Concerto

Etiquetas:
26/12/2017

A programación de Nadal do Concello de Lourenzá inclúe para esta semana obradoiros de organería e de consumo responsable, un concerto e unha representación de teatro infantil.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “durante toda esta semana continúan as actividades de Nadal programadas polo Concello de Lourenzá. Ademais dos obradoiros sobre organería e consumo responsable, que se celebrarán o mércores e o xoves respectivamente, o xoves, día 28 de decembro, ás 21 horas no salón de actos do Concello terá lugar o concerto de Davide Salvado e Pedro Pascual. Está actuación está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo. Para rematar as actividades da semana o sábado 30 ás 18 horas o grupo In Bocca al Lupo porá en escena a obra Superlía, un espectáculo para público infantil e familiar”.

Manuel...

leer más
Etiquetas:
20/12/2017

O espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense. 

Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.

En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda). 

 

Etiquetas:
20/12/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo anunciou hoxe que “coas datas do Nadal chega o típico concerto Aquí como en Viena, da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano terá lugar o sábado 30 de decembro, ás nove da noite no Teatro”.
David Ballester comenta que “é un concerto especial tanto polas datas nas que nos atopamos, xa que imos poder aproveitar todos estes músicos que temos traballando ou estudando fóra de Ribadeo co cal a plantilla...

leer más
Etiquetas:
13/12/2017

O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro. 

O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.

 

Etiquetas:
24/11/2017

Este sábado, 25 de novembro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música de Viveiro.

Esta actuación enmárcase nos actos organizados con motivo do centenario da Banda Municipal de Música O Landro que dirixe Carlos Timiraos Timiraos.

O concerto dará comezo ás 21:00 horas e está organizado pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Viveiro.

A Banda de Música O Landro celebra durante este mes de novembro unha exposición do seu centenario que se pode visitar na Biblioteca Municipal ata o día 30.

 

20/11/2017

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este mércores, 22 de novembro, ás 20:00 horas nas instalacións do propio centro, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Mozart  ata Jeff Buckley. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 16 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos aproximadamente.

 

15/11/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicará este ano o tradicional concerto de Santa Cilla, patroa dos músicos, aos pasodobres. A actuación terá lugar o sábado 25 de novembro ás 20:30 horas no Cine Teatro ribadense.

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “o 25 de novembro, ás oito e media da tarde no Cine Teatr, terá lugar o tradicional concerto de Santa Cilla da Banda Municipal de Música de Ribadeo, na honra á patroa dos músicos”.

David Ballester explica que “como todos os anos, teremos dúas partes neste concerto. Unha na que actuarán como solistas membros da banda, neste caso interpretarase un concerto de oboe, que o tocará Isaac Pazos Pérez; é un concerto de Alessandro Marcello da época barroca, dunha adaptación de orquestra de cordas para banda. Despois o seu irmán, Nicolau Pazos...

leer más
Etiquetas:
09/11/2017

Este sábado, día 11, ás 9 menos cuarto da noite, no Teatro, actuará a coral Magistrói, de Santiago de Carapeços, Barcelos (Portugal). A coral, fundada no ano 1977, interpretará, acompañada dunha pequena orquestra, un programa de 12 pezas de distintos estilos e procedencias, xa que “considerase irmâo de todos os povos e canta temas de toda a Terra, sob o lema: seja o mundo inteiro um orfeâo”.  

A Coral Polifónica de Ribadeo interpretará 3 pezas ao comezo, como sinal de acollida ao coro invitado.

Os actos de celebración de Santa Cecilia continuarán o 18 de novembro. Na igrexa parroquial de Cedofeita, ás sete da tarde, a Coral cantará a misa na honra da súa patroa e a continuación ofrecerá un pequeno concerto. Segue así, a Coral, visitando as parroquias do Concello nas que aínda non estivera en ningunha ocasión. Na...

leer más
Etiquetas:
06/11/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, presentou a actuación musical de Lucus Ensemble que terá lugar o vindeiro sábado 11, a partir das 19:00 horas, na Casa da Cultura do concello mariñán.O Goberno da Deputación fai posible a celebracióndesta actividade grazas a unha achega de 1.500 euros, co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural deste municipio e da súa contorna.

García Porto subliñou que “nesta anualidade destinamos preto de 8.000 euros á organización de eventos lúdicos e culturais no Vicedo, entre os que se atopan o Xuvenlugo, xogos tradicionais na Festa dos Avós e Netos, e esta actuación de Lucus Ensemble que hoxe presentamos. Así mesmo, promovemos as prospeccións arqueolóxicas en Moutillóns e Coelleira. Todo isto co obxectivo de colaborar co Concello na posta en...

leer más
Etiquetas:
29/09/2017

Teatro, música e actividades para os máis pequenos conforman a programación da Concellaría de Cultura para o último trimestre deste ano. Farruco Graña anunciou hoxe na súa presentación que tamén se celebrará a I Feira Feminista de Outono, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

O edil nacionalista salientou que “da programación infantil queremos destacar que toda ela se inclúe no programa Apego ao que se uniu o Concello de Ribadeo. Trátase do programa de difusión e dignificación da lingua galega, que este ano acaba de ser premiado pola Xunta de Galicia cos Premios da Cultura Galega. Integradas neste programa temos unha serie de actividades e Redrum Producciones vai achegarse ata Ribadeo para representar A nena que quería ver navegar. Paco Nogueiras con toda a súa marcha tamén se achegará ata Ribadeo coa súa Brinca vai. De...

leer más