Cursos

Etiquetas:
04/10/2019

O centro da UNED de Foz abriu a matrícula para dez cursos de extensión universitaria. Foron presentados polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Educación, Héctor Morís; e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero.

A responsable da UNED de Foz explica que “as actividades de extensión universitaria son todos aqueles cursos, xornadas, seminarios, congresos, etcétera, que se realizan baixo as diversas formas da nosa metodoloxía, calquera que sexa a titulación esixida aos alumnos inscritos nos mesmos,  encamiñadas á expedición dun certificado. Esta oferta formativa, aberta tanto a estudantes como ao público en xeral, destaca pola súa vertente práctica e pola variedade dos seus temas, que abarcan as diferentes ramas do coñecemento. Ademais da exposición de aspectos teóricos, nos diferentes cursos foméntase o diálogo e o...

leer más
Etiquetas:
02/10/2019

O Concello de Lourenzá organiza unhas xornadas sobre usos e aplicación de drons, que inclúen actividades este domingo. Ese mesmo día haberá tamén teatro contra a violencia de xénero.

As xornadas sobre usos e aplicación de drons están organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Sonia Gavino, quen explica que “ primeira actividade desta iniciativa tivo lugar o pasado 26 de setembro. Está dirixida a mozos e mozas e nunha primeira parte impartíronse cuestións teóricas acerca da normativa de uso dos drons e despois desenvolveuse unha clase práctica na que os asistentes puideron probar a pilotar un dron. A segunda xornada terá lugar este domingo, 6 de outubro, enmarcada dentro da programación da Festa da Faba. Haberá un stand situado no Campo dos Bolos, no que estarán presentes diversas empresas que usan os drons para múltiples...

leer más
Etiquetas:
01/10/2019

O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña. 

Comeza  un novo curso no que, fundamentalmente, se traballan técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razonamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións cognitivas en xeral.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación lúdico-cultural que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como...

leer más
Etiquetas:
29/09/2019

A Piscina Olímpica do Concello de Cervo abreu de novo o seu vaso este mércores pasado despois de efectuar no mesmo tarefas de mantemento.

Os traballos consistiron no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora,  rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.

Así mesmo, a nova tempada de cursos da piscina comeza o próximo martes un de outubro. As inscricións xa están abertas e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.

David Rodríguez, edil de deportes, sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés...

leer más
Etiquetas:
26/09/2019

A UNED-Aula Universitaria de Foz ten aberto ata o 23 de outubro o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura e Educación, Héctor Moris; e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero.

Héctor Moris destacou que “para este goberno a educación é un dos piares básicos de calquera sociedade, xa que sen coñecemento e cultura non pode avanzar e perde por completo a súa liberdade. Dentro de toda a oferta de ensino regrado superior destaca a UNED como elemento de universalización da educación xa que permite a formación daquelas persoas que debido ás súas circunstancias non poderían optar a ela nin rematar os seus estudos. Ofrece unha liberdade de horario xunto cunha ampla oferta formativa e así calquera persoa pode acceder a ela. Dentro da UNED compre destacar o labor da aula de...

leer más
Etiquetas:
23/09/2019

A asociación A Pomba do Arco, de Foz, organiza un curso de gaita e percusión que dará comezo o día 2 de outubro.

A actividade desenvolverase todos os mércores ás 21:30 horas na sala Bahía.

Impartiranse todos os niveis, en música tradicional, de gaita, tamboril, bombo e pandeireta.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 1 de outubro no número de teléfono 645 062 817 ou o día do curso no propio local.

 

Etiquetas:
22/09/2019

Os Concellos do Vicedo e de Mañón e a Xunta de Galicia organizan un Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculado á Ornitoloxía na costa norte de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro.

A actividade é gratuíta e está dirixida a persoas de 18 a 30 anos. As prazas son limitadas.

O venres, 4 de outubro, o curso desenvolverase no Concello do Vicedo. Pola mañá están programadas charlas sobre as paisaxes no norte de Galicia e as súas aves terrestres e mariñas, ademais haberá un paseo ornitolóxico guiado pola costa do Vicedo. Pola tarde terá lugar unha observación de aves desde o cabo de Estaca de Bares.

O sábado, 5 de outubro, a actividade seguirá no Concello de Mañón. Pola mañá celebraranse charlas sobre as migracións das aves e a súa conservación, ademais dun paseo ornitolóxico....

leer más
Etiquetas:
19/09/2019

El próximo 1 de octubre vuelven en Academia A Mariña, en Burela, las clases de inglés y de apoyo para el alumnado de primaria y de la ESO. 

La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, señala que “el 1 de octubre arranca una nueva edición de las clases de apoyo para los niños y niñas de primaria y de la ESO. Además de las clases de inglés”.

Las clases de primaria serán los lunes y miércoles de 16:00 a 17:30 horas y los martes y jueves de 16:00 a 17:00 horas.

Las destinadas al alumnado de ESO serán los lunes y miércoles de 17:30 a 19:00 horas y los martes y jueves de 18:00 a 19:00 horas.

Y las clases de inglés tendrán lugar los martes y jueves de 17:00 a 18:00 horas.

Becky Hermida indica que “estas clases de refuerzo y apoyo sirven...

leer más
Etiquetas:
18/09/2019

A delegación de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.

A actividade dará comezo o día 4 de outubro e desenvolverase ata o 29 de maio de 2020, de luns a venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas. Terá lugar no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Información Xuvenil ata o 30 de setembro. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
12/09/2019

A Concellería de Servizos Sociais organiza unha nova edición do curso de Bailes de Salón. O prazo de inscrición abrirase este venres, 13 de setembro.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello de xeito presencial.

A actividade dará comezo o 17 de setembro e rematará o 17 de decembro de 2019. Desenvolverase os martes en tres quendas, con horarios de 18:45 a 20:00, de 20:00 a 21:15 e de 21:15 a 22:30 horas.

Os interesad@s en participar nestas clases de baile de salón poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 58 06 09.