Burela

Etiquetas:
25/08/2021

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha campaña de Fin de Rebaixas para os días 26, 27 e 28 de agosto con grandes descontos nos comercios locais asociados. 

Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila. 

Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os...

leer más
Etiquetas:
25/08/2021

Dous tobogáns acuáticos encherán de diversión a Praza do Concello de Burela do 26 ao 29 de agosto. Deste xeito especial quere pechar a Concellería de Deportes as escolas deportivas de verán e a ocioteca. Xoves e venres serán as rapazas e os rapaces destas actividades os que disfrutarán desta proposta. E sábado e domingo estarán abertos a todo o público. Só á preciso anotarse á chegada. 

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “desde a Concellería de Deportes de Burela imos pechar este verán dándolles un pequeno premio a todos estes nenos e nenas que estiveron participando nas escolas deportivas municipais e a aqueles que estiveron na ocioteca. Imos ter unha actividade onde imos compaxinar o deporte cos tobogáns acuáticos que son espectaculares e imos telos na praza do Concello desde mañá ata o día 29”.

... leer más
Etiquetas:
21/08/2021

Isla LeTriska chegará a Burela o venres, 27 de agosto, para representar ás 20:30 horas na Praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.

A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

 

Etiquetas:
16/08/2021

Cine e música son as propostas da axenda cultural de Burela para esta semana. 

Este mércores, 18 de agosto, volverá o cine ao aire libre. Ese día terá lugar unha nova sesión de Cine na Rúa coa proxección da película Abominable. Será na Praza da Mariña a partir das 22:00 horas.

O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla, baixo a dirección de Jaume Santonja e coa cantaora María Toledo. A actuación terá lugar no Auditorio de Burela e dará comezo ás 20:30 horas. A reserva de entradas pódese facer en www.festivalbalygay.com. 

Rastrillo Popular Solidario
E o 29 de agosto terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que organiza a Concellería de Cultura. Será na Praza da...

leer más
Etiquetas:
14/08/2021

O vindeiro mércores,18 de agosto, volverá a Burela o Cine ao Aire Libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil “Abominable” ás dez da noite na praza da Mariña. 

Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shangai. Un día atópase a un pequeno yeti na azotea do seu edificio. A supostamente “abominable” criatura que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada está a ser buscada por toda a cidade. Xunto cos seus enxeñosos amigos Jin e Peng Yi decide axudarlle a fuxir e os catro embárcanse nunha épica aventura para reunir á mítica criatura coa súa familia no pico máis alto do mundo: o Everest. 

A duración é de 97 minutos. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

 

Etiquetas:
11/08/2021

Con máis ganas ca nunca. Por fin volve a Escola Laranxa para reunir a ilusión das pequenas Xoias en 7 categorías, entre Biberón e Xuvenil. Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021-22 doadamente a través da seguinte ligazón: https://burelafs.org/gl/o-club/inscricion-base/

Categorías

-Biberón mixto (2016/17)
-Prebenxamín mixto(2014/15)
-Benxamín mixto (2012/13)
-Alevín masculino (2010/11)
-Alevín feminino (2010/11)
-Infantil masculino (2008/09)
-Infantil feminino (2008/09)
-Cadete masculino (2006/07)
-Cadete feminino (2006/07)
-Xuvenil masculino (2003/04/05)

Matrícula

O importe de cada categoría dividirase en catro cotas (trimestrais). No caso...

leer más
Etiquetas:
09/08/2021

O festival Osa do Mar, de Burela, que celebrará a edición deste ano 2021 os días 24 e 25 de setembro, ten xa cinco grupos musicais confirmados: Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno e Verto.

A pasada fin de semana empezou a venda de entradas para os dous días do festival. Os organizadores están pendentes da evolución da pandemia e das restricións sanitarias para decidir o lugar de celebración e outros detalles deste evento musical.

 

Etiquetas:
08/08/2021

Tirso Paz, de Barcelona, foi o  vencedor do V Certame de Pintura Mural Amarte, que se desenvolveu no muro do porto de Burela desde o pasado xoves, 5 de agosto. 

Coa súa obra Meiga do Mar, Tirso Paz levou o primeiro premio dotado con 1.500 euros. O segundo premio foi para Ana Repullo, de Barcelona, con Marineros que levou un premio de 750 euros. E o terceiro premio, dotado de 300 euros, foi para Martín Cal, da Coruña, con A nosa Burela.

A entrega de premios tivo lugar este mediodía. O Certame Amarte foi organizado pola Concellería de Cultura de Burela. 

 

Etiquetas:
06/08/2021

Burela rende estes días unha homenaxe á Feira do Bonito que non se pode celebrar do xeito tradicional, debido á situación sanitaria ocasionada pola pandemia do covid. Ata o domingo, 8 de agosto, teñen lugar xornadas gastronómicas, actuacións musicais, o Certame Amarte e unha exposición dos carteis da feira que se pode ver por todo o pobo. O alcalde burelés, Alfredo Llano, convida a achegarse á localidade para desfrutar de toda esta oferta, pero pide que se faga con responsabilidade e prudencia.

O rexedor dixo que “estes días debéramos estar desfrutando dunha Feira do Bonito que lle correspondería ser este sábado pero, derivado da pandemia, este ano ao igual que o pasado non se vai celebrar como se viña celebrando dunha maneira moi recoñecida porque a asociación Ledicia preparaba de formas diferentes o bonito e tiña un éxito total. Era unha...

leer más
Etiquetas:
05/08/2021

Este mediodía da comezo no porto de Burela a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que se prolongará ata o vindeiro domingo, 8 de agosto, e no que participarán finalmente oito artistas que plasmarán nese lugar as súas creacións. Como actividades paralelas terán lugar un concurso de selfies e un obradoiro de graffitis para nenas e nenos a partir de 9 anos. Amarte coincide todos os anos coa Feira do Bonito, que de novo neste 2021 non se celebrará no seu formato habitual, pero desde hoxe vinte locais hostaleiros ofrecerán tapas, menús e racións elaborados con bonito de Burela. Ao longo destes días haberá ademais concertos de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y los Seres Queridos e tamén ofrecerá actuacións o Mago Antón.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “en Burela vamos a hacer desde hoy y hasta el...

leer más