Foz

Etiquetas:
12/08/2019

Na explanada portuaria focense estanse a ultimar os preparativos da nova edición de Foz Market, que se celebrará do 14 ao 18 de agosto. O evento está organizado por Ruta Food Trucks, que conta coa colaboración do Concello de Foz e do Centro Comercial Aberto. 

Desde a organización de Foz Market, Ángel Rojo, explicou hai uns días que “es la octava edición que hacemos este año. Es la continuidad de la feria de muestras multisectorial que hacíamos antes, que se convirtió ahora en el festival de food trucks de Foz, y es del 14 al 18 de agosto inclusive. Son cinco días y dentro de la programación tenemos una serie de conciertos de diferentes grupos de música. También tendremos la zona infantil y seguiremos en la línea de otros años”.

Pola súa banda, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, lembrou que “son xa...

leer más
Etiquetas:
11/08/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 22 de setembro unha viaxe polas terras do alto Navia e do Eo.

O programa é o seguinte:
1. Grandas de Salime
• Visita guiada ao museo etnográfíco de Grandas de Salime.
• Visita guiada ao museo e o castro do chao de San Martín.
• Panorámica sobre o encoro de Grandas de Salime, paisaxes de engado.
Xantar
• Mesón A Reigada en Grandas de Salime.
2. Vilanova de Oscos
• Visita guiada ao mosteiro de Santa María en Vilanova de Oscos.
3.Taramundi.
• .Visita ao conxunto patrimonial e etnográfico de Taramundi.

O custo da viaxe é de 30 euros para socios e 33 euros para o resto dos inscritos, incluíndo o desprazamento á zona en autobús, o xantar e as entradas dos espazos a visitar. As persoas interesadas no mesmo deberán...

leer más
Etiquetas:
07/08/2019

Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza a décima edición da súa marcha nocturna en Foz para o día 14 de agosto, mércores. Sairán ás 22:00 horas desde a Praza do Concello para rematar xunto á praia da Rapadoira, onde haberá chocolatada e churros gratis para os participantes.

Os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 606.79.41.10 ou 670.36.90.17 ou ben enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o 12 de agosto, luns.

Os participantes deberán levar lanterna ou farol.

Etiquetas:
06/08/2019

Foz celebrará o Día de Mondoñedo o 18 de agosto, domingo, con varios actos organizados por Son´s Varadero, que conta coa colaboración dos concellos de Foz e de Mondoñedo e de comerciantes da zona.

No salón de actos do hotel Isla Nova ás 20:00 horas haberá unha charla coloquio que será moderada por Pepe Rivera e na que participarán o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios.

E ás 22:00 horas no barrio de Illa Nova empezará a verbena, que estará amenizada por Son´s Varadero.

Etiquetas:
06/08/2019

O Paseo da Rapadoira, de Foz, acollerá este mércores, día 7 de agosto, a partir das 21:00 horas a súa Queimada Ibicenca, que organiza a Agrupación O Feitizo. Haberá auga, empanada e queimada.

Para organizar este evento O Feitizo conta coa colaboración do Concello de Foz, Pé do Molete, Anduriña, Amarena e Casa Damián.

 

Etiquetas:
05/08/2019

Hoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa. 

Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz. 

Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.

 

Etiquetas:
03/08/2019

As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.

O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.

O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...

leer más
Etiquetas:
02/08/2019

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentacióntamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros. 

García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical.Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concertoa intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o...

leer más
Etiquetas:
02/08/2019

A exposición "Naufraxio da fragata Magdalena 1810. Variacións creativas 2019" de José Luis Neira Brochs estará no Cenima, de Foz, ata o 16 de agosto.

Trátase dunha mostra, composta por 64 obras, sobre a traxedia da chamada Expedición Cántabra que deixou na praia de Covas, en Viveiro, unha morea de náufragos.

O artista viveirense Neira Brochs reflicte nesta exposición, a través da súa alma mariñeira, aquel tráxico suceso coa carga que vai adquirindo co paso do tempo.

 

Etiquetas:
01/08/2019

O Concello de Foz programa para este mes de agosto varias funcións de teatro infantil que se representarán na Sala Bahía.

O luns 5, ás 21:00 horas, Limiar Teatro porá en escena Don Quixote. Unha comida gastronómica.

O martes 6, ás 21:00 horas, actuará Pérez & Fernández que presentará Aguratrat.

O luns 12, ás 21:00 horas, Educateatro Produccións representará Os tres porquiños.

O martes 13, ás 21:00 horas, A Adala Infantil presentará ¡Que cousas pasan no Camiño!.