Foz

Etiquetas:
22/11/2019

O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.

Desde a directiva de ACIA/CCA de foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.

A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket...

leer más
Etiquetas:
21/11/2019

Os actos contra as violencias organizados polo Concello de Foz serán este domingo, día 24, e o luns 25. Anunciouno hoxe, xoves, a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña.

A edil explica: “desde o Concello de Foz estamos moi involucrados contra as violencias e por iso con motivo do 25N vamos facer varios actos. Empezaremos o domingo 24 cunha obra de teatro de marionetas familiar, coa compañía Trécola que representará Xogo revolto. O luns 25 no IES de Foz haberá unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual para os alumnos e alumnas de 4º da ESO. Tamén este luns faremos as oito da tarde diante da Casa do Concello a entrega de camisetas cos logos En negro contra as violencias. E os participantes poderán escribir mensaxes nunhas cartolinas negras que temos preparadas e despois leranse, para que todos poidan oílas...

leer más
Etiquetas:
20/11/2019

O rei ou raíña do Entroido de Foz 2020 elixirase no evento que se celebrará na Sala Bahía este sábado, día 23, a partir das 20:00 horas. Este acto foi presentado polo concelleiro de Cultura, Héctor Moris Fernández, e polo presidente da asociación O noso Foz, Ángel Fernández Neira.

O edil de Cultura explicou: “este sábado damos o pistoletazo de saída ao noso Entroido 2020 coa elección do rei ou raíña. Este ano, tanto desde o Concello como desde a asociación O noso Foz, quixemos dar un paso máis e facer un acto público no que a xente poida participar, xa que cremos que é realmente a xente a que fai o grande este Entroido. Será un acto no que os e as aspirantes a rei ou raíña terán que pasar por unha serie de probas diante dun xurado composto por seis membros, que terá un peso na nota final do 60 por cento, e a valoración do público suporá un...

leer más
Etiquetas:
18/11/2019

Este domingo, día 24 de novembro, haberá dúas representacións teatrais no concello de Foz.

Na Casa da Cultura focense ás 18:30 horas porase en escena unha obra de teatro infantil de marionetas a cargo de Trécola, que ofrecerá Xogo Revolto. Está organizado pola Delegación de Muller, Igualdade e Inmigración do Concello de Foz.

E na parroquia de Cordido ás 18:00 horas o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representará a obra Un divorcio no pobo, de Tito Casado Agudin e coa dirección de Benito García Bolaño. Forma parte do ciclo Teatro nas parroquias.

Ademais este sábado, día 23 de novembro, ás 20:00 horas na Sala Bahía terá lugar o evento para elixir o rei ou raíña de Entroido de Foz 2020. O voto do público contará un 40 por cento e haberá música con DJ e churrasco con pan, viño ou refresco a 10...

leer más
Etiquetas:
15/11/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima de Foz entre o 26 e o 28 de novembro coa participación de catro significados poetas do panorama literario galego.

O programa desta edición é o que sigue:
Eduardo Estevez e Tamara Andrés. Martes 26 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Estibaliz Espinosa.Mércores 27 ás 20:30 no Cenima de Foz.
Manuel Darriba. Xoves 28 ás 20:30 no Cenima de Foz.

 

Etiquetas:
14/11/2019

Mañá, venres, terá lugar o segundo sorteo do Campañazo de novembro, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. 

Nesta tradicional cita participarán 45 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebraranse ás 23:00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra á persoa ou persoas que canten o Campañazo e outros 300 euros ao resto de cartóns premiados. O sorteo ofrecerase en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.

Os 31 comercios que participan nesta nova edición do Campañazo de Foz son: Alain Afflelou Óptica, Hola Ola, Asesoría Marcos Fernández, Kukadas, Casa Moreda, La Flor Abulense, Cenor Belianorte, Librería Bahía, Centro Dietética Alba Vila, Lourdes Moda Íntima, Centro...

leer más
Etiquetas:
07/11/2019

Foz celebra unha nova edición do Campañazo a partir de mañá e desenvolverase todos os venres que faltan deste mes, con 2.400 euros en premios. 

Nesta tradicional cita participarán 44 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebraranse ás 23:00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra ao Campañazo e outros 300 euros ao resto de cartóns premiados. O sorteo ofrecerase en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.

Os 31 comercios que participan nesta nova edición do Campañazo de Foz son: Alain Afflelou Óptica, Hola Ola, Asesoría Marcos Fernández, Kukadas, Casa Moreda, La Flor Abulense, Cenor Belianorte, Librería Bahía, Centro Dietética Alba Vila, Lourdes Moda Íntima, Centro Óptico Eliseo, María Docampo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, MRW, Decoraciones Pura, N1...

leer más
Etiquetas:
05/11/2019

O día 8 de novembro celébrase o día das librerías. O lema deste ano é “As librerías tócannos”.

Para celebralo, na Librería Bahía, terán aberto ata as 10 da noite, farán un desconto durante todo o día do 5% en todos os libros e rematarán a xornada cun coloquio ás oito e media da tarde co escritor Xavier R. Baixeras “co que falaremos sobre a novela de Tina Vallés, traducida por él e editada por Kalandraka, A memoria da árbore”.

Desde a Librería Bahía engaden que “con esta celebración queremos destacar o papel das librerías como espazos de encontro, de dinamización cultural e de descuberta do inmenso mundo que é o mundo dos libros”.

Etiquetas:
31/10/2019

Foz celebra unha nova edición do Campañazo os venres 8, 15, 22 e 29 de novembro, con 2.400 euros en premios. Esta iniciativa foi presentada polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; e o presidente de Centro Comercial Aberto de Foz, José Carlos Paleo.

Nesta tradicional cita participarán 44 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebraranse cada venres do mes de novembro, a partir do día 8, ás 23:00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra ao Campañazo e outros 300 euros ao resto de cartóns premiados. O sorteo ofrecerase en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.

Os 31 comercios que participan nesta nova edición do Campañazo de Foz son: Alain Afflelou Óptica, Hola Ola, Asesoría Marcos Fernández...

leer más
Etiquetas:
30/10/2019

Para conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibirá en novembro e decembro esta meritoria exposición etnográfica. 

Esta mostra, pretende achegarlles a todos os curiosos  e  interesados  na  memoria  do  noso  patrimonio  etnográfico  uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros, entre os anos 1928 e 1933. Ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 o filólogo e historiador alemán Walter Ebeling percorreu a xeografía galega para recoller testemuño da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro. 

A Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, quere poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do noso Concello e por extensión do noso país,...

leer más