Lourenzá

Etiquetas:
13/07/2017

A pista municipal de pádel de Lourenzá xa pode reservarse a través de internet. Anunciouno hoxe a Concellería de Deportes.

Segundo explica este departamento do Concello de Lourenzá, “a partir de agora solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, pódese reservar on line directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidade persoal de cada usuario e poden reservar de media hora en media hora. A taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros, que se aboan directamente por TPV.

Unha vez reservada pódese imprimir un xustificante ou presentar a mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón, onde entregan a chave de acceso á...

leer más
Etiquetas:
20/06/2017

Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá,  acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.                        

O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.
                        

 

Etiquetas:
07/06/2017

O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.

Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.

O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos...

leer más
Etiquetas:
06/06/2017

O Concello ribadense acolleu este mediodía a presentación da preestrea e estrea de Juana, unha perfomance multidisciplinar en homenaxe a Juana de Ibarbourou na que a poesía, a música e a danza serán as protagonistas. A preestrea desta creación será o venres, día 9, en Lourenzá, no salón de actos do Concello ás 20:00 horas, e a estrea o sábado, día 10, en Ribadeo, no Cine Teatro ás 21:00 horas. Os Concellos de Ribadeo e Lourenzá apostaron desde o primeiro momento por esta creación, algo que lles agradeceu a súa autora e directora, a laurentina Marina Oural. No acto desta mañá estiveron presentes tamén a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña. 

O edil nacionalista manifestou nesta presentación que “sempre é un pracer asistir a un acto deste tipo neste salón de plenos do Concello de Ribadeo,...

leer más
Etiquetas:
21/05/2017

A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será  primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.

A rexedora municipal agradece a colaboración de todas as asociacións e pide aos veciños que asistan caracterizados como os campesiños e campesiñas de tempos pasados.

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) vai organizar a segunda paella xigante para a cal se venderán os tickets anticipadamente na biblioteca publica municipal e en Lucía Valea Fotografía ata o 30 de maio. O prezo será de 12 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos.

Ademais haberá xogos e obradoiros, concursos, actividades...

leer más
Etiquetas:
18/05/2017

A Delegación Municipal de Deportes organiza a primeira Milla Popular Concello de Lourenzá, que se celebrará o día 29 de xullo, sábado.

Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou: “contaremos coa colaboración das dúas entidades deportivas que temos na vila en materia de atletismo: o Club Atletismo Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá; así como de Protección Civil, para o bo desenvolvemento da proba”.

Francisco Dasilva destacou a importancia da celebración desta primeira milla “tanto pola súa novidade como pola repercusión que terá a nivel deportivo, xa que gozará de moita afluencia de atletas. Ademais estudarase a colaboración e patrocinio de varias entidades e da hostalería local, co fin de que o sábado 29 de xullo Lourenzá sexa unha festa deportiva”.

... leer más
Etiquetas:
17/05/2017

Xa están a disposición dos interesados os tíckets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.

Os nen@s estarán invitados (os tíckets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tíckets de adulto terán un prezo simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o 25 de maio.

 

Etiquetas:
11/05/2017

A biblioteca pública municipal de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia e música destinado ao público infantil para festexar o Día das Letras Galegas. Será o vindeiro martes, día 16, ás doce do mediodía no salón de actos do Concello.

Esta actividade, a cargo de Álvaro Muras, leva por título Carlos Casares con maxia e música, e está incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

 

01/05/2017

O libro titulado Vinte obras de teatro afeccionado, escrito por Pepe Peinó, será presentado o día 6 de maio, sábado, ás oito da tarde no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará coas intervencións de Pepe Peinó e de Antonio Jesús Lorenzo Cachín. Durante a presentación representarase un fragmento da obra Non volvas, Salustio, non volvas, que será interpretada por Antonio Jesús Lorenzo Cachín, Juan García e o propio autor. A continuación poderanse mercar exemplares do libro e o autor asinaraos.

 

Etiquetas:
28/04/2017

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da campioa do mundo de atletismo Carolina García. Será o día 4 de maio, xoves, ás oito da tarde con entrada aberta para todos os públicos.

Carolina García, que foi campioa do mundo de atletismo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva, falará sobre a situación actual da alimentación e a súa incidencia no rendemento, os requirimentos nutricionais do deportista, como controlar o peso no deportista e como sacar partido ao complementos nutricionais, entre outros temas.