Eventos

Etiquetas:
10/11/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, presentaron este venres, na praza do Viveiró, a III Feira do Mel da montaña de Muras. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os días 18 e 19 de novembro no municipio de Muras. O Goberno da Deputación colabora coa Feira cunha achega económica de 3.000 euros. Esta colaboración está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo para poñer en valor os produtos autóctonos e contribuír así a desestacionalizar o turismo. 

Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta terceira edición da Feira do Mel, co obxectivo de potenciar e dar a coñecer este produto exquisito e de primeira calidade da nosa provincia, que se elabora no corazón da Serra do Xistral, ao tempo que dinamizamos a...

leer más
Etiquetas:
09/11/2017

Co fin de conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, Mariña Patrimonio está a organizar para o día 18 de novembro unha visita guiada, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo. O percorrido polas diferentes igrexas comezará ás 10.00 da mañá na Igrexa de Cervo e, dependendo das persoas que se inscriban, continuarase en coches particulares ou en autobús. Ás 14.00h farase unha pausa para xantar e retomarase a actividade ás 16.00 horas diante da capela de San Cibrao no Porto.

Quen o desexe poderá participar no xantar que terá lugar no restaurante O Pedregal de San Cibrao; a data límite para anotarse é o martes 14 (prezo 12€)

Este roteiro enmárcase no conxunto de actividades programadas por diversas asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.

As persoas...

leer más
Etiquetas:
09/11/2017

Ribadeo súmase un ano máis á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 73 Concellos galegos #EnNegroContraAsViolencias. A Concellaría de Igualdade anima aos establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios a tinguilos de negro do 23 ao 26 de novembro e á xente a asistir a un acto que se desenvolverá o 24 deste mes no Cantón. 

Desde Igualdade lembran que “o ano pasado 17 Concellos galegos fomos quen de impulsar unha campaña de denuncia e mobilización social contra as violencias machistas nos nosos municipios. A boa acollida da campaña desenvolvida en 2016 polos Concellos de A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas foi o punto clave que está motivando a participación de tantos municipios...

leer más
Etiquetas:
08/11/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).

A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.

En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.

A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De...

leer más
Etiquetas:
07/11/2017

O Concello de Foz quere dedicar a un tema monográfico a cea de coroación da raíña ou rei do Entroido, que se celebrará o 27 de xaneiro, sábado, na Sala Bahía.

Dende a Concellaría de Cultura anunciaron: “imos facer para o Entroido de 2018 unha proposta de cea baile de coroación monotemática. Así pregamos que votedes nas redes sociais do Concello de Foz (facebook, twitter, web, instagram e na aplicación Looking Foz). Das seguintes opcións podedes sinalar as 2 que máis vos gusten. O prazo de votación será dende o xoves 9 ata o domingo 12 deste mes de novembro ás 24.00 horas. As propostas son Salvaxe Oeste (o Oeste, na Norteamérica entorno ao ano 1800, é unha das épocas máis tolas e cruentas con personaxes históricos do máis pintorescos: indios, cowboys, sheriffs, pistoleiros, barmans, xogadores e chicas de salón, foraxidos, ….); Piratas...

leer más
Etiquetas:
07/11/2017

A Concellería de Cultura programa para a vindeira fin de semana diversas actividades que comezarán o venres, día 10, coa obra de teatro Desconexión, o sábado 11 celebrarase a III Festa da Castaña, e o domingo 12 terá lugar unha nova edición do rastro solidario na praza da Mariña.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “empezaríamos el viernes, a partir de las nueve de la noche, tendremos una obra de teatro en el auditorio que es Desconexión. Es una obra escrita por Santiago Cortegoso, es autor de muchas de las obras exitosas del teatro gallego. Ya tuvimos además el fin de semana anterior O Furancho, que es otra obra escrita por él, estuvieron aquí Isabel Risco y Marián Bañobre, fue un éxito esa cita, gusto mucho a la gente como siempre que están estas dos actrices que ya estuvieron en Burela en otras ocasiones”.

... leer más
04/11/2017

O Concello de Mondoñedo asistirá este ano ao II Fórum do Camiño de Santiago ‘Fairway’, que se celebrará do 12 ao 14 de novembro no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. Neste espazo, no que se aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude, a alcaldesa da localidade, Elena Candia, presentará unha guía cos recursos que ofrece Mondoñedo ao peregrino co obxectivo de posicionar a cidade como final de etapa do Camiño Norte.

Ademais dunha guía cos recursos cos que conta a localidade, Elena Candia tamén adianta que neste escaparate, punto de encontro entre empresas, institucións e destinos; dende o Concello de Mondoñedo presentarán unha proposta centrada naposta en valor do potencial turístico e da unión entre as dúas catedrais do Camiño Norte, dende Mondoñedo a Santiago de Compostela. 

... leer más
Etiquetas:
03/11/2017

O Concello de Alfoz continuando coas súas actividades de outono, organiza este sábado, 4 de novembro, unha sesión de contacontos e un magosto.

Ás 20:00 horas, no salón de actos do centro sociocultural, Ángeles Goás ofrecerá unha sesión de contos para adultos chamada O medo é libre. Tal e como apunta a narradora “os contos recollidos nesta sesión son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan”.

Ás 21:30 horas, no polideportivo municipal, celebrarase un magosto en colaboración coa ACX O Castelo, con cena, animadores e hinchables para os nen@s, e actuación do dúo Merengue. O menú da cea estará composto por xamón cocido, callos, costela asada con crema de castaña, tarta de Santiago e castañas asadas. O prezo será de 20 euros para os socios da ACX O...

leer más
03/11/2017

O 11 de novembro terá lugar unha limpeza simultánea de praias de Galicia. Trátase dunha actividade que organizan Adega e a Universidade de Vigo. En Ribadeo actuarase no areal das Catedrais, segundo informan desde a Concellería de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño. 

As persoas que desexen participar nesta iniciativa, coa que colabora o Concello de Ribadeo, deben dirixirse a adegalugo@adega.gal ou ao teléfono 686 11 87 22. 

O encontro para proceder á limpeza da emblemática praia das Catedrais será no aparcamento do areal o 11 de novembro (sábado) ás 15 horas. Esta tarefa prolongarase ata as seis da tarde. 

No protocolo para a limpeza dos areais, elaborado por Adega e a Universidade de Vigo, subliñan que “a costa galega conta con innumerables...

leer más
02/11/2017

A asociación Nordés Faladora continúa coa segunda parte dun ciclo sobre ecoloxía, alternativas e cooperativismo iniciado en marzo coas Xornadas Forestais, e que agora segue coas Xornadas sobre Agricultura Ecolóxica que celebra este sábado, 4 de novembro.

Estas charlas informativas, abertas ao público en xeral, teñen como fin poñer en contacto proxectos e persoas con inquietudes semellantes, tendo como base en todo momento o desenvolvemento económico da zona a través de alternativas sostibles. Nordés quere proporcionar diferentes opcións que teñan en consideración o valor da nosa terra e da poboación que quere coidala e ademais vivir dela, ben a tempo completo ou como complemento.

Nestas xornadas estará presente Economato Macabeo, un grupo de tendas da Comunidade de Madrid que ofrece todo tipo de produtos...

leer más