Concerto

Etiquetas:
02/08/2017

O Concello de Mondoñedo colabora con proxecto Sons de Gallaecia, que se presentou nas últimas horas en Lugo. Na cidade episcopal actuará a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia o 4 de agosto.

Durante a súa intervención, Elena Candia subliñou “a importancia de que Sons de Gallaecia teña a súa parada tamén na nosa cidade, sendo a localidade máis humilde das tres nas que se desenvolve este proxecto”. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ofrecerá concertos en Mondoñedo, Vilalba e Lugo. 

Neste eido, a alcaldesa tivo palabras de orgullo polo leitmotiv desta xira 2017, “co recoñecemento a un dos nosos mindonienses máis ilustres, Pascual Veiga” e agradeceu o acto que se celebrará o venres en honor ao insigne escritor. 

A rexedora tamén fixo fincapé en que se trata dun concerto ofrecido por nenos...

leer más
28/07/2017

O grupo de música folk Xógara inicia este domingo, 30 de xullo, a súa xira por Galicia co concerto que ofrecerá nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros. A actuación enmárcase no ciclo Sons no solpor que ten lugar nas noites dos domingos á caída do sol. 

O promotor do Eido, Celso Dourado, anuncia que “este domingo, dentro do que é a programación de Sons no solpor é dicir coa caída do sol, temos unha aposta firme, unha aposta que eu particularmente tiña moitas ganas de vela, e trátase do estreo en Galicia da xira de Xógara”.

O artista barreirense subliña que “Xógara é unha banda, podemos dicir anglo-galega-galesa, e este día 30 de xullo nos xardíns do Eido Dourado vaise estrear aquí na nosa terra. Xógara é un grupo esencialmente instrumental que bebe da música celta. Nace en Oxford da mao de tres músicos...

leer más
Etiquetas:
27/07/2017

O cámping Gaivota, propiedade do artista barreirense, Celso Dourado acolle este venres, 28 de xullo, a actuación do grupo de rap galego Som do galpóm. Será a partires das 23:00 horas nas súas terrazas e dentro da programación das Queimadas proletarias, música de raíz, que daban comezo hai uns días e que se prolongarán ata o 25 de agosto. 

Celso Dourado anunciou que “este venres estará con nós na queimada que facemos todos os venres a partires das once da noite, nas terrazas do Gaivota, un grupo que eu me atrevo a dicir que é dos iniciadores do rap en galego. É un grupo da comarca de Santiago, é Som do galpóm”.

O artista barreirense convida a “todos aqueles que queiran disfrutar da música de Som do galpóm nun ambiente máxico, a cita é este venres a partires das once da noite no cámping Gaivota”.

... leer más
Etiquetas:
24/07/2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, presentaron o II Festival Arcadio Mon, que terá lugar o vindeiro xoves 3 de agosto no Adro de San Pedro, en Alfoz. Na presentación tamén participaron os organizadores do certame, Eduardo Canoura e José Vázquez.

O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento cultural, cunha achega de 2.000 euros, facendo posible a organización desta segunda edición do Festival, no que participarán máis de 600 persoas totalmente de balde, e co que tamén colaboran os Concellos de Alfoz e O Valadouro, posto que a súa organización alterna cada ano entre estes dous municipios da Mariña lucense.

Campos Conde subliñou que “con esta achega non só dinamizamos a vida cultural daMariña, senón que tamén damos a coñecer a labor de Arcadio Mon...

leer más
20/07/2017

O ciclo de música Sons no solpor do Eido Dourado continuará este domingo, día 23, coa actuación do grupo galego Gelria. Nese concerto, que terá lugar nos xardíns do Eido Dourado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será presentado o último traballo deste grupo titulado Cantos de poeta.

O artista Celso Dourado explicou que “este domingo toca un grupo para min excepcional, chamado a facer moito no futuro. É un trío aínda que esta vez creo que van vir catro, cunha formación académica moi importante e unha voz espectacular. É un grupo moi novo e creo que vai ser un día especial”.

