Deportes

17/06/2024

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acolleu este luns a presentación da XI edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros. O torneo celebrarase do 21 ao 25 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que busca lembrar a Rodrigo Maseda Lozano, así como estender pola comarca a práctica deportiva á vez que impulsa a economía grazas á chegada de acompañantes das xogadoras e xogadores.

O Vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, estivo acompañado de Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano; o ...

leer más
17/06/2024

O Concello de Trabada presenta os detalles da primeira das rutas programadas coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso. Este domingo, 23 de xuño, será a ruta da subida ó Picato, un percorrido de 8 quilómetros de dificultade baixa/media.

A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata este mércores, 19 de xuño, no teléfono do Concello de Trabada 982.135.011.

“É a primeira das cinco rutas previstas durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro, unha actividade de deporte e natureza que é tan característica en Trabada”, asegura o alcalde, Rubén García.

Etiquetas:
17/06/2024

O Concello de Cervo acollerá esta próxima fin de semana, o 22 e o 23 de xuño, o Campionato Galego Alevín de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.

Na presentación da proba participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e a tenente alcalde e a concelleira de Servizos Sociais e Muller do Concello de Xove, Dolores Meitín e Tamara Soto, respectivamente.

No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración dos Concello de Cervo e Xove e da Xunta de Galicia, participarán 250 nadadores, pertencentes a 27 clubs galegos.

O rexedora cervense afondou na importancia que ten para Cervo “acoller unha...

leer más
16/06/2024

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos, practiquen ou non ximnasia rítmica. Será do 1 ao 26 de xullo de luns a venres de 10 a 14 horas, con servizo gratuíto de madrugadores de 9 a 10 horas.

A organización anuncia que haberá “baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos, manualidades e moita diversión”.

Desenvolverase no pavillón municipal, no parque Pernas Peón e na praia de Covas.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata o venres 21 de xuño a través do correo campuscxviveiro@gmail.com ou de 605.56.85.92.

 

15/06/2024

O Concello de Viveiro oferta nos meses de xullo e agosto unha ampla variedade de actividades na piscina municipal dirixidas tanto a adultos como a nenos e nenas.

Dunha banda,ofrécense cursos intensivos de iniciación á natación para nenos e nenas nados entre os anos 2015 e 2019. As sesión serán os luns, mércores e venres, ás 10.30 horas para a rapazada nada nos anos 2015, 2016 e 2017; e ás 11.30 horas para aqueles nados nos anos 2018 e 2019.

Os cursos desenvolveranse do 8 ao 24 de xullo e do 29 de xullo ao 14 de agosto. O prezo será de 10 euros para persoas aboadas á piscina e de 20 euros para non aboadas.

Doutra banda o Concello de Viveiro propón unha ampla oferta de actividades acuáticas para adultos este verán. Do 8 ao 24 de xullo, ofértanse natación de iniciación (martes e xoves ás 19....

leer más
Etiquetas:
13/06/2024

Foz acollerá o sábado, 15 de xuño,  a 62ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak de Foz. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación da competición, que segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal. 

A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coa participación de 216 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, masculina e feminina, de 20 clubs de Galiza, na grande maioría, pero tamén de Asturias e Madrid. O Club Ría de Betanzos, con 32 palistas e 21 embarcacións, e o Club Náutico de Cobres, con 25 palistas e 19 embarcacións son os que contarán con maior representación na competición, na que tamén tomarán parte os anfitrións, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruan de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel....

leer más
13/06/2024

A primeira edición da Andaina Monte Comado, no concello de Barreiros, será este domingo, 16 de xuño, desde as 10 da mañá. A saída e a chegada será na explanada enfronte da igrexa de San Miguel de Reinante, ao lado da pista de pádel.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden facelo a través das webs www.mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com e https://ccnorte.com/.

A organización explica que “o percorrido sairá da igrexa de San Miguel cara á capela do San Estevo da Pagá, continuará polos camiños ata o embalse e seguirá ó son do rego cara a Comado, cruzarase a estrada de Remourelle e seguirase por camiños forestais ata Penalonga. De alí baixaremos a Comado e descenderemos, por camiños ata a...

leer más
Etiquetas:
13/06/2024

Os equipos chegarán a Ribadeo procedentes de Portugal, Cantabria, Asturias, Castela-León e Galicia. Serán arredor de 1.000 xogadores e uns 3.000 acompañantes os que gocen do torneo e tamén dos potenciais turísticos deste concello. 

O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, subliñou que “é o torneo máis numeroso dos tres que organizamos neste mes de xuño. Son 60 equipos alevíns e 10 minis os que veñen xogar esta fin de semana a Ribadeo”. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, referiuse á importancia da celebración destes eventos deportivos en Ribadeo: “son torneos que traen a milleiros de persoas á nosa vila durante as tres primeiras fins de semana de xuño, o que supón unha importante dinamización económica para Ribadeo”. 

No acto de presentación participaron o presidente da...

leer más
Etiquetas:
12/06/2024

O Concello ribadense e a Asociación Española contra o Cancro de Lugo poñen en marcha as Rutas Saudables os martes e xoves a partires das 9:45 horas. O punto de saída será a Praza de Abastos. Para participar é preciso inscribirse en lugo@contraelcancer.es ou no teléfono 639 26 23 12.

“Esta actividade está destinada a toda a poboación”, segundo explican desde o Concello, que fai unha chamada á participación: “animamos ás nosas veciñas e veciños a realizar estas Rutas Saudables, que consistirán nunha andaina curta de aproximadamente unha hora de duración. Trátase de facer un pouco de exercicio físico co obxectivo de previr enfermidades cardiovasculares, respiratorias ou mesmo o cancro”.

E indican que “a vida sedentaria non é boa para ninguén”. 

...

leer más
Etiquetas:
12/06/2024

O Club Ciclista Viveiro organiza o XXXIX Gran Premio Ciclista San Roque 2024, que se disputará este sábado, 15 de xuño, a partir das 15:30 horas, con saída e meta desde a explanada do pavillón polideportivo municipal de Viveiro. Haberá categorías alevíns, cadetes, infantís, promesas e principiantes e ciclismo inclusivo.   

As probas realizaranse nun circuíto que discorrerá por estradas dos concellos de Viveiro, Ourol e O Vicedo.