Curso

Etiquetas:
25/02/2026

O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de tai chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello ribadense.

Liming Yue comezou a estudar artes marciais en China aos 11 anos. Despois de aprender dos mestres de tai chi máis hábiles e experimentados de China e estudar extensamente Qigong Interno con mestres do mosteiro da montaña Nanyue e do parque forestal de Zhangjiajie, o gran mestre Yue trasladouse da China continental ao Reino Unido, onde fundou o Centro de Tai Chi Estilo Chen en 1995. Agora dedica o seu tempo a impartir seminarios e a formar instrutores por toda Europa, ademais de producir libros, dvds e vídeos instrutivos. Tamén ensina técnicas de tai chi na Facultade de Medicina da Universidade de Leeds e é profesor a tempo parcial na Universidade de...

leer más
05/02/2026

O GALP A Mariña-Ortegal organiza un curso sobre turismo mariñeiro que se desenvolverá do 23 ao 27 de febreiro.

Os promotores desta iniciativa explican que “os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia uníronse na promoción do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca&Turismo, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa de diversificación pesqueira que aposta polo emprendemento, a profesionalización e a creación de novas fontes de ingreso nas comunidades mariñeiras. No marco deste proxecto vaise impartir un Curso de Turismo Mariñeiro e Pesca Turismo, no que se ofrecerán ferramentas prácticas para desenvolver este tipo de actividades,  poñer en valor o noso patrimonio marítimo pesqueiro e contribuír ao fortalecemento do sector. O curso celebrarase na semana do 23 ao 27 de febreiro, en horario...

leer más
Etiquetas:
02/02/2026

O Concello de Burela pon en marcha un curso de batucada, que dará comezo o vindeiro venres, 6 de febreiro, e desenvolverase ata o mes de xuño. As sesións, con carácter semanal, terán lugar os venres de 18:00 a 19:30 horas, na Praza de Abastos. 

A actividade, con prazas limitadas, está dirixida a persoas maiores de 12 anos empadroadas no concello e non é preciso contar con experiencia previa. As persoas participantes poderán traer o seu propio instrumento.  

A formación estará impartida por Carlos Méndez, da Batucada CadaBatú, e inclúe a posibilidade de participar en desfiles durante o Entroido e as Festas Patronais, sempre que se cumpran os requisitos de asistencia establecidos. 

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinalou que “queremos ofrecer actividades atractivas e dinámicas que...

leer más
05/01/2026

O Concello de Trabada continúa a apostar pola capacitación dixital da veciñanza coa celebración dunha nova acción formativa enmarcada no programa E para dixitalizarse, Lugo, “tras o éxito das formacións desenvolvidas a finais do pasado ano no municipio”. Nesta ocasión a actividade levarase a cabo baixo o título Ciberseguridade: acoso, grooming e estafas, unha formación orientada a dotar á cidadanía de ferramentas básicas para identificar riscos en internet e facer un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais. Terá lugar na Casa da Cultura de Trabada (Rúa do Concello, 40), os días 2, 3, 4, 9, 10, 11 e 16 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O curso conta cun total de 12 prazas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de xaneiro.

Este obradoiro forma parte do programa de formacións dixitais que...

leer más
Etiquetas:
27/11/2025

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso gratuíto sobre xestión de novas pragas e enfermidades no cultivo da horta e da faba. Será en Lourenzá, concretamente na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas, os días 1, 3 e 4 de decembro de 16 a 20 horas.

“Unha formación fundamental para as persoas produtoras”, destaca o SLG, que anuncia que está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

Etiquetas:
21/11/2025

O Sindicato Labrego Galego (SLG) ofrece un curso de mellora da rendibilidade nas granxas da comarca en Lourenzá os días 24, 26 e 28 de novembro. Será na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas de 16 a 20 horas.

“É importante coñecer todas as ferramentas. Veremos contabilidade básica das gandarías, reducindo custes co pastoreo; ferramentas administrativas para mellorar a base territorial e experiencias; e experiencias de comercialización directa e transformación en orixe”, anuncia o SLG.

A inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Etiquetas:
13/11/2025

O Concello de Trabada anuncia a apertura do prazo de inscrición, ata o 26 de novembro, para participar no curso A00-010. Nivel básico de informática, unha actividade totalmente de balde dirixida aos veciños e veciñas do municipio dentro do programa E para dixitalizarse Lugo, impulsado pola Deputación de Lugo e financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

Impartirase na Casa da Cultura os días 12 e 19 de decembro de 2025, 9, 16, 23 e 30 de xaneiro, 6, 13 e 20 de febreiro de 2026 de 18:00 a 21:00 horas. E os días 13 e 20 de decembro de 2025, 10, 17, 24 e 31 de xaneiro, 7, 14 e 21 de febreiro de 2026. De 10:00 a 13:00 horas.

Hai 12 prazas e as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición presencialmente no Concello de Trabada ata o 26 de novembro.

... leer más
Etiquetas:
10/11/2025

O Concello da Pontenova organiza un curso de lingua galega, aberto a todas as persoas, independentemente do seu nivel de coñecemento do idioma. Comeza este mércores, día 12 de novembro, coa presentación, que será ás 19:00 horas.

Desenvolverase os mércores de 19:00 a 20:00 horas na Aula da Casa da Cultura. Terá unha duración de 40 horas e será impartido polo profesor Xosé Lastra Muruais. É gratuíto e ao remate do curso o alumnado poderá prepararse para as probas CELGA, segundo o seu nivel.

As inscricións fanse no Concello da Pontenova contactando con Teresa (teléfono 982.34.22.77).

12/10/2025

Foz acollerá os días 17 e 18 de outubro, venres e sábado, o terceiro curso de formación do profesorado en dirección de coros infantís e xuvenís preparatorio para Mariña en canto 2026. Será impartido por Josu Elberdin Badiola no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA).

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse gratuitamente a través do correo electrónico amarinaencanto@gmail.com ou do teléfono 644.001.017.

As actividades desenvolveranse o venres de 16:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Este curso está organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay.

Etiquetas:
01/10/2025

O Concello de Alfoz presenta o II Curso de Pádel para Adultos, que se desenvolverá dende o 18 de outubro ata o mes de xuño. As sesións impartiranse os sábados en horario de tarde, adaptadas aos diferentes niveis de xogo: nivel de iniciación (para persoas que nunca xogaron ou que tiveron un primeiro contacto), sábados de 16:00 a 17:00 horas; nivel intermedio (para quen xa asistiu a cursos previos ou xoga ocasionalmente), sábados de 17:00 a 18:00  e de 18:00 a 19:00 horas; nivel de perfeccionamento (para xogadores/as habituais con experiencia en competición), sábados de 19:00 a 20:00 horas.

O custo da actividade será de 10 euros ao mes e as persoas participantes deberán levar a súa propia pala de xogo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 2 e o 9 de outubro, tramitándose a través do Concello. As prazas...

leer más