Deportes

Etiquetas:
21/05/2023

Desde la Fundación Celta señalan que “a partir del lunes 26 de junio podrás disfrutar de una nueva edición de los Campus de verano Fundación Celta by Cabreiroá 2023 que, durante seis semanas sin interrupción, se llevarán a cabo por diferentes sedes repartidas por toda la geografía gallega”.

El club anima “a disfrutar de tu deporte favorito entrenando con los técnicos de la cantera del RC Celta, equipo de fútbol más representativo de nuestra comunidad y con una gran reputación en la formación de jóvenes jugadores tanto a nivel nacional como internacional.Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizajes referentes a la educación integral y de un entorno de entrenamiento donde la diversión está asegurada”.

Los campus están destinados para niños y niñas de 4 a 16 años.

Las...

leer más
Etiquetas:
21/05/2023

O vindeiro martes, 23 de maio, ás 16:30 horas.terá lugar no Edificio Multiusos un curso sobre Exercicio Físico e Ocio para maiores. Este curso realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e vai dirixido a toda a poboación.

Esta actividade ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre a importancia dun estilo de vida saudable e o desenvolvemento de actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse chamando ós teléfonos 982559109/677489457

 

Etiquetas:
18/05/2023

A Delegación de Xuventude volve co programa Aberto x Vacacións. Desde o Concello focego sinalan que “o verán en Foz é sinónimo de diversión, e deso sabemos moito en Aberto x Vacacións”.

O programa está destinado a nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019, de luns a venres. Con horario de 10:30 a 13:30 horas “e se es das/os que madrugas, con Plan Érguete, a partir das 9 da mañá”.

Haberá actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,…

A preinscrición está aberta ata o 31 de maio.

Etiquetas:
16/05/2023

Presentouse na praia de Vidreiro a terceira edición do Trail do Vicedo, que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de maio. Asistiron o alcalde do Concello de O Vicedo, José Jesús Novo Martínez, Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021, e integrantes do Club Peña Lar Trail y Montaña, coorganizadores da proba.

Mañá, 17 de maio, será o último día para poder anotarse ás probas (andaina, Trail 28K e Trail 15K). Desde a organización subliñan que “para a andaina quedan poucas prazas xa”. O percorrido pasará pola Costa de O Vicedo dende leste a oeste, comezando no entorno do Fuciño do Porco e rematando no Porto do Vicedo tras pasar por varias praias do municipio.

Etiquetas:
16/05/2023

Súmate ao Volei, a actividade organizada polo Concello de Ribadeo e a Anpa O Esteo, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foi un éxito. Debido á boa acollida prolongarase durante un mes máis, segundo deu a coñecer a concelleira de Ensino, Pilar Otero.

A edil ribadense explicou que “unha vez avaliados os resultados e os obxectivos acadados decidiuse estender a actividade un mes máis, xa que o grao de satisfacción é dificilmente superable”.

Desde a Anpa O Esteo comentaron que “durante os obradoiros que se celebraron,  a mocidade participante aprendeu, medrou e desfrutou a través desta disciplina deportiva. Creouse un espazo de lecer saudable, onde destacaron as accións humanizantes e inclusivas nas prácticas deportivas como cohesión e cooperación: valoración positiva do grupo e tolerancia cos erros d@s compañeir@s; e...

leer más
Etiquetas:
16/05/2023

Este mércores, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina, no Pavillón Agustín Mouris en Noia. A primera terá lugar ás 12.30 horas na que o Pescados Rubén Burela FS, recientes campioas da Copa da S.M. a Raíña, loitarán por facerse co seu terceiro título da tempada, neste caso contra o Ence Marín Futsal. Posteriormente celebrarase o encontro da categoría masculina na que Noia F.S. Portus Apostoli se enfrontará ao C.D. Lugo Sala, ás 19.00h.

O Pescados Rubén Burela FS preparase para enfrontarse a un habitual, un Marín, según a capitád do equipo mariñano, Peque, "O Marín ten á mellor porteira do mundo, Silvia, creo que é un dos seus puntos fortes", "ten a Ceci, a cañonera, que lle pega moi ben, Ale de Paz, etc. é un equipo que hai que ter en conta e vai ser unha final difícil", "Sempre...

leer más
Etiquetas:
14/05/2023

O día 20 de maio, sábado, desenvolverase en Xove a fase intermedia para a zona norte do Campionato Galego de Fútbol 8 en categorías alevín, benxamín e prebenxamín. Será no campo de fútbol municipal e no anexo de 09:45 a 20:30 horas.

Participarán 30 equipos, 10 por cada categoría, dos que se clasificarán para a fase final os dous primeiros.

Este evento deportivo está organizado pola Unión Deportiva Xove coa colaboración do Concello de Xove. 

 

Etiquetas:
13/05/2023

Os días 27 e 28 de maio terá lugar o XVII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Pazo de Ibáñez. 

Segundo os organizados neste evento daranse cita 68 equipos: 6 portugueses, 1 irlandés, 2 paraguaios, 1 arxentino, 1 brasileiro, 2 franceses (un deles da illa Mayotte, que está no océano Índico) e o resto españois (de Andalucía, Madrid, Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia). Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.000 persoas.

Na quenda de intervencións o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou: “desde o Concello de Ribadeo queremos dar, outro ano máis, o noso caloroso recibimento a toda esta xente que fai posible este torneo, tan grande,...

leer más
Etiquetas:
11/05/2023

Esta tarde presentouse no Vicedo a quinta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o venres e o sábado en treitos dos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, na que participarán 86 equipos, entre eles 13 equipos da Mariña  e os grandes favoritos para o Campionato Galego de Rally de Asfalto como Víctor Senra e Alberto Meira, ou Luis Vilariño, Javier Ramos, Alberto Nimo ou Pablo Rey.

Na presentación,  a deputada mariñá Mónica Freire suliñou “a rápida consolidación desta proba entre equipos e público” e que “canaliza e reforza gran afección ao motor que hai na comarca, ademais de supoñer un aliciente máis para que se acheguen ata a comarca afeccionados e afeccionadas ao rally de toda Galiza, para desfrutar do...

leer más
Etiquetas:
04/05/2023

Tras unha pasada fin de semana chea de logros para o Pescados Rubén Burela FS, por parte do equipo masculino, selaron a segunda praza, asegurando o factor cancha, para os playoff, e o equipo feminino foi nin máis nin menos que Campión da Copa da Raíña por sexta vez, quinta consecutiva. Esta fin de semana toca celebralo en familia cos veciños de Burela e da comarca da Mariña, así que se celebrará unha festa na Praza da Mariña, organizada polo club de fútbol sala en colaboración co Concello de Burela, onde haberá música (con Fran de Nois), un inchable para que xs nenxs xoguen a "Dispara a Gol", barra de Estrella Galicia e venda de postais e material deportivo oficial do club. Tamén estarán á venda entradas para a final da Copa de Galicia de Futsal Feminino que se celebrará o próximo 17 de maio en Noia.

A festa celebrarase de 17.00 horas a 23...

leer más