, José Luis Fernández Ansedes. A continuación haberá unha charla coloquio con proxección de audiovisuais: Análise actual e DAFO dos Camiños de Santiago do Norte; O Albergue La cabaña del Abuelo Peuto...

leer más