O promotor do Eido Dourado contou que “Gelria é un grupo de música galega creado no 2014. Está formado pola catalá Elena Tarrats na voz, Federico Mosquera nos teclados e Mario Cortizo na percusión. Pese a xuventude actuaron xa en sitios...

leer más
Etiquetas:
19/07/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá dous concertos a vindeira semana. O primeiro deles será o vindeiro martes 25 de xullo, Día da Patria, ás 20:30 horas no parque de San Francisco. Ademais o sábado 29 de xullo terá lugar o festival no que a Banda de Ribadeo actuará xunto ás formacións de Arca e de Luarca, ás 19:00 horas, tamén no parque de San Francisco.

O presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez, anuncia que “o concerto do Día da Patria Galega imos facelo no parque de San Francisco ás oito e media de tarde, se temos sorte e non chove, porque senón temos a alternativa de irnos para o Cine Teatro”.

Chema Suárez explica que “será un concerto para celebrar este día especial no que levamos anos participando e a temática vai ser fundamentalmente de temas de compositores galegos, aparte vai...

leer más
14/07/2017

Este domingo, 16 de xullo, arrinca no Eido Dourado o ciclo de concertos denominado Sons no solpor coa actuación do grupo vigués Ghaveta que fai música tradicional galega personalizada. Será a partir das 22:00 horas a carón da praia de A Pasada. Este ciclo prolongarase ata o 20 de agosto e Celso Dourado convida a asistir a estes concertos nos xardíns deste espazo dedicado ao arte. 

Celso Dourado anunciou que “este domingo, a partir das dez da noite, arranca no Eido o ciclo musical Sons no solpor. Este domingo vai iniciar os concertos un grupo da provincia de Pontevedra, radicado en Vigo, que se chama Ghaveta”.

O artista barreirense explicou que “é un grupo de música tradicional galega cunha orixe na zona de Vigo. É un cuarteto que naceu máis ou menos polo 2013. Despois de varios anos de concertos no 2015 publicaron...

leer más
Etiquetas:
05/07/2017

A Escola Municipal de Música de Burela organiza dous concertos como remate do VIII Curso Interdisciplinar de Música que se desenvolve desde o pasado luns e ata o venres, día 7.

O primeiro dos concertos celebrarase o xoves, 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, e nel participarán o grupo de banda e o grupo de orquestra.

O segundo concerto terá lugar o venres, 7 de xullo, ás 20:00 no Auditorio, e será unha adaptación da ópera Os tres patacóns. Esta actuación correrá a cargo dos participantes no taller infantil, o grupo de coro, membros das seccións de corda e vento da Escola Municipal de Música de Burela, e do grupo de jazz.

No VIII Curso Interdisciplinar de Música participan arredor dun centenar de nen@s e xoves distribuídos nos diferentes talleres. No obradoiro infantil hai 30 nen@s...

leer más
Etiquetas:
04/07/2017

Xa están á venda desde o 1 de xullo as entradas para asistir ao concerto que Luar na Lubre ofrecerá o 25 de agosto en Burela. A actuación enmárcase dentro da programación deseñada pola Concellería de Cultura para a Feira do Libro.

O concerto 30 aniversario terá lugar ás 22 horas na Casa da Cultura. 

As entradas poden adquirirse desde 10 euros na Biblioteca Municipal, na Vinoteca O Traste e tamén en ataquilla.com. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a mariñáns e visitantes “a ir comprando las entradas para que nadie se quede sin ver este concierto aniversario de Luar na Lubre en Burela. Es una de las novedades de la Feira do Libro y una de nuestras apuestas para este verano”. 

 

Etiquetas:
15/06/2017

O Casino de Mondoñedo acolle o domingo, 18 de xuño, a celebración dun café concerto.

A actividade contará coa actuación estelar dos grupos de Cámara da Escola Municipal de Música de Mondoñedo e dará comezo ás 17:00 horas.

A entrada a este concerto é libre.