Deportes

Etiquetas:
27/07/2017

Este sábado, 29 de xullo, terá lugar unha ruta de kaiaks polo litoral de Burela. Está organizada polo Concello e pola empresa IG10. Sairá ás 11 horas da praia de Penoural e percorrerá a costa ata o areal de Ril, segundo contou hoxe o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.  

O edil burelés lembrou que “o vindeiro sábado, día 29, tal como tíñamos programado nas actividades deste verán, imos facer desde o Concello de Burela en colaboración coa empresa IG 10, unha ruta en kaiaks pola costa de Burela”.

Fernández Rey explicou que “para apuntarse nesta actividade pódeno facer tanto na Oficina de Turismo como na propia empresa, que está ubicada aquí na saída de Burela no Activity Center, ou na saída do recorrido que vai ser desde a praia de Penoural, a carón da Capitanía Marítima. O prezo da actividade vai ser de...

leer más
Etiquetas:
25/07/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 29 de xullo o segundo andareiro do verán, no que os asistentes percorrerán a Fragavella.

Esta paraxe atópase nun bosque de pinos e acivros onde hai cabalos, vacas e unha colonia de buitres.

A saída o sábado será ás 9:00 horas do Concello.

O último día para anotarse é o xoves, 27 de xullo, e as persoas que queiran participar poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 4 euros para os non federados (seguro accidentes obrigatorio).

A dificultade da ruta é de nivel medio e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo, e auga e comida para o camiño.

 

Etiquetas:
24/07/2017

A asociación A Ribeira de Foz coa colaboración do Concello de Foz, CCA-Foz, a Deputación de Lugo e as tendas de pesca Castillo e Kukadas, organiza o 19 de agosto unha xornada de pesca recreativa na modalidade de Curricán.

As inscricións realizaranse antes do día 5 de agosto no número de teléfono 626 309 804 e no facebook da asociación iranse actualizando diariamente os inscritos. A inscrición é gratuíta e o máximo de pescadores por embarcación será de tres, as embarcacións inscritas deberán ter os seus seguros en vigor, e as embarcacións e os participantes deberán estar en posesión da licenza da Consellería que permita a práctica da pesca deportiva.

O 19 de agosto ás 7:00 horas reuniranse os pescadores que sairán ás 7:15 horas, e o límite de chegada ao peirao será as 13:30 horas. A zona de pesca será a comprendida...

leer más
19/07/2017

O Concello está a instalar 14 aparcabicis en puntos estratéxicos da vila. E tamén procede estes días ao pintado e creación de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. O investimento global nestas obras ascende a 21.000 euros, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez. 

O rexedor declarou que “como ben se poderá ver nestes días estamos a facer unha serie de pequenas obras de mellora en canto á accesibilidade de persoas discapacitadas por unha banda, así como tamén de comodidade para os usuarios de bicicletas pola outra”.

Suárez Barcia contou que “estivemos atendendo as peticións que os usuarios da asociación de discapacitados Cogami, nos suxeriron en canto á accesibilidade e mellora de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e tamén para a eliminación dalgunhas...

leer más
Etiquetas:
18/07/2017

A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado, día 22 de xullo,  a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela. O percorrido será de 9 quilómetros e dificultade baixa.

A saída será ás 22,00 horas da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar a San Cibrao voltaremos andando ata Burela onde haberá ao remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta.

Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.

 

Etiquetas:
18/07/2017

A asociación Sendeiros de Foz comeza os andareiros de verán este sábado, 22 de xullo.

A primeira ruta percorrerá Foz, e a saída será ás 9:00 horas do Concello.

Para participar é preciso anotarse. Pode facerse as inscricións nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es, ata o xoves 20 de xullo. O prezo é 4 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio.

O nivel de dificultade da ruta é medio, e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.

Colabora na organización desta actividade o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
18/07/2017

A asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza dúas camiñatas na última semana de xullo. A primeira delas o martes, día 25, Camiño a Sargadelos. A saída será ás 10:00 horas do local social da asociación, e o prazo de inscrición remata o domingo 23 de xullo.
Ademais a asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza unha ruta xunto cos de Rúa, o 29 de xullo ata o Pau da Vella.

A saída é ás 9:30 horas do local social de Trabar, para xuntarse despois cos veciños de Rúa na Caseta dos Cazadores, e dende alí subir xuntos ata o Pau da Vella. Á volta haberá unha comida na Caseta dos Cazadores organizada polas dúas asociacións.
O prazo de inscrición remata o martes 25 de xullo. A organización lembra levar zapato e roupa cómodos.

 

Etiquetas:
17/07/2017

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este luns nos Xardíns do Pazo de San Marcos a I Milla Popular Urbana, unha cita lúdico deportiva que financia o Goberno Provincial cunha achega de 8.000 euros, que servirán ademais para colaborar con outros eventos como a Gala do Deporte ou o Día da Bici, entre outras. 

Santos Ramos destacou que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque dan visibilidade e poñen en valor o noso territorio, facendo fincapé na riqueza natural e paisaxística da que dispomos na nosa provincia”. O Deputado subliñou que “dende o Goberno da Deputación estamos convencidos do impacto que as actividades desta natureza teñen no turismo e na economía local. É por iso polo que, neste ano, destinamos uns 240.000 euros a financiar 78 citas...

leer más
Etiquetas:
15/07/2017

O campo de fútbol Pepe Barrera de Ribadeo acolle o sábado, 22 de xullo, a celebración da LXVI edición do Trofeo Emma Cuervo.

Este torneo, que é o segundo máis antigo dos torneos de verán en España, enfrontará aos equipos de Segunda División CD Lugo e Real Oviedo. O encontro dará comezo ás 19:30 horas.

O torneo Emma Cuervo está organizado polo Ribadeo FC e colaboran o Concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo e ACISA.

As entradas xa están á venda nos seguintes establecementos de Ribadeo: Rincón del Gordo, Bar Queimada, O Lar de Manolo, A Tapería, Costa Verde e Tasca A Curuxa. O prezo das entradas é de 15 euros para a xeral e de 5 euros para nen@s de 5 a 15 anos. Os menores de 5 entran gratis. 

 

Etiquetas:
13/07/2017

A pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.

Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.

Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á...

leer más