Foz
Este venres, 3 de xuño, ás oito e media da tarde na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar un encontro coa escritora Antía Yáñez e a psiquiatra Iria Veiga para falar da novela Non penses nun elefante rosa da escritora burelesa.
Este encontro celébrase dentro das actividades promovidas pola libraría no marco do club de lectura A carón dos libros e é aberto para todo o público que desexe asistir.
“Na novela de Antía Yáñez a enfermidade mental é unha das grandes protagonistas encarnada nunha muller que padece un trastorno obsesivo-compulsivo. De aí que, xunto coa autora, contemos coa psiquiatra Iria Veiga, no diálogo coas dúas pretendemos afondar na novela e tamén na realidade das enfermidades mentais, realidade presente sempre na nosa sociedade pero sistematicamente ignorada ou tratada desde os prexuízos e o estigma...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta circular polo monte Rebollín, en Salas (Asturias), o día 12 de xuño.
A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 8 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 37 euros para os federados, 41 para os socios non federados e 45 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño, de Foz, estrea a obra A morte morrida. A representación terá lugar o 29 de maio ás 19:00 horas no local social de Ferreiravella, en San Martiño. Haberá prazas limitadas.
A obra aborda o tema da xubilación e da morte para crear unha mestura que podería semellar macabra pero que remata sendo divertida. Conta a historia de Crispín quen ven de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a súa muller Benilde e o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.
O Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que terán lugar do 19 ao 26 de maio.
Na Casa da Cultura o 19 de maio haberá un obradoiro creativo de animación á lectura. Denomínase O conto estrelado e será impartido por Michel Casado e Raúl Marín desde as oito da tarde e está destinado a nenas e nenos de 3 a 6 anos.
O sábado, 21 de maio, O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara ofrecerán un Pasarrúas por Foz a partires das doce do mediodía. E xa pola tarde a partir das 19 horas no Campo da Cabana haberá un concerto ofrecido por estas tres formacións. Tamén o sábado está prevista a proxección dunha longametraxe finalista dos Mestre Mateo. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas.
As actividades do Mes das Letras seguirán o 26 de maio con teatro infantil...
leer másSe trata del Grado en Ingeniería de la Energía, el Grado de Educación Infantil y el Grado de Ciencias Ambientales.
-El Grado en Ingeniería de la Energía, nace para hacer frente a los retos tecnológicos, formando a los futuros ingenieros en materias de sostenibilidad, eficiencia global, ética profesional y cuantos elementos que permitan a particulares, empresas e instituciones instaurar políticas energéticas de ahorro, sostenibilidad y racionalidad en la generación y el uso de la energía.
-El Grado de Educación Infantil, está destinado a formar especialistas en educación de niñas y niños escolarizados entre los 0 a los 6 años, contribuir al desarrollo integral y armónico del alumnado en todas sus dimensiones: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva y artística, potenciando la autonomía personal y...
leer másO filme “A poeta analfabeta”, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase durante este mes de maio en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz , Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación.
Trátase da segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións programadas nas distintas comarcas co obxectivo de achegar o cine en galego a todo o público e afianzar a demanda de produción audiovisual no noso idioma, que é algo que entendemos...
leer másO día 13, o venres, haberá festa verbena cos grupos D’Cano e Tekila.
O 14 de maio, o sábado, ás 13:30 horas haberá misa e deseguido sesión vermú co grupo Pasito Show. E pola noite verbena con Pasito Show e Garibaldi.
Desde a organización destacan que “este ano o sábado pola tarde a partir das 17:00 da tarde no recinto da festa haberá actuacións infantís para que vos animedes a subir cos nenos. Tamén estará a banda de gaitas Dambara, de Burela, na tarde do sábado e non podería faltar a Pulpería A Rochela, que terá para vender pulpo, xamón cocido e churrasco os 3 días”.
E o domingo, día 15, ás 13:30 horas terá lugar a misa seguida de sesión vermú con D’Cano e LouBand.
Organiza: asociación cívico-cultural Obispo Santo. Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia...
leer másAciaFozCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai o vindeiro luns, 9 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Tamén recibirán os seus galardóns os gañadores da XVIII Ruta de Tapas, que se celebrou a pasada Semana Santa. Ao acto asistirán o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e outras autoridades.
O primeiro premio da décimo oitava Ruta de Tapas foi para Namarinos polo seu “nido de bacalao con guacamole y crujiente de cebolla”; o segundo premio recibirao Dandy polo seu “hojaldre de carrillera”; o terceiro premio será para Anduriña pola súa “piruleta de ternera gallega en tempura sobre crema de queso de San Simón y reducción de vino mencía” e haberá un...
leer másAciaFozCCA colaborará por quinto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 13 ao 23 de maio.
Pilar García, representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala.
Nos establecementos participantes haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar.
José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén queremos unha vez máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”. O...
leer másCelebra o Día das Letras Galegas no comercio de Foz coa asociación cultural Andaravío. Este é o slogan da nova campaña que organiza AciaFozCCA e que permitirá ver traxes rexionais galegos nos escaparates dos negocios participantes.
Javier Ben, presidente da asociación cultural Andaravío, explica que “lo que vamos a hacer es exponer nuestros trajes. Nosotros somos una asociación que divulgamos la cultura tradicional: nuestro traje, nuestra música, nuestro canto, todo. Empezamos con una exposición de trajes, que vamos a sacar a la calle colaborando con AciaFozCCA. Los propietarios de locales de Foz van a dejarnos una parte de sus escaparates para colocar nuestros trajes durante una semana cultural, que será la de las Letras Galegas”.
Ben lembrou que “AciaFozcca ya lo ha hecho varias veces con los disfraces de...
leer más