Foz

Etiquetas:
22/01/2020

A Concellería de Medio Ambiente de Foz continúa no ano 2020 promocionando o medio natural. Segundo explican desde ese departamento “co gallo do día dos humedais o vindeiro 2 de febreiro e sendo o noso Concello parte da Rede Natura 2000, cremos de interese para toda a veciñanza e visitantes esta exposición. A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Acóllese así unha importante diversidade de especies animais e vexetais”.

A exposición “Galicia conservando a natureza” presenta ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos, permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.

... leer más
Etiquetas:
21/01/2020

A asociación A Pomba do Arco organiza unha conferencia sobre A Mariña na Alta Idade Media que terá lugar o 31 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz. A charla correrá a cargo do historiador Antonio Rodríguez Baixeras.

O colectivo focego organiza este acto público, unha das primeiras actividades deste ano, despois de que no 2019 celebrase o seu XXX aniversario.

Antonio Rodríguez Baixeras é autor de numerosas obras relacionadas con distintos episodios da historia da comarca mariñá.

 

Etiquetas:
17/01/2020

O Concello de Foz acaba de poñer en marcha un programa dedicado ao comercio local na emisora de radio municipal. Será quincenal e comezou onte, xoves. No primeiro espazo participaron o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo; o xerente da cafetería Xoyma, Fernando López, e a propietaria de Electrofoz, María Río.

O programa, dunha hora de duración, chámase A hora do comercio local en Radio Foz e José María Linares explica que “tendas de roupa, zapatos, téxtil, lencería, outros comercios de todo tipo, asesorías, compañías de seguros e hostalería en xeral poden pasar por Radio Foz e falar do seu negocio, dos seus inicios, da situación actual, das perspectivas de futuro ou indicar produtos e ofertas do negocio....

leer más
Etiquetas:
16/01/2020

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a directora provincial da UNED, Ana Belén Traseira, visitaron esta mañá a exposición sobre áreas mariñas protexidas que está aberta ao público no Cenima ata o día 26 de este mes. Ao acto asistiron tamén o concelleiro de Cultura e Educación focense, Héctor Moris, e a coordinadora da Aula Universitaria de Foz, Fuensanta Otero.

O rexedor municipal focense agradeceu á UNED “que trouxera esta exposición. A colaboración co Concello é moi próxima sempre pois aparte da oferta universitaria sempre organiza cursos e agora, dentro da Axenda 2030 e dese desenvolvemento sostible que debemos ter, esta mostra das áreas mariñas protexidas. Que mellor sitio que o Cenima, aquí en Foz, que abarca non só este concello senón a toda A Mariña”.

Fran Cajoto engadiu: “estamos vendo o mar e a ría de Foz,...

leer más
Etiquetas:
14/01/2020

O grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.

A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
10/01/2020

O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, o grupo Son’s Varadero realizará un concerto especial na residencia de maiores de Foz.
 
Será a partir das 18:00 horas e está dedicado aos maiores e ás súas familias, aínda que será aberto a todo o público.
 
Neste emotivo evento colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
09/01/2020

Foz celebrará a 17ª edición da Festa do Berberecho os días 18 e 19 deste mes, sábado e domingo, e será pregoada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Este evento gastronómico foi presentado hoxe, xoves, polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.

O rexedor municipal destacou que “é a primeira festa do ano e o evento gastronómico por excelencia en Foz, na que poñemos en valor o berberecho, aínda que xa non hai tanto na nosa ría e temos que traelo de fóra. Pero é un produto que sempre está nosa mente este marisco que en Foz lle chamamos o chícaro. O 18 deste mes, sábado, iniciarase a festa, que este ano está dedicada á cidade de Lugo e contamos coa honra de ter aquí á súa alcaldesa, Lara Méndez, para que nos dedique...

leer más
Etiquetas:
09/01/2020

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta de 2020. Será o domingo, 19 de xaneiro, á Fervenza do río Belelle, en Neda-Ferrol.

A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor, en Foz, e ás 7:50 horas desde Ferreira.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xaneiro nos seguintes números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

Os prezos son: 25 euros para os socios federados, 29 para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais (inclúe o xantar).

Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.

Etiquetas:
08/01/2020

Dende hoxe e ata principios do mes de febreiro pode visitarse na basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) a exposición conmemorativa dos 800 anos do comezo do pontificado do Bispo Don Martín I (1219-1248) na catedral de Mondoñedo, mostra que de modo itinerante estase a expoñer na diocese mindoniense. Tralo seu paso pola propia catedral de Mondoñedo, Ferrol e Bretoña, achegase ó lugar que veu o nacemento da sede, alá polo ano 867 e na que estivo o primeiro terzo do século XII. Para inaugurar esta exposición a basílica recibiu este mediodía a visita do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e dos concelleiros de Turismo e de Cultura, José María Linares e Héctor Moris.

Francisco Cajoto destaca “a importancia de San Martiño de Mondoñedo dentro desta exposición, xa que é o primeiro asentamento da diocese a súa orixe, onde bispos da relevancia de...

leer más
Etiquetas:
08/01/2020

A asociación A Pomba do Arco organiza a presentación do libro de Natalia Ramos Alonso,

A síndrome de Hayworth. O acto terá lugar o día 17 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz.

Esta obra da escritora focega recibiu o Premio de Poesía O Facho 2019, convocado pola asociación coruñesa do mesmo nome.

A Síndrome de Hayworth é o primeiro poemario da escritora nacida en Vilaronte.