Exposiciones

Etiquetas:
22/01/2018

Ata o 11 de febreiro de 2018 permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro, no concello de Alfoz, unha exposición itinerante de ourivería antiga. Trátase da mostra “A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo”, que fai un percorrido por esta arte desde a idade de bronce ata a idade media. Inclúe unha réplica a tamaño real do Torques de Burela (S.II a.C. – S. I d.C.).

Ademais desta exposición itinerante o Castelo alberga outra permanente sobre as zocas. O acceso ás mostras e ao castelo é de balde. 

 

10/01/2018

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.
  
Este venres, día 12, ás 9:30 horas terá lugar un obradoiro explicativo da mostra dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do colexio público CEIP Juan Rey, de Lourenzá. Neste obradoiro os alumnos realizarán diversas actividades relacionadas todas elas coa educación en igualdade.
 
Esta actividade está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá. 

 

Etiquetas:
09/01/2018

O colectivo Tá en Artes organizará dúas exposicións dedicadas ao artista, unha delas no seu Mondoñedo natal, que se celebrará o 24 de marzo, e na que os seus exalumnos e exalumnas renderanlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. A outra mostra terá lugar no Museo Provincial a finais de ano e será unha antolóxica de Juan Puchades.

Ademais haberá dúas exposicións dentro da Semana das Artes Plásticas no Cenima de Foz coa participación dos e das artistas da Mariña dentro do que se chama Escaparate da Arte da Mariña 2018 que comezará o 28 de marzo. 

Por outra banda os centros escolares realizarán unha exposición conxunta onde os alumnos e alumnas mostrarán as reflexións plásticas a partires da figura do mestre. Esta mostra terá como espazo a antiga Casa de Administración de Sargadelos...

leer más
25/12/2017

Trátase dunha mostra formada por 15 ilustracións, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, que a edil de Muller e Igualdade do Concello de Cervo, Pilar Armada, conseguiu traer a este municipio.

Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Deste xeito podemos ver os traballos de dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca; así como de diferentes figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca ou David Pintor, entre outros moitos; que plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideraron violentos entre adolescentes, co obxectivo de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

É unha mostra que convida a reflexionar, a escoitar o que os corazón din,...

leer más
Etiquetas:
04/12/2017

A Delegación de Medio Ambiente en colaboración co Ceneam (Centro Nacional de Educación Ambiental) organizan a  exposición Fogares Verdes: vivir mellor con menos. A mostra poderá visitarse ata o 15 de decembro na sala de exposicións da planta baixa da Casa da Cultura.

Segundo explica Noelia Mª Ben “esta exposición xorde no ámbito do Programa Educativo Fogares Verdes do Ceneam, que comezou a súa andaina en 2006 como unha iniciativa piloto dirixida a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiáns. Ten coma obxectivo acompañalas no proceso de cambio cara a unha xestión máis responsable do seu fogar, promovendo o autocontrol do consumo doméstico de auga e enerxía introducindo medidas e comportamentos aforradores axudando a facer unha compra máis ética e máis ecolóxica”.

A...

leer más
13/11/2017

Esta tarde tivo lugar na Oficina de Turismo a inauguración da exposición "Tempo escuro", de Peter Schneider. Trátase dunha mostra de fotografías sobre a catástrofe do Prestige, que se abre en Ribadeo cando se cumpren 15 anos do afondimento do petroleiro fronte á costa galega. 

No acto desta tarde estiveron xunto a Peter Schneider os concelleiros de Cultura e Medio Mariño, Farruco Graña e Paz Ermida.

Esta exposición fotográfica poderá visitarse en Ribadeo ata o 13 de decembro de luns a sábado, en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes. 

Etiquetas:
11/11/2017

O Complexo RegalXunqueira de Viveiro acolle a exposición do libro "Soños coma xogaras" con letras de Xaime Oroza e imaxes de Otero Regal.

A mostra é unha edición de 130 páxinas que recolle o último poemario do escritor viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas.

O libro en galego foi publicado pola editorial madrileña Círculo Rojo, sendo o primeiro libro en galego promovido por esta editorial. Anteriormente ambos autores xa publicaron o libro artístico Dende mañá, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.

Esta exposición permanecerá no Complexo RegalXunqueira ata o día 31 de xaneiro de 2018.

 

Etiquetas:
08/11/2017

A Concellaría de Cultura programa para este vindeiro fin de semana diversas actividades que comezarán o sábado, 11 de novembro, ás 20:45 horas, no Teatro onde terá lugar unha actuación da Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal). O domingo, 12 de novembro, estará no auditorio municipal Talía Teatro, que representará Foucellas, e o luns 13, ás 19:00 horas, será inaugurada unha exposición de fotos de Peter Schneider, que presenta un traballo realizado cando se afundiu o Prestige. Titúlase Tempo escuro e poderase ver durante varias semanas na Oficina de Turismo.

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “para quen lle guste a música coral este sábado, 11 de novembro, ás nove menos cuarto, vai actuar no Teatro a Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal), seguindo a liña de intercambios de actuacións con formacións de fóra de Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo cal se declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro (no Concello lugués de Foz), coa categoría de xacemento arqueolóxico.

Este castro, situado no lugar de Punta do Castro, en Foz, posúe un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro que se sustenta en que é o único poboado costeiro escavado e musealizado na costa cantábrica galega e, neste senso, é un referente para o coñecemento e a difusión dos valores culturais da época castrexa. Aínda que nas súas proximidades existen outros castros similares, ben é certo que non co seu grao de coñecemento e posta en valor.

Por tanto, as escavacións que se realizaron permitiron obter moita información sobre os modos de vida dos seus habitantes nesa época. Cómpre salientar o seu forte grao de...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017

Mañá venres, 3 de novembro, na sala de arte da Casa da Cultura terá lugar a inauguración dunha mostra do Club Imaxe de Burela.

Nesta exposición poderán verse fotos feitas polos socios do Club Imaxe. Son un total de 40 instantáneas de Burela e A Mariña as que conforman esta mostra que chega á súa 25 edición.

A mostra permanecerá na Casa da Cultura de Burela ata o vindeiro 15 de decembro, e poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